recurrentes verquidos na zona portuaria. Polo lugar habitual, a carón
da rotonda do porto, as augas da ría Arousa están a ser contaminadas
sen que as autoridades competentes: Concello, Portos de Galicia,
empresa concesionaria fagan nada para rematar esta vergonza, pasándose
a pelota uns a outros sen dar solucións. O BNG de Rianxo vai trasladar a través da súa parlamentaria Ana
Pontón e Bieito Lobeira unha iniciativa para que Portos de Galicia e
Medio Ambiente aclaren que plans teñen para erradicar este verquido,
ademáis de cobrar as taxas aos mariñeiros, comerciantes do mercadillo
e as terrazas, así como das xestións que levaron a cabo perante o
concello para coñecer a orixe deste frecuente episodio. Do Concello e da concesionaria xa non pensamos recibir explicación
ningunha, son anos de impotencia e incapacidade para acometer reforma
algunha, nin sequera capaces de dar unha explicación entendíbel do que
acontece nesta rotonda, tapándose uns a outros. Os vídeos levan pendurados máis dun ano en YouTube:
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia