- O prazo de participación está aberto ata o 19 de novembro
- Só para emprendedores que abriran o seu negocio entre 2009-2012 que sexan de Ribeira, Rianxo, A Pobra ou Boiro
- As ideas de negocio de dez novos emprendedores dos municipios de Arousa Norte serán explicadas a través dun vídeo que se emitirá en páxinas web, medios de comunicación e redes sociais
Arousa Norte está constituída polos catro concellos de Barbanza
Barbanza, 6 de novembro de 2012.- "Emprender en tempos de crise é posible e isto é algo constatable no exemplo dado por moitos emprendedores da zona que, grazas á súa tenacidade, esforzo persoal e seguridade nun mesmo, foron quen nos últimos tempos de plasmar as súas ideas e desenvolver novos negocios con grandes doses de creatividade e innovación", din dende a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte.
Neste contexto, o proxecto “Novos emprendedores de Arousa Norte” nace para facer promoción do fenómeno do emprendemento e a creación de empresas entre a sociedade, a través da divulgación dunha selección de novas experiencias empresariais que están a ser desenvolvidas nesta bisbarra de Barbanza, alcumada turisticamente Arousa Norte.
O proxecto materializarase na creación dun vídeo no que se entrevistará a dez emprendedores que explicarán a súa idea de negocio, ademais de exhibirse as instalacións dos seus locais comerciais e algúns dos produtos ou servizos que ofrezan. Deste xeito, reflectirase como unha idea se converte nunha idea de negocio, explicando os pasos que tiveron que seguir para facela efectiva: a busca de recursos, a elección de servizos, a fixación de prezos, etc...
Son destinatarios deste proxecto aqueles homes e mulleres que creasen a súa empresa dende o ano 2009 en diante e teñan o seu domicilio social en A Pobra, Boiro, Rianxo ou Ribeira.
Bases de participación
As bases de participación serán publicadas no blog de emprego http://arousanortemprego.wordpress.com e, de xeito simultáneo, lanzarase unha campaña de difusión e captación de participantes. Os interesados terán ata o día 19 de novembro para anotarse na iniciativa.
Logo de recibir todas as instancias de participación, procederase á selección dos empresarios en base aos criterios de selección definidos nas bases. Quedarán en lista de reserva os participantes posteriores ao décimo posto.
A mancomunidade encargarase de dar publicidade a este vídeo en redes sociais como facebook ou youtube, no blog de emprego da propia mancomunidade, en webs de promoción do emprendemento e nos medios de comunicación.
Máis de cen mil visitas ao blog de emprego de Arousa Norte
Co inicio da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local na Mancomunidade Arousa Norte decidiuse como primeiro proxecto a difusión de información e asesoramento relevante a demandantes de emprego, empresarios e emprendedores.
Así o 8 de marzo de 2011 nace http://arousanortemprego.wordpress.com/ como plataforma virtual de recursos para a prospección de emprego. Xa pasaron das cen mil visitas, cunha media de 400-500 diarias que se vai incrementando.
A información que nel se recolle é a seguinte:
Publicación diaria de un resume de ofertas de empregoÉ o apartado máis seguido polo usuarios do blog de emprego e cada vez máis demandando. Realízase un resume das ofertas de traballo que se atopan en diferentes portais web de emprego, sinalando o posto, a empresa, o lugar de traballo e a data de publicación. Ó insertar o enlace dese portal no nome da oferta ós usuarios resúltalle máis fácil a súa inscrición, á par de que se colabora na súa busca activa de emprego. Asesoramento online na busca activa de empregoObservando que a maior parte dos usuarios desta axencia se comunican a través do blog de emprego e das súas redes sociais. Veuse a posibilidade de asesoralos virtualmente a través de artigos sobre como realizar entrevistas de traballo, as tarefas a realizar na busca de traballo entre outras moitas. Difusión e resume diario de diferentes subvenciónsO apartado de subvencións vai dirixido a emprendedores, empresarios, desempregados, asociacións e outros colectivos. Publícase diariamente as subvencións que van saíndo para cada colectivo e resúmese as principais características. Publicación da formación existente na comarca e arredoresEste apartado é o segundo máis visto polos usuarios, de aí a importancia da súa actualización. Recóllese información de formación de diferentes institucións e publicase semanalmente. Publicación de bolsas de formación prelaboralSaíron varias convocatorias de bolsas que ofrecían formación e experiencia profesional en entidades públicas de forma remunerada. A maior parte delas van dirixidas a titulados universitarios. Difusión de concursosEntre a variedade de concursos publicados, descatan os de empredemento; por exemplo o concurso que a finais de setembro lanzou Benetton: o desempregado do ano. Pon en valor que cada desempregado ten un oficio e anímaos a crear o seu proxecto de empresa cunha dotación económica. Elaboración de informe estatístico do desemprego e da ocupaciónTrimestralmente realízanse informes do paro e da ocupación ( segundo sectores, grupos de idade, sexo, concellos...) e publícanse informes sociolaborais de outras entidades. Formación online sobre mellora empresarialAnalizando algunhas empresas e servizos da comarca, detectouse cal era o fallo que se repetía en moitas delas e que prexudicaba a continuación do seu negocio. Necesitaban formación en marketing empresarial pero moitas delas non o solicitaban por descoñecemento ou por falta de tempo. De aí que mellor idea que ofrecer dita información ou formación en forma de artigos a través do blog de emprego. Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia