5.10.12

Boiro: o Concello asina convenio, xunto a outros tres municipios gobernados polo PP, dun plan piloto de iluminación

  • Substituiranse luminarias e equipos por outros máis eficientes, o que permitirá acadar aforros enerxéticos de ata o 75%
  • Nos catro concellos beneficiados goberna o Partido Popular
  • No mesmo plan anunciado en febreiro eran oito os concellos que se ían beneficiar, todos do PP tamén

Boiro, 5 de outubro de 2012.- Como xa anunciamos o 14 de febreiro deste ano, a Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), vén de asinar un convenio cos concellos de Boiro, Taboada, Pontedeva e Nigrán para a posta en marcha dun proxecto piloto de tecnoloxía eficiente en iluminación pública que ten por obxectivo permitir aos concellos galegos reducir custos enerxéticos e económicos.

convenio_luminarias

Mediante este plan piloto ensaiarase a posta en práctica de medidas de aforro e eficiencia enerxética en puntos estratéxicos dos catro concellos dotándoos dos sistemas más avanzados. Ademais da conseguinte redución de custos enerxéticos e económicos e a potenciación dun uso racional da enerxía, levará aparelladas unha mellora na calidade do servizo público, así como unha repercusión directa na protección do medio ambiente.

Así, e tralo convenio firmado hoxe, instalaranse nos catro concellos preto de 600 luminarias coas últimas tecnoloxías, aspirándose a reducir de xeito considerable os consumos enerxéticos nas zonas incluídas no estudo. En total, prevese un aforro enerxético conxunto superior ás 273.000 kWh/ano, o que significaría acadar unha redución de entre o 55% e o 75% con respecto aos consumos actuais, aforrándose, nas zonas de actuación, máis de 46.000 euros por exercicio. Ademais, evitarase a emisión a atmosfera de preto de 100.000 kg de CO2 por exercicio, cifra equivalente á plantación de 4.800 árbores.

Coa materialización deste acordo, adóptanse importantes medidas de promoción do aforro na administración local, onde o contacto co cidadán é directo e, polo tanto, ditas medidas teñen un maior grao de visibilidade e repercusión pública. O proxecto piloto ten un custo total de 200.000 euros, dos que o Inega achega o 40%, General Electric Lighting custea o 49%, e os concellos seleccionados participan, a partes iguais, co 11% do orzamento restante.

Pásase de 8 concellos no plan piloto a catro

O Inega non explica na súa nota de prensa a razón de que os beneficiados por este plan piloto sexan agora catro concellos e non os oito que anunciou en febreiro. Daquela escribimos:

"Na Coruña foron escollidos Boiro e Boqueixón, ambos con maioría absoluta do PP; en Lugo, Foz -PP en minoría pero gobernando- e Taboada -maioría do PP-; en Pontevedra serán tres concellos, a saber: Nigrán, onde tamén goberna o PP; Moraña, tamén con alcaldesa do PP, e Ribadumia, oh casualidade, tamén con alcaldesa do PP. En Ourense, nin que dicir ten que os concellos beneficiados deste plan aforrista son do PP: Arnoia -cun alcalde do PP que leva 30 anos e tamén é delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o que foi ver o partido do Madrid mentres a provincia ardía por todos lados en outubro- e Pontedeva".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Barbanza: en novembro, Xornadas de Cooperativismo no sector forestal en Porto do Son, Dodro e Boiro

Obxectivos:

-       Divulgar os valores cooperativos adaptados ao sector forestal.

-       Establecer canles con outros/as axentes implicados no eido forestal e medioambiental.

-       Promover a sensibilización, a implicación e o compromiso da sociedade respecto ao monte galego e a loita contra incendios forestais.

-       Fomentar a cultura forestal orientada á xestión responsable do monte.

-       Fomentar a posta en valor dos recursos do monte.

-       Promover a multifuncionalidade do monte.

Destinatarios/as:

Poderán beneficiarse desta iniciativa as persoas vinculadas ao monte veciñal en mán común, asociacións de propietarios/as, asociacións sociais e culturais e calquera persoa interesada en xeral.

Datas e horarios:

Porto do Son (Centro de interpretación Castro de Baroña). Sábado, 17 de novembro de 2012. De 10:00 a 14:00 horas.

Dodro (A Paxareira). Sábado, 24 de novembro de 2012. De 10:00 a 14:00 horas.

Boiro (Centro social). Venres, 30 de novembro de 2012. De 17:00 a 21:00 horas.

Inscricións:

Enviar os seguintes datos: Nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfono, correo-e, profesión e xornada na que desexa participar á dirección de correo-e info@xesforesta.com ou chamando aos teléfonos: 981 074 027  |  647 634 993.

As prazas serán designadas por rigorosa orde de inscrición (20 prazas/xornada).

Entregarase certificado de asistencia ao remate da xornada.

Cartel_xornadas_jpg

triptico xornadas.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Psoe presenta moción contra os sinais atrapaturistas de Arousa Norte

A Pobra, 5 de outubro de 2012. Os indicadores que se adicou a sementar hai uns anos a mancomunidade turística Arousa Norte seguen a dar crebadeiros de cabeza a turistas e veciños. Así o denuncia o Psoe da Pobra nunha moción da que informa hoxe, na que se detallan as desfeitas que na Pobra provocan uns sinais que, en moitas ocasións, non levan a ningures, ou levan onde non se pode entrar ao ser de titularidade privada.

Segundo se explica literalmente na moción, "xa hai algún tempo, a Mancomunidade de Arousa Norte dedicouse a colocar unhas sinais polo municipio, tales como: “Necrópole romana e medieval”, “Petróglifo Pedra de Gonderande”, “Mámoa da Fornela”, … que non levan a coñecer ningún resto arqueolóxico e que unicamente causan enfado e confusión aos turistas, algún accidente cos vehículos ao meterse en camiños intransitables e molestias aos veciños do lugar".

En concreto, cítase o lugar de Quintáns, "con indicadores que teoricamente levan a unha necrópole romana e medieval e o que se atopan é  unha parcela municipal chea de maleza chamada Detrás do muro da Fraga. Este encrave municipal conta con dúas pontes, unha de pedra e outra de madeira, que permiten atravesar o río das Almas e o que antigamente era un lavadoiro público e que aínda quedan restos e que a vez comunica o Camiño Sacramental ca parcela municipal".

Tamén se alude ao petróglifo da Pedra de Gonderande, que "é imposible de  localizar o gravado rupestre, pois ao acceder ao lugar atópase a pedra que está cuberta case na súa totalidade con plantas de kiwi e que se permitiu fai anos movementos de terras que fixeron que desapareceran algunhas das pedras. O que si encontramos son pintadas feitas de non hai moito tempo", explícase.

A mámoa da Fornela atópase nunha situación semellante. Preguntando aos veciños do lugar, algúns son incapaces de indicar o lugar onde se ubica.

Un asunto xa denunciado hai tempo

Este problema fora denunciado xa en 2009 polo xornalista e coñecido divulgador gastroarqueólogo Manuel Gago, no seu blog Capítulo 0. A entrada que lle adicou leva o significativo título de "Sofisticada trampa atrapaturistas na Pobra do Caramiñal".

Moción Quintáns.docx Download this file

Política: o Bng presenta unha moción en todos os concellos na defensa dos dereitos das mulleres e a libre elección sobre a maternidade

Defensa Dereitos Mulleres Libre Decisión Maternidade.doc Download this file

A Pobra, 5 de outubro de 2012. O Bng de Barbanza presentou hoxe en rolda de prensa, a través da candidata Cristina Andrade e a responsábel comarcal de acción feminista, unha moción na que se pide a defensa dos dereitos das mulleres e a súa libre elección sobre a súa maternidade. A moción vén respostar ás políticas do PP que, por medio do ministro de Xustiza, Ruiz Gallardón, pretenden derrogar a lei do aborto e regresar ao pasado franquista nos dereitos adquiridos polas mulleres en democracia.
O BNG presenta en todos os concellos da zona esta moción, para ser debatida nos correspondentes plenos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: Arousa Norte convoca un casting o martes 9 de outubro para dar a coñecer o xeodestino Rías Baixas nas redes sociais

12_arousaturismo_casting_ndp_gal.pdf Download this file

  • Será este martes 9 de outubro, no Mercado Municipal e R/ Dr. Santos Mieites en horario: 10-14 h / 16-19 h

Boiro, 5 de outubro de 2012. A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte -plataforma de Boiro, Rianxo, Ribeira e A Pobra para darlle pulo ao turismo- presenta un plan de comunicación para dar a coñecer o xeodestino Rías Baixas - Ría de Arousa cunha campaña de comunicación protagonizada polos propios aborixes.

Media_httpwwwarousano_tckip

A presentación do plan de comunicación, que propón unha innovadora campaña de promoción apoiada nas redes sociais e os recursos web de ambas as dúas Mancomunidades -Arousa Norte e O Salnés-, terá lugar o día 9 de outubro, coincidindo coa convocatoria do casting popular en Boiro.

Toda a información no pdf adxunto.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: os bancos de tempo de Marín e o local intercambiaron inquedanzas

  • 18 "banqueiras de tempo" estiveron onte visitando lugares emblemáticos da cidade. Dez eran de Marín e o resto anfitrionas

Ribeira, 5 de outubro de 2012.- Unha vintena de mulleres que son socias dos bancos do tempo de Ribeira e de Marín tiveron oportunidade da tarde de onte de coñecerse, compartir experiencias e coñecementos e promover lazos de cooperación nun encontro desenvolvido no municipio barbanzano.

No encontro participaron 10 mulleres procedentes da localidade de Marín e outras oito de Ribeira. A cita arrancou ás 17 horas na sede do Centro de Información á Muller (o CIM), onde, ademais de celebrarse unha dinámica grupal, as visitantes fixeron entrega ás anfitrioas dunha fonte de cristal decorada por elas mesmas para conmemorar o encontro. As sociais ribeirenses corresponderon este agasallo coa entrega de folletos divulgativos elaborados por elas no que se describían algúns dos lugares máis emblemáticos do termo municipal, algúns dos cales tiveron oportunidade de visitar ao longo da xornada.

Pedra da Ra e San Roque

Así, a continuación os dous grupos desprazáronse ao Miradoiro de Pedra da Ra, onde socias do banco local de tempo narraron algunhas das lendas e curiosidades que envolven a este entorno.

A continuación, acudiron ao parque periurbano de San Roque. Alí, a técnica municipal de Turismo, Sandra Fernández, guiounas durante percorrido polo exterior do recinto e acto seguido amosoulles as exposicións exhibidas no Centro de Interpretación Arqueolóxica sobre os recursos e o patrimonio etnográfico de Ribeira. A visita concluíu ás 20 horas.

Satisfeitas

A valoración das socias foi enormemente satisfatoria e enriquecedora. As participantes de Marín quedaron en retomar esta visita a Riveira para poder coñecer outros lugares de interese do municipio e convidaron ás súas compañeiras riveirenses a que coñezan Marín en próximas datas.

Este Banco de Tempo é  un proxecto promovido polo Centro de Información á Muller de Ribeira –entidade dependente da Concellería de Igualdade- e financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Calquera persoa pode participar sendo socio/a do BdT, tan só debe inscribirse, de balde, na Secretaría do Banco de Tempo, localizada no Centro de Información a Muller (CIM) na rúa Estrada marxe dereita nº 4,15960-Ribeira, contactando coa Directora do (CIM) Mª Dolores Crujeiras ou coa Axente de Tempo: Herminia Dios nos Tlfs: 981.874.131-873.409-666.689.122, enderezos electrónicos: cim@riveira.com; info@bancodotempo.com; hdios@aidsocial.com, e Sitio web: http://www.bancodotempo.com/

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical