Mostrando entradas con la etiqueta restauración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta restauración. Mostrar todas las entradas

10.1.13

Noia: xa se pode ver o acueduto medieval musealizado na embocadura da rúa Rodríguez Cadarso

Media_httpfarm9static_rwutt

Media_httpfarm9static_wpbur

Media_httpfarm9static_yidur

  • O acueduto apareceu nas obras de reurbanización das rúas Porta da Vila e Carreiriña de Escultor Ferreiro en 2010

 

Media_httpfarm9static_ugmei

Media_httpfarm9static_acbjj

Media_httpfarm8static_wzpco

Así estaba almacenado o acueduto antes da musealización

  • O traballo de musealización foi autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
  • A exposición pública destes restos será permanente na embocadura da rúa Rodríguez Cadarso, esquina Porta da Vila. Os tramos do acueduto, que miden un metro de longo por peza, van colocados sobre soportes de aceiro que á súa vez están ancorados sobre o pavimento da rúa, arrimados aos muros existentes. A totalidade do tramo exposto suma oito metros. 
  • A información escrita colócase sobre dúas das prismas cuadrangulares que compoñen a totalidade da tubaxe. A instalación conta cun sistema de iluminación indirecta que se proxectará sobre os paramentos dos muros existentes, para o cal foi preciso o seu enfoscado e acabado en cor branca. 
  • Con esta actuación, a Concellería de Casco Histórico e Patrimonio, que dirixe o nacionalista Bieito González, pretende materializar a idea primordial de incorporar as pezas individualizadas da canle extraída, de tal maneira que fiquen expostas á cidadanía onde se pensa que o acueducto penetraba na cidade intramuros e abastecía de auga a todas as fontes públicas das que logo se servía a veciñanza. 

Tamén, en Certo:

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

7.12.12

Patrimonio: restauran en Ribeira cinco fontes e un lavadoiro antigo

Media_httpfarm9static_wkflk

Fonte da rúa da Fonte en Corrubedo

Ribeira, 7 de decembro de 2012.- Un dos obxectivos perseguidos polo Concello de Ribeira para esta lexislatura é o da restauración integral e posta en valor de dous elementos básicos do seu patrimonio etnográfico, como son as súas fontes e lavadoiros. Con este obxectivo, o Executivo local vén actuar sobre cinco fontes e un lavadoiro que están localizados en tres parroquias do termo municipal. 

Así, dúas destas fontes están situadas na parroquia de Carreira: unha no lugar de Laxes e a outra en Castro. Á primeira delas se lle limpou a pedra e encintou, ademais de mellorar a canalización co obxecto de que a auga mane máis fluidamente. Á segunda mudóuselle a techumbre, limpóuselle a pedra e pintouse a estrutura, ademais de adecuar o entorno.

Media_httpfarm9static_knhhi

Outra fonte sitúase en Corrubedo, precisamente na vía coñecida como rúa da Fonte. Foi limpada e encintada.

Santa Uxía

E os tres elementos restantes sitúanse na parroquia de Santa Uxía. Na fonte ubicada no lugar de Martín procedeuse á súa limpeza, encintado e pintado, ademais de mellorar os accesos que desembocan na mesma. Outra fonte das fontes obxecto de mellora e posta en valor é a da Nogueira, xunto á avenida de Ferrol, á que lle instalou unha pérgola de madeira, recuperouse o manancial e situouse nas inmediacións unha pequena zona axardinada. E por último, no lavadoiro de Fondevila recuperouse o manancial e introducíronse melloras na súa estrutura.

O Concello destinará unha nova partida orzamentaria o vindeiro ano para seguir restaurando este tipos de elementos no municipio.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical