6.11.12

Turismo: Arousa Norte dá por finalizado o concurso en Redes Sociais e dá paso a #ArousaTurismo Blogweekend

  • Máis de 80 frases e alcance internacional, disque
  • Esta fin de semana veñen blogueiros relacionados coa divulgación de viaxes e destinos turísticos
  • No seu informe, adxunto a esta noticia, os de Arousa Norte consideran medios dixitais aos tradicionais de papel con versión web e obvian a Certo, que leva máis de cinco anos na Rede informando, tamén no eido turístico, sobre Barbanza e que tamén dá publicidade ás iniciativas desta mancomunidade que vive de fondos públicos
Barbanza, 6 de novembro de 2012. A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte finaliza o concurso en Redes Sociais para a promoción turística do xeodestino Rías Baixas - Ría de Arousa.

O concurso, que comenzou o 16 de outubro e rematou o 29 de outubro, tivo como resultado máis de 80 frases participantes e un alcance internacional. A fin do concurso dá paso a #ArousaTurismo Blogweekend, o evento dirixido a prefesionais do sector turístico ao que están invitados os tres gañadores do concurso e co que finalizará a campaña de comunicación.

#ArousaTurismo Blogweekend terá lugar os días 8 e 9 de novembro e contará coa participación de bloggers especializados con recoñecemento a nivel nacional. Contarán, entre outros, coa participación de blogueiros especializados con recoñecemento a nivel nacional como Edurne Baines (www.vivirgalicia.blogspot.
com.es), Luís Rodríguez Hernández (www.lusonrh.com), Jose Miguel Redondo (www.elrincondesele.com) ou María Victoria Rodríguez (www.diariodelviajero.com).
"Estamos convencidos de que esta acción é un acontecemento turístico e cultural que presenta un enorme interese a nivel local e autonómico", aseguran dende esta mancomunidade turística.

Un curioso informe, feito á machada

Certo, medio independente onde os haxa, como ben saben os nosos lectores e os alcaldes desta bisbarra, sexan da cor política que sexan, leva informando sobre esta bisbarra máis de cinco anos. Tamén das iniciativas, algunhas ben plantexadas e outras chuscas e despilfarradoras -como a dos sinais atrapaturistas- de Arousa Norte para fomentar o turismo. Non temos pelos na lingua -niso consiste a liberdade de expresión- para criticar o que non nos parece ben feito ou para suxerir outros xeitos de levar a cabo estas actividades de divulgación turística.

Na información onde promocionamos ese concurso aludíamos a que Arousa Norte só escolleu o castelán e dúas redes sociais americanas para promocionar o xeodestino. En Certo apostamos polo galego, pois, parafraseando ao rianxeiro Castelao "inda somos galegos pola graza do idioma" e polas redes creadas na terra, como é o caso de Cabozo. Sería por este motivo que non saímos no informe de Arousa Norte? A que lle chaman medios dixitais estes "técnicos"? Á versión web dos vellos diarios en papel, que nunca publicarán os seus informes enteiros como vimos facendo nós, nin engadirán información complementaria?

12_ArousaTurismo_blogweekend_ndp_gal.pdf Download this file

Arousa_certo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical