9.10.09

Ribeira: a páxina máis obamista da zona fíxose eco

do Premio Nobel, claro...
"ÚLTIMA HORA

Por fin os premios Nobel recuperan o seu prestixio"

Disque!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lanzamento de boina en Rianxo: queremos que sexa deporte olímpico

En pleno proceso boinil. Ignoramos se nas escolas municipais de deporte se pode aprender esta modalidade, pero xa vai sendo hora. Ou non imos dar conseguido estar en Río de Janeiro en 2016...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cinema: comeza Curtocircuito, co boirense Toño Chouza entre os escollidos

En Santiago, do sábado 10 ao venres 16 de outubro.
Tes un especial en Cultura Galega, en http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=15531
Faltaba "Por la mañana", que xa foi galardoado noutros festivais.

A web oficial: http://www.curtocircuito.org

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: Sen Cabos regálache un lector electrónico de Dni

Se fai unhas semanas foi The Boss o que puxo os pelos de galiña comezando o seu concerto en Compostela coa Rianxeira, onte foron case 40.000 galeg@s os que fixeron emocionar de novo. E delo da constancia a portada do AS:

A Rianxeira

Pois a seguinte será en semana e media na Praza Castelao, sen dúbida a mellor opción de sentir a emoción.

Vaiámonos poñendo ao día, que logo pasa o que pasa!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: primeiro parque para "maiores"

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o 13 de outubro comezan as actividades deportivas

O vindeiro martes 13 de outubro comezan as Actividades Deportivas Municipais para nenos/as e adultos. Información e inscricións nos pavillóns polideportivos ou na oficina de deportes.
Imaxen: parqué do pavillón do IES "Félix Muriel", que foi reparado por operarios do Departamento de Obras e do Servizo de Deportes en agosto.

A restauración do pavimento consistiu en diversas fases de lixado e barnizado, que se completaron co pintado das marcaxes das distintas pistas deportivas. Fonte: portelo.rianxo.com

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: ábrese o acceso a Manselle na AG-11


Mañá ábrese ao tráfico o novo acceso a Manselle na Autovia do Barbanza, no concello de Dodro


A execución deste novo acceso da autovía do Barbanza responde a unha petición realizada por parte do Concello de Dodro

Santiago, 9 de outubro de 2009.- Mañá ábrese ao tráfico o novo acceso a Manselle na Autovía do Barbanza, no Concello de Dodro. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de concluír a execución das obras deste acceso na Autovía do Barbanza. O departamento que dirixe Agustín Hernández destinou un total de 122.000 euros para a materialización deste proxecto.

Os traballos acometidos consistiron no deseño dun novo acceso a Manselle, para o cal se construíu un vial de máis de 240 metros. Cómpre sinalar que este treito comunica este núcleo do Concello de Dodro coa rotonda existente na marxe dereita do enlace de Rois– Laíño da estrada AG-11.

En canto as características desta obra, a sección transversal corresponde a un vial bidireccional de 7 metros de ancho, cun composto por 12 cm de mixturas bituminosas sobre 30 cm de zahorra artificial. Para a súa execución foi necesario desmontar cerca de 14.400 m3 de escavación.

Cómpre recordar que a execución deste novo acceso da autovía do Barbanza responde a unha petición realizada por parte do Concello de Dodro. O obxectivo desta actuación foi mellorar a accesibilidade a este núcleo deste municipio coruñés.

(vía Xunta.es)


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: farán peonil a Rúa de Galicia e o Bng reclama arranxos na Amarella

Ribeira rua galicia peatonal bolardos

A rúa de Galicia será totalmente peonil. Vexa

O Bng reclama que se pavimente de novo Amarella, vexa

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Nebra: décimo homenaxe aos caídos en Cans hai 93 anos

"Un ano máis e xa van dez, volvemos facer un chamamento a xuntarnos e lembrar aos veciños de Nebra, caidos hai xa 93 anos, nun acto aberto e público en Cans fronte ao monolito erixido por circunscrición popular, e ao que agora acompaña un panel informativo sobre o acaecido, que foi promovido polo Concello o pasado ano.

O luns 12 de outubro ás 18:00h, volverase lembrar e honrar cunhas flores aos que nos deixaron neses sucesos: Antonio Sobrado Luaces, Francisca Carou, Ramona Suárez Pouso, Xenerosa Vidal e Rosa Cadórniga Maneiro.

Non me gusta ter que repetir as cousas, pero, quero deixar claro que esta é unha xuntanza aberta a calquera persoa: veciño, familiar ou simplemente interesado no feito acontecido, e que non promove ningún tipo de ideoloxía política. O ano pasado tivemos unha pequena "falta de concienciación" sobre o verdadeiro motivo da homenaxe que agardo non se repita. Se alguén quere saber que pasou, fago referencia ao mesmo na entrevista publicada polo Xornal Certo o pasado mes de abril.

Co tempo, e coa correspondente labor recompiladora, farei unha entrada máis estendida sobre como foron aqueles días, o que levou a eses veciños a poñerse diante de forzas armadas e a repercusión que tivo días despois, a cal se foi perdendo co tempo ata pasar a ser case esquecido".


Vía Bitácora Paco do Martelo

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical