"Un ano máis e xa van dez, volvemos facer un chamamento a xuntarnos e lembrar aos veciños de Nebra, caidos hai xa 93 anos, nun acto aberto e público en Cans fronte ao monolito erixido por circunscrición popular, e ao que agora acompaña un panel informativo sobre o acaecido, que foi promovido polo Concello o pasado ano.
O luns 12 de outubro ás 18:00h, volverase lembrar e honrar cunhas flores aos que nos deixaron neses sucesos: Antonio Sobrado Luaces, Francisca Carou, Ramona Suárez Pouso, Xenerosa Vidal e Rosa Cadórniga Maneiro. Non me gusta ter que repetir as cousas, pero, quero deixar claro que esta é unha xuntanza aberta a calquera persoa: veciño, familiar ou simplemente interesado no feito acontecido, e que non promove ningún tipo de ideoloxía política. O ano pasado tivemos unha pequena "falta de concienciación" sobre o verdadeiro motivo da homenaxe que agardo non se repita. Se alguén quere saber que pasou, fago referencia ao mesmo na entrevista publicada polo Xornal Certo o pasado mes de abril. Co tempo, e coa correspondente labor recompiladora, farei unha entrada máis estendida sobre como foron aqueles días, o que levou a eses veciños a poñerse diante de forzas armadas e a repercusión que tivo días despois, a cal se foi perdendo co tempo ata pasar a ser case esquecido".Vía Bitácora Paco do Martelo
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario