A partir das nove e media da noite no Auditorio Municipal represéntase esta obra de Acontrabutaca Producións
Ribeira, 10 de novembro de 2011.- O Auditorio Municipal acollerá mañá venres, a partir das 21.30 horas, a terceira función da Mostra de Teatro de Ribeira 2011. Actuará a compañía A Contrabutaca Produccións coa “obra Frantasmas”.
Baixo a dirección do propio autor do texto, Xosé Lueiro, e despois de levar con grande éxito e aceptación por parte do público das súas últimas montaxes, o musical “Robin Hood” e a comedia “Un morto moi vivo”, ambas representadas no seu día neste Auditorio de Riveira, afronta o seu proxecto máis arriscado e persoal, “Frantasmas”, que ven sendo outra comedia pero co gag como elemento estrutural. Unha obra na que prima o humor do absurdo e na que contaron, para a súa posta en marcha, coa colaboración do director artístico de Yllana, que como todos vostedes saberán, é unha das compañías mestras internacionais no teatro máis hilarante e irreverente.
O punto de partida é a chegada dun matrimonio – un antropólogo inglés chamado Otis e unha soprano estadounidense chamada Margarett- ao caserón que herdaron en Inglaterra, onde son recibidos por un mordomo e unha ama de chaves á cada cal máis sinistro. Unha maldición familiar, e un morto, completan esta aventura chea do mellor humor do absurdo.
Hai que destacar a interpretación dos tres actores que levan adiante a función, Fran Campos, Fran Rei, e Fran Ameixas, que aproveitando que os tres levan o mesmo nome adaptouse o título de FRANtasmas xustamente por esta coincidencia.
O acceso é gratuíto. As entradas poderanse retirar media hora antes do inicio da función.
Pode que tamén lle interese:
Aguiño: III Mostra de Teatro. Este sábado 12, función para axudar á neniña de Boiro sen sacro, Paula. Represéntase "Farsa Plautina", de Ditea
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario