Venres 11 de novembro ás 20.00 horas GRADPEDRINI E O MAGO DA BOINA. Tempo de maxia Espectáculo de maxia destinado a público infantil e familiar. Casa da Cultura de Boiro
Venres 11 de novembro ás 20.30 horas Presentación do libro "Anacaona. El fin de una raza" do noiés Ramón Carredano Cobas Centro Social de BoiroVenres 11 de novembro ás 20.30 horas Exposición do comoxano Carlos Piñeiro. Ruralmar EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA Casa da Cultura de Boiro Relacionado:
A partir das nove e media da noite no Auditorio Municipal represéntase esta obra de Acontrabutaca Producións
Ribeira, 10 de novembro de 2011.- O Auditorio Municipal acollerá mañá venres, a partir das 21.30 horas, a terceira función da Mostra de Teatro de Ribeira 2011. Actuará a compañía A Contrabutaca Produccións coa “obra Frantasmas”.
Baixo a dirección do propio autor do texto, Xosé Lueiro, e despois de levar con grande éxito e aceptación por parte do público das súas últimas montaxes, o musical “Robin Hood” e a comedia “Un morto moi vivo”, ambas representadas no seu día neste Auditorio de Riveira, afronta o seu proxecto máis arriscado e persoal, “Frantasmas”, que ven sendo outra comedia pero co gag como elemento estrutural. Unha obra na que prima o humor do absurdo e na que contaron, para a súa posta en marcha, coa colaboración do director artístico de Yllana, que como todos vostedes saberán, é unha das compañías mestras internacionais no teatro máis hilarante e irreverente.
O punto de partida é a chegada dun matrimonio – un antropólogo inglés chamado Otis e unha soprano estadounidense chamada Margarett- ao caserón que herdaron en Inglaterra, onde son recibidos por un mordomo e unha ama de chaves á cada cal máis sinistro. Unha maldición familiar, e un morto, completan esta aventura chea do mellor humor do absurdo.
Hai que destacar a interpretación dos tres actores que levan adiante a función, Fran Campos, Fran Rei, e Fran Ameixas, que aproveitando que os tres levan o mesmo nome adaptouse o título de FRANtasmas xustamente por esta coincidencia.
O acceso é gratuíto. As entradas poderanse retirar media hora antes do inicio da función.
Imaxe cedida polo historiador José María Fernández Pazos
Declaración:
Hoxe, xoves 10 de novembro de 2011, cúmprense 75 anos do pasamento do xornalista Manuel Lustres Rivas, e con motivo desta efeméride, o Goberno Local desexa recordar a impronta deste ribeirense insigne co desexo de que sirva de exemplo tanto para as xeracións presentes como para as que están por vir.
Ao longo do primeiro terzo do século XX, os artigos de Lustres Rivas ocuparon un espazo destacado en importantes periódicos de Galicia, Madrid, Barcelona e Bos Aires. Escritor, político e intelectual de altura, a figura de Manuel Lustres Rivas sempre permanecerá ligada a de outro barbanzán ilustre, Alfonso Daniel Rodriguez Castelao, de quen foi amigo e primeiro biógrafo, e co que compartiu un compromiso inquebrantable con Galicia e unha defensa acérrima das liberdades: algo que pagaría coa vida en Vigo en novembro do ano 1936, durante os primeiros embates da Guerra Civil.
Medio século despois e con toda xustiza, esta Corporación Municipal declararíao Fillo Predilecto de Ribeira, nun acto no que se dedicou unha rúa da nosa cidade na súa memoria.
Agora, setenta e cinco anos despois da morte de Manuel Lustres Rivas, o Goberno Local desexa seguir lembrando e honrando a súa contribución a facer un mundo máis xusto e máis libre, e quere deixar constancia da súa admiración por un home que sempre será fonte de inspiración para todos os que traballamos a prol de Ribeira, de Galicia, da democracia e dos dereitos fundamentais.
Descanse en paz.
O alcalde Manuel Ruiz Rivas e o Goberno Local de Ribeira
Diversas actividades do EDLG (Equipo de dinamización da lingua galega) animan este outono no IES Félix Muriel de Rianxo
Cunqueiro falou de 1000 primaveras. No instituto de Rianxo adícanlle o 10% Actividades de animación á lectura
Durante este primeiro trimestre, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do IES Félix Muriel está desenvolvendo o proxecto "100 primaveras máis lendo en lingua galega" que pretende servir de animación á lectura e ao mesmo tempo como acto de homenaxe neste ano que se cumpre o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro. Desde mediados do mes de outubro, profesorado das diferentes materias estiveron lendo textos do Cunqueiro prosista na biblioteca do centro. Cada día, nos recreos, fóronse alternando as lecturas dos docentes coas do alumnado, que participaba no concurso convocado polo EDLG. O devandito concurso tiña tres modalidade: lectura dun texto en prosa, recitado dun poema ou contada dun conto do autor mindoniense. O xurado, formado por dous membro do profesorado das especialidade de lingua castelá e historia e mais por unha alumna e dous alumnos membros do EDLG. Veñen de fallarse os premios resultando gañadores na modalidade de lectura: Sergio Lamas, Alba Sobradelo e Adrián Sobradelo e na de contacontos, Alejandra Picón. Na revista dixital do EDLG (www.bicodaria.org) pódese ler máis información da actividade, así como ver as fotos dos participantes.Día da Ciencia en galego No IES rianxeiro celebrouse tamén, o pasado venres 4, o día da Ciencia en galego. Arredor de 50 alumnos e alumnas de 1º e 2º de bacharelato participaron na videoconferencia do científico da USC Ángel Carracedo organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL). O alumnado seguiu con especial interese a actividade desde a aula de informática do centro, participando logo na sesión de chat co profesor Carracedo que contestou as súas preguntas.
Máis actividadesDurante o que queda de trimestre o EDLG ten prevista outra actividade moi interesante que xa se comezou no curso pasado: as videoconferencias con alumnado que aprende galego nas universidades europeas. Alemáns, polacos, ingleses, franceses... explicaranlles, á rapazada do IES, e falando en galego, as súas razóns para poñérense a estudar a nosa lingua.
Proxéctase "Esta noite, velada" o vindeiro mércores 16 de novembro no Centro Galego de Arte Contemporánea
O CGAC está na rúa Valle Inclán de Santiago, ao pé do Museo do Pobo Galego e o Panteón de Galegos IlustresRianxo, 10 de novembro de 2011. A asociación O Faiado da Memoria estará presente na programación de CINEUROPA que comezou o pasado mércores, 9 de novembro, en Santiago de Compostela. Será o vindeiro mércores, día 16, a partires das sete da tarde, no Centro Galego de Arte Contemporánea. Para definir o certame no que se vai a amosar este traballo entresacan estas verbas do seu programa: "Compostela é a única cidade do Estado onde se pode ver, agrupada, toda esa colleita do mellor cinema chegado de todo o mundo. E Cineuropa, coa súa fórmula contrastada, converte a Santiago en capital do cinema e xa é patrimonio cultural desta cidade."
As obras documentais do Faiado que serán exhibidas no CGAC son, ademais de "Esta noite, velada" sobre a historia do grupo de teatro afecionado de Asados (Rianxo) e que xa fora selecionado para o certamen internacional de cine de Ourense, "Arde Madrid" sobre a infancia perdida nunha guerra vivida entre os cascallos dunha cidade sitiada. Neste último documental participa o periodista Eduardo Haro Tecglen, morto escasos meses despois de ser entrevistado e Ángeles García-Madrid, Concha Carretero ou Josefa Borrel, presas que foron da cárcel de Ventas que van narrando as súas vidas de nenos durante os tres anos que durou a contenda fraticida. O Faiado segue coa súa actividade habitual de recollida de material fotográfico e audiovisual e coa continuación da realización de documentais como o que está a elaborar nestes momentos e que leva como título xenérico desde dentro do corazón e que, nesta primeira parte, o específico de historias do mar, xa que trata sobre a relación desta vila co seu mar. Durante estes dous últimos meses realizáronse distintas entrevistas a varias testemuñas das distintas historias que se relatan, como a escuadra inglesa ou o fundimento do Cabo Razo, o que os fixo recorrer distintas provincias galegas e do País Vasco e Cantabría procurando superviventes daquel feito que conmocionou a sociedade vilagarciana naquel agosto de 1958. Pero ainda quedan outras historias que pouco a pouco van emerxendo das memorias das personas de Vilagarcía. Necesidade dun espazoO Faiado da Memoria vén de solicitar no concello de Vilagarcía un local dentro das posibilidades do mesmo para poder almacenar o seu traballo xa que as dependenzas privadas e personais que lles deixaron despois de que a anterior corporación os expulsase da que acababa de ocupar no auditorio, nun inxusto escarmento, por apoiar as demandas veciñais en pro do patrimonio de Vilagarcía como os bancos de Ravella ou a pasarela de Arcebispo Andrade, xa non dan mais de si. Todo elo e tendo en conta o seu traballo e a igualdade de condicións con outras asociacións, entidades deportivas ou sociais de Vilagarcía, solicitou este espacio. Máxime tendo en conta de que o lugar que, durante seis días, chegaron a ocupar no auditorio sigue a día de hoxe, baleiro e sen utilidade algunha (sería irónico que tivera ocupación a partires deste comunicado). Ademais de ser un lugar para o almacenaxe e tratamento documental o espazo é necesario para o contacto personal con todas aquelas personas que queren ceder o seu material gráfico e que se atopa coa imposibilidade de acceder a un lugar concreto a excepción do domicilio particular dos seus integrantes ou ben, que é o que mais se está a utilizar, a oficina virtual do blog de O Faiado da Memoria (damemoria.com) Non deixen de visitar o seu blog:
Dirixida por Dani de la Torre, Mar Libre segue acumulando galardóns nos festivais internacionais
Aínda que pareza mentira, foi a primeira serie galega en abordar a temática da salazón, e a súa traxectoria sitúaa ao lado de grandes e multimillonarias producións de tv
O novo galardón será entregado o vindeiro 26 de Novembro no Gran Teatro de Marbella
Ribeira, 10 de novembro de 2011. Un novo galardón para a xa tan galardoada miniserie MAR LIBRE, producida por Ficción Producciones e TVG, e que contou coa axuda da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Dirixida por Dani da Torre, Mar Libre recibirá o 26 de novembro próximo o Premio á Mellor Serie de tv, no marco do Festival Europeo de Cine que se celebra en Marbella, o Euro Film Festival, e que este ano homenaxea a traxectoria profesional do actor de orixe cubana Andy García. Ademais, entregarase o Premio á Mellor Produtora europea, a El Deseo, dos irmáns Almodóvar, e o Premio de Honra Eurofilm, ó actor de orixe galega, Sancho Gracia.
"Mar Libre" foi a primeira serie galega en abordar a temática da industria que xerou o proceso de salgadura do peixe en Galicia no século XVIII, con todo o que este marcou a idiosincrasia, a economía e as relacións sociais na costa galega. O Xurado do Euro Film Festival de Marbella, non o tivo fácil á hora de outorgar o premio, pois a competencia foi importante, o que con todo, non evitou que Mar Libre sume un novo galardón á súa longa lista nos festivais de ámbito internacional. O Euro Filme Festival É o Festival Europeo de Cine de Marbella, a gran gala do cine e o punto de encontro para produtoras e profesionais do mundo da sétima arte cun interese común: a difusión da cultura a través de obras cinematográficas. O cine é recoñecido como un dos factores impulsores de valores no noso mundo, ten a capacidade innegable e a responsabilidade de emitir mensaxes , entreter e ensinar. Euro Film Festival aposta decididamente polo cine, apoiando este sector da comunicación a través duns premios que permitan ás mellores películas ser recoñecidas como pezas de gran valor cultural e social. Este novo premio reafirma a posición de Mar Libre nos ámbitos europeo e internacional como un dos grandes da cinematografía, outorgando neste caso ás empresas produtoras, Ficción Produciciones e TVG, un maior peso e prestixio profesional. A Gala de entrega de Premios do Euro Film Festival -que se celebra do 23 ó 26 de novembro- será este último día, o 26, no Gran Teatro de Marbella.Antes, en Certo: "Mar Libre", seleccionada para dous festivais internacionais Tamén lle pode interesar:
Case 300.000 euros para as instalacións, casetas, almacén, colectores e sinalización
Estará ubicado na Agra de Bustelo, na antiga estrada de Cans, en Nebra
A Xunta non dá datas de comezo das obras nin finalización, así que pode inserirse este anuncio como parte da campaña electoral do PP
Paco do Martelo, activista dixital de Nebra, vai farto de denunciar o lixo ciscado en Porto do Son Porto do Son, 10 de novembro de 2011. O Consello da Xunta autorizou hoxe a colaboración técnica financeira entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello Porto do Son para a construción dun punto limpo neste municipio coruñés. A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, realizará un investimento de máis de 296.000 euros para o financiamento do 100% desta infraestrutura ambiental. As obras obxecto da proposta corresponden a aquelas dirixidas á adecuada xestión dos residuos en Galicia, nos concellos que teñen un orzamento insuficiente para financiar estes proxectos. Esta actuación atópase a medio camiño entre Portosín e Porto do Son, na zona chamada Agra de Bustelo, na antiga estrada de Cans, na parroquia de Nebra. O punto limpo é un recinto preparado para que que os cidadáns poidan depositar neles os residuos para os que é precisa unha xestión específica, polo seu tamaño ou pola súa composición. Os obxectivos principais desta instalación son recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, evitar o veredura incontrolada de entullos e voluminosos e separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o ambiente. As accións fundamentais centraranse na disposición das instalacións xerais, casetas e almacén, colectores e sinalización. Tamén se executará un peche da canteira, un peche perimetral e unha porta de acceso. O proxecto tamén considera a urbanización e o axardinamento do contorno. O Goberno galego, mediante a execución desta infraestrutura, responde a demanda dos habitantes de Porto do Son, xa que na actualidade existe un servizo de recollida que non cubre as necesidades dos veciños, cunha periodicidade dun día ao mes. Coa posta en funcionamento deste servizo preténdese concienciar á poboación para tratar de erradicar as verteduras incontroladas e evitar a imaxe dos utensilios na metade da rúa durante varios días, nas zonas urbanas ata que se proceda á súa recollida.