5.10.12

A Pobra: o Psoe presenta moción contra os sinais atrapaturistas de Arousa Norte

A Pobra, 5 de outubro de 2012. Os indicadores que se adicou a sementar hai uns anos a mancomunidade turística Arousa Norte seguen a dar crebadeiros de cabeza a turistas e veciños. Así o denuncia o Psoe da Pobra nunha moción da que informa hoxe, na que se detallan as desfeitas que na Pobra provocan uns sinais que, en moitas ocasións, non levan a ningures, ou levan onde non se pode entrar ao ser de titularidade privada.

Segundo se explica literalmente na moción, "xa hai algún tempo, a Mancomunidade de Arousa Norte dedicouse a colocar unhas sinais polo municipio, tales como: “Necrópole romana e medieval”, “Petróglifo Pedra de Gonderande”, “Mámoa da Fornela”, … que non levan a coñecer ningún resto arqueolóxico e que unicamente causan enfado e confusión aos turistas, algún accidente cos vehículos ao meterse en camiños intransitables e molestias aos veciños do lugar".

En concreto, cítase o lugar de Quintáns, "con indicadores que teoricamente levan a unha necrópole romana e medieval e o que se atopan é  unha parcela municipal chea de maleza chamada Detrás do muro da Fraga. Este encrave municipal conta con dúas pontes, unha de pedra e outra de madeira, que permiten atravesar o río das Almas e o que antigamente era un lavadoiro público e que aínda quedan restos e que a vez comunica o Camiño Sacramental ca parcela municipal".

Tamén se alude ao petróglifo da Pedra de Gonderande, que "é imposible de  localizar o gravado rupestre, pois ao acceder ao lugar atópase a pedra que está cuberta case na súa totalidade con plantas de kiwi e que se permitiu fai anos movementos de terras que fixeron que desapareceran algunhas das pedras. O que si encontramos son pintadas feitas de non hai moito tempo", explícase.

A mámoa da Fornela atópase nunha situación semellante. Preguntando aos veciños do lugar, algúns son incapaces de indicar o lugar onde se ubica.

Un asunto xa denunciado hai tempo

Este problema fora denunciado xa en 2009 polo xornalista e coñecido divulgador gastroarqueólogo Manuel Gago, no seu blog Capítulo 0. A entrada que lle adicou leva o significativo título de "Sofisticada trampa atrapaturistas na Pobra do Caramiñal".

Moción Quintáns.docx Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical