7.12.12

Patrimonio: restauran en Ribeira cinco fontes e un lavadoiro antigo

Media_httpfarm9static_wkflk

Fonte da rúa da Fonte en Corrubedo

Ribeira, 7 de decembro de 2012.- Un dos obxectivos perseguidos polo Concello de Ribeira para esta lexislatura é o da restauración integral e posta en valor de dous elementos básicos do seu patrimonio etnográfico, como son as súas fontes e lavadoiros. Con este obxectivo, o Executivo local vén actuar sobre cinco fontes e un lavadoiro que están localizados en tres parroquias do termo municipal. 

Así, dúas destas fontes están situadas na parroquia de Carreira: unha no lugar de Laxes e a outra en Castro. Á primeira delas se lle limpou a pedra e encintou, ademais de mellorar a canalización co obxecto de que a auga mane máis fluidamente. Á segunda mudóuselle a techumbre, limpóuselle a pedra e pintouse a estrutura, ademais de adecuar o entorno.

Media_httpfarm9static_knhhi

Outra fonte sitúase en Corrubedo, precisamente na vía coñecida como rúa da Fonte. Foi limpada e encintada.

Santa Uxía

E os tres elementos restantes sitúanse na parroquia de Santa Uxía. Na fonte ubicada no lugar de Martín procedeuse á súa limpeza, encintado e pintado, ademais de mellorar os accesos que desembocan na mesma. Outra fonte das fontes obxecto de mellora e posta en valor é a da Nogueira, xunto á avenida de Ferrol, á que lle instalou unha pérgola de madeira, recuperouse o manancial e situouse nas inmediacións unha pequena zona axardinada. E por último, no lavadoiro de Fondevila recuperouse o manancial e introducíronse melloras na súa estrutura.

O Concello destinará unha nova partida orzamentaria o vindeiro ano para seguir restaurando este tipos de elementos no municipio.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical