16.6.12

Noia: Avilés e María Mariño estiveron presentes na lectura de textos do 50 aniversario das Letras Galegas en Coruña

  • O alcalde, Rafael García Guerrero, representou á vila, que é das poucas do seu tamaño en Galicia que ten a honra de ter a dous homenaxeados nesta efeméride que cada ano repasa a un persoeiro das nosas Letras

Media_httpfarm8static_vyifk

  • No acto estaba previsto que falase o presidente da Xunta, pero non dixo nada, suponse que porque había manifestantes nun lado da praza de María Pita, protestando polos recortes en Educación e Sanidade. O conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, estaba noutro acto, o dos premios da Crítica
  • Entre os actos simbólicos tamén estivo presente a vila de Rianxo, que deu a Castelao, Dieste e Manuel Antonio. Uns nenos trouxeron auga do mar recollida no paseo da Ribeira, cerca de onde naceron os tres

Noia, 16 de xuño de 2012. Hoxe, sábado 16 de xuño, ás 18 horas, na Praza de María Pita da Coruña, celebrarouse un acto en conmemoración do cincuentenario do Día das Letras Galegas. Contouse coas intervencións de Carlos Negreira Souto, alcalde da Coruña, que falou en galego tamén, inda que non é o acostumado neste persoeiro; con Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega e, non falou, inda que estaba previsto, Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia. Suponse que porque había uns poucos manifestantes protestando polos continuos recortes deste goberno e, sobre todo, do central, ambos do Partido Popular.




Media_httpfarm9static_pujwu


No transcurso do acto, a palabra das figuras homenaxeadas ao longo destes 50 anos escoitouse na voz dos representantes dos concellos que os acolleron. Asemade, houbo un acto simbólico levado a cabo por escolares chegados de distintos lugares da xeografía galega.

 

Máis info en http://www.realacademiagalega.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: menos píllara das dunas e flora endémica en Coroso e A Corna, denuncia Adega

  • Iso si, máis bandeiras azuis, xa que a limpeza mecánica das praias acaba con determinada flora e fauna

16 de xuño de 2012. ADEGA vén de denunciar a incorrecta xestión de dous espazos costeiros, a praia e dunas da Corna e a praia de Coroso. Na Corna, o concello de Ribeira levou a cabo unha "limpeza" da praia con maquinaria pesada. Neste areal aniña unha ave ameazada, a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) cuxa principal ameaza é o turismo desordeado, e que este ano estrea Plano de Conservación. Tamén en Coroso (Ribeira) as dúas parellas que aniñaron este ano perderon súas postas tras outra limpeza mecánica da praia. Voltando á Corna, o concello da Pobra procedeu tamén a desbrozar as pasarelas sobre as dunas, eliminando flora endémica en perigo de extinción e invadindo cos tractores hábitats de protección prioritaria (Directiva 92/43 CEE). Dáse a circunstancia que ambos areais ostentan o distintivo da Bandeira Azul, marca comercial que pouco ten que ver coa conservación dos ecosistemas costeiros senón máis ben coa propaganda turística dos concellos.

A píllara das dunas é unha ave ameazada que aniña directamente sobre a area nas partes altas da praia, e que nos últimos anos veu sendo obxecto de labores de recuperación por parte de institucións e ONGs. Precisamente nas dunas da Corna, ADEGA en colaboración coa D. X. de Costas do Estado e a D. X. de Conservación da Natureza da Xunta, vén desenvolvemdo un proxecto de voluntariado (Proxecto Corna) encamiñado a preservar o ecosistema dunar, eliminar especies invasores e propiciar a conservación da píllara das dunas. Construíronse pasarelas sobre as dunas, limitouse a circulación e o aparcamento de veículos e instaláronse cartaces informativos para expoñer o valores naturais, regular os usos e reducir os impactos sobre o medio.

Todos estes esforzos vense derramados pola falla de compromiso e sensibilidade dalgunhas administracións, que nomeadamente este ano, están a permitir que estes fráxiles entornos e os seus valores naturais estén sendo degradados polo tráfico sen control e o turismo desordeado. Mesmo mediante as rozas da flora dunar e a limpeza mecánica dos areais, estase a contribuir directamente á deterioración de hábitats e especies protexidas, o que ademáis dun imperdoábel desleixo mesmo constitúe un delicto.

Porén, para ADEGA estas desafortunadas actuacións non son só froito da ignorancia ou o desinterese das administracións: teñen moito que ver co anceio de moitos concellos costeiros por recibir unha Bandeira Azul. A Bandeira Azul tense convertido en sinónimo de praias en bo estado, mais isto non significa que o litoral estea ben conservado. Deste xeito moi a miúdo concellos cuxas vilas e cidades carecen de depuración (A Coruña, Vigo, moitos das rías de Pontevedra e Arousa...), que ademáis practican un urbanismo depredador (Barreiros, Sanxenxo...), ven "premiada" a súa mala xestión coa Bandeira Azul.

Os criterios polos que a FEE-ADEAC (unha fundación internacional privada) concede a Bandeira Azul, atenden principalmente á calidade da auga dos servizos da praia durante a tempada de baño, e non á conservación dos ecosistemas litorais. Segundo a propia FEE "Puede suceder que la fragilidad de ciertos entornos naturales no aconseje la concesión de este tipo de galardón, ya que la afluencia de un número mayor de visitantes podría poner en peligro la fauna y flora o los hábitats" (consulten os CRITERIOS na súa web).

"As praias non son parques urbanos e a boa conservación dos ecosistemas naturais nada ten que ver coa calidade da auga de baño e dos servizos, e moito menos coa masificación que a miúdo provoca a concesión deste "galardón". Como moitas outras praias galegas, no caso da Corna e Coroso a concesión da Bandeira Azul supuxo un factor engadido de humanización e degradación e a alteración dun patrimonio natural moi fráxil e escaso", remata Adega en nota de prensa.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: a oposición pide un pleno extraordinario ao non suspenderse o que cadrou coa folga xeral

15.06.12.-STDE. CONVOCATORIA PLENO EXT..doc Download this file


- Os 5 concelleiros do BNG e máis a concelleira do PSOE entregaron esta mañá o escrito adxunto no rexistro do Concello. Isaac Maceiras, o alcalde do PP, negouse a cambiar o pleno co único argumento de que "o día do pleno é o día do pleno", namentres que ten cambiado outros polo simple feito de que xogaba a selección de fútbol
 

- Nel, solicitan a convocatoria dun Pleno extraordinario xa que, conforme á lexislación local vixente, pode facelo 1/4 parte dos concelleiros e concelleiras da Corporación.


 
MOTIVOS DESTA CONVOCATORIA:
 

- O Pleno ordinario do mes de marzo celebrouse o 29 dese mes.
 

- Ese mesmo día estaba convocada unha folga xeral, que os concelleiros e concelleiras do BNG e do PSOE decidiron secundar.
 

- Presentaron, tanto BNG como PSOE, con antelación ao Pleno, unha solicitude á Alcaldía para que cambiara a data da sesión e así se facilitara o exercicio do dereito de folga aos representantes municipais que o quixeran exercer.
 

- O alcalde negouse a facelo co único argumento de que “o día do Pleno é o día do Pleno”, a pesar de que noutras ocasións o mesmo alcalde ten cambiado a data dalgún Pleno por motivos de dubidoso interés xeral (partidos da selección española de fútbol).
 
- CONCLUSIÓNS:    - A data do Pleno non se cambiou.
                               - O BNG e o PSOE non puideron debatir as propostas presentadas ao mesmo (defensa da sanidade pública, rexeitamento da reforma laboral do Goberno español, defensa de que a Pobra se considere subcabeceira de comarca, etc.).
                               - O alcalde e o Grupo de Goberno do PP evitan, máis unha vez, o debate democrático de temas que afectan a imensa maioría da cidadanía
                               - O BNG e o PSOE deciden lexitimamente dar ese debate e que o PP se pronuncie sobre as cuestións que realmente lle preocupan á xente.

Argumentos da oposición

 

- Á vista de que o BNG e o PSOE representan a máis do 46% do conxunto do electorado da Pobra. Á vista de que os dereitos dos grupos da oposición se ven sistematicamente coartados para exercer a súa representatividade democrática pola Alcaldía da Pobra e o Grupo de Goberno. Á vista de que o PP da Pobra négase a entender que o Pleno é o máximo órgano da Corporación e case o único, a nível institucional, onde os grupos políticos podemos debatir iniciativas, facer propostas, trasladar os problemas da cidadanía, etc.. Á vista de que o PP despreza, unha e outra vez, non só aos/ás representantes democráticos da cidadanía senón tamén á cidadanía mesma intentando que a súa voz sexa trasladada á Institución Municipal. Á vista de que o alcade e o Grupo de Goberno do PP da Pobra confunden, cada vez con máis claridade, a súa maioría absoluta cun rexime absolutista e intentan desbotar o debate democrático a través de múltiples artificios legais:
 

"O BNG e o PSOE non estamos dispostos a consentilo e seguiremos a facer todo o que legalmente esté na nosa man para que os problemas da cidadanía, as súas preocupacións e as súas inquedanzas sigan a ter voz no Concello da Pobra do Caramiñal", rematan en nota de prensa.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: o Bng considera que a nova comunidade intermunicipal que queren Xunta e Deputación é "totalmente innecesaria"


Xunta e Deputación están a empregar como cebo das fusións e consorcios de concellos garderías e outros servizos

Muros-Noia, 16 de xuño de 2012. O Grupo Provincial do BNG na Deputación de A Coruña presentou unha serie de alegacións ao trámite de aprobación inicial do expediente do convenio marco para a creación da "comunidade intermunicipal de servizos públicos", que foi aprobado de xeito inicial o pasado 27 de abril.

 

Para o Bng, "a creación dun novo instrumento de colaboración entre administracións locais é totalmente innecesario, posto que na lexislación actual existen xa entidades e formas legais, como as áreas metropolitanas, mancomunidades ou consorcios, que permiten que os concellos poidan desenvolver actuacións en conxunto e compartir servizos, de acordo co establecido na actual Lei de Administración Local de Galiza, cando dispón que as competencias municipais poderán ser exercidas polas áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios, ou consorcios locais nos supostos e cos requisitos establecidos pola citada Lei, e sempre logo da delegación da entidade local mediante acordo corporativo".

 

Na proposta aprobada inicialmente outórgaselle un papel á Deputación "que excede das súas competencias e intereses", aseguran os nacionalistas do Bng. O propio Presidente da Corporación Provincial ten declarado que estas novas comunidades funcionarían “baixo a tutela da Deputación Provincial”. "Non nos cansaremos de repetir que os concellos teñen plena capacidade de autoorganizarse, e non precisan de tutelaxe política ningunha. Mesmo a Constitución Española de 1978 garante a autonomía dos concellos, así como o disfrute de persoalidade xurídica plena", argumentan no Bng.


Reforma financieira do que recadan os concellos

 

Nas alegacións presentadas solicítase a suspensión da tramitación do expediente relativo á aprobación inicial do convenio marco para a “comunidade intermunicipal de servizos consorciados”, ao tempo que se pide dirixirse ao Goberno do Estado e aos grupos parlamentares no Congreso dos Deputados a fin de solicitar a reforma do sistema de Participación nos Ingresos do Estado, incorporando a tal reparto, a maiores dos existentes (poboación, esforzo fiscal e capacidade tributaria), outros que recollan o maior custe dos servizos derivados da superficie, a dispersión territorial e do avellentamento poboacional.

 

Demándase, asemade, ao Goberno galego e ao grupos parlamentares da Cámara galega, a aprobación dunha Lei Galega de Facendas Locais, que constitúa o marco de referencia ao financiamento municipal na Galiza.

 

Por último, solicítase promover desde a propia Deputación de A Coruña, en colaboración coa Xunta de Galicia, liñas específicas de axuda para impulsar a prestación de servizos locais de xeito mancomunado, consorciado ou explorando outros xeitos de cooperación entre os concellos contemplados xa, na mentada Lei de Administración Local de Galiza, "co obxetivo final de poder soster os servizos públicos que a nosa sociedade merece", rematan os do Bng provincial da Coruña.


Pode que tamén lle interese:


Fusión Noia-Lousame: o Bng noiés di que así, non


Fusión de Concellos: Noia e Lousame, en proceso de diálogo


Política: que está a pasar co consorcio de Dodro, Rois e Padrón?




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o escritor García Márquez xa ten unha prazoleta adicada na cidade

  •  Está enfronte do Ateneo Valle-Inclán e a súa inauguración, este venres 15 de xuño, foi un acontecemento cultural, con lecturas de textos do colombiano en galego, castelán e inglés a cargo de escritores e persoeiros de Ribeira e amenizado por gaiteiros

 




Máis vídeos en http://www.youtube.com/user/tuchoplaza3

Ribeira, 16 de xuño de 2012- O premio nobel colombiano Gabriel García Márquez xa conta co seu recuncho no rueiro da cidade de Ribeira. A última hora do serán de onte, e no marco da programación do Xuño da Cultura e as Letras, procedeuse á inauguración deste espazo situado a carón da praza de Compostela, moi preto da localización do Ateneo Valle-Inclán.

Precisamente algúns dos integrantes desta institución cultural desempeñaron unha parte activa nestes actos que, presididos polo alcalde Manuel Ruiz e cunha latente ameaza de chuvia que finalmente non chegou a materializarse, precederon ao descubrimento da placa coa que a pegada do escritor permanecerá en Ribeira para sempre.

Así, a inauguración comezou coa lectura dos primeiros parágrafos da súa obra máis coñecida e aclamada, “Cen anos de soidade”, primeiro en inglés, a cargo da moza británica Kate Salisbury, e a continuación en galego, da man de escritora Uxía Casal. Dáse a circunstancia de que entre as innumerables linguas ás que foi traducida esta novela de García Márquez non figura a galega, co cal foi a propia Casal á que fixo o esforzo de transformar o coñecido fragmento da novela ambientada en Macondo ao idioma propio da nosa Comunidade.

Conexión galega

A continuación tomou a palabra Antonio Arca, quen, ademais de recordar a importancia que posúe a obra literaria do nobel colombiano, con libros tan destacados como “O coronel non ten quen lle escriba”, “O amor nos tempos do cólera” ou “Cen anos de soidade”, fixo fincapé na conexión galega do escritor de Aracataca a través da súa avoa Tranquilina, de antepasados galegos, da cal herdou precisamente a súa maneira de contar. Daí que o propio autor dixera: “Galicia está presente en todos mis libros”.

O presidente do Ateneo Valle-Inclán, Santos Oujo, quixo agradecer ao Concello e de xeito especial ao seu alcalde que dedicase este recuncho á figura de García Márquez, e aproveitou a ocasión para dar as grazas tamén á anterior lexislatura por facer realidade outro anceio do Ateneo e tributar unha praza a outro insigne escritor universal, Pablo Neruda.

Finalmente, o alcalde Manuel Ruiz explicou a decisión do seu Executivo de dedicar este mes de xuño precisamente ás artes, porque “se hai algo que nunca sairá caro é investir na educación e na cultura”. Así mesmo, recordou que no transcurso dunha mesma semana se homenaxearon a dous escritores senlleiros da literatura mundial, primeiro a Xosé Neira Vilas, quen acudiu a Ribeira con tal motivo, e agora a Gabriel García Márquez.

Despois da quenda de intervencións e baixo os acordes da marcha do antigo himno do Reino de Galicia (por Juancho e Anxo Rivas), procedeuse ao descubrimento da placa conmemorativa. Manuel Ruiz e Santos Oujo foron os encargados de descubrila diante dun nutrido público que, se nun principio estaba formado principalmente por membros da Corporación e do Ateneo, foise engrosando con numerosos viandantes que quedaron captivados polo acontecemento.

Antes anunciamos:



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o Partido da Terra organiza un coloquio este domingo 17 sobre o resgate económico

cartazA4.pdf Download this file

Rianxo, 16 de xuño de 2012. O Partido da Terra (PT) convoca a quen queira achegarse ao acto público que irá celebrar em Rianxo este domingo dia 17 às 12:30 na antiga Casa da Cultura (Praça de Castelao).


O colóquio-vermute tem como título: "Resgatar a quem: alternativas políticas e económicas à crise" e contará com a presença de Xosé Morell, Marcos Celeiro e José Tubio, todos eles do Conselho Executivo do Partido da Terra e estará seguido de um debate aberto.

Antes dessa hora, o Partido da Terra celebrará também em Rianxo a sua II Assembleia Geral, na que se renovará o Conselho Executivo, se aprovará o programa político e se decidirá a forma na que o grupo participará nos próximos comícios autonómicos galegos.

O Partido da Terra tem a sua sede na vila de Rianxo, onde se fundou um ano atrás.

Máis info em www.partidodaterra.net
facebook.com/ptgaliza

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical