16.6.12

A Pobra: a oposición pide un pleno extraordinario ao non suspenderse o que cadrou coa folga xeral

15.06.12.-STDE. CONVOCATORIA PLENO EXT..doc Download this file


- Os 5 concelleiros do BNG e máis a concelleira do PSOE entregaron esta mañá o escrito adxunto no rexistro do Concello. Isaac Maceiras, o alcalde do PP, negouse a cambiar o pleno co único argumento de que "o día do pleno é o día do pleno", namentres que ten cambiado outros polo simple feito de que xogaba a selección de fútbol
 

- Nel, solicitan a convocatoria dun Pleno extraordinario xa que, conforme á lexislación local vixente, pode facelo 1/4 parte dos concelleiros e concelleiras da Corporación.


 
MOTIVOS DESTA CONVOCATORIA:
 

- O Pleno ordinario do mes de marzo celebrouse o 29 dese mes.
 

- Ese mesmo día estaba convocada unha folga xeral, que os concelleiros e concelleiras do BNG e do PSOE decidiron secundar.
 

- Presentaron, tanto BNG como PSOE, con antelación ao Pleno, unha solicitude á Alcaldía para que cambiara a data da sesión e así se facilitara o exercicio do dereito de folga aos representantes municipais que o quixeran exercer.
 

- O alcalde negouse a facelo co único argumento de que “o día do Pleno é o día do Pleno”, a pesar de que noutras ocasións o mesmo alcalde ten cambiado a data dalgún Pleno por motivos de dubidoso interés xeral (partidos da selección española de fútbol).
 
- CONCLUSIÓNS:    - A data do Pleno non se cambiou.
                               - O BNG e o PSOE non puideron debatir as propostas presentadas ao mesmo (defensa da sanidade pública, rexeitamento da reforma laboral do Goberno español, defensa de que a Pobra se considere subcabeceira de comarca, etc.).
                               - O alcalde e o Grupo de Goberno do PP evitan, máis unha vez, o debate democrático de temas que afectan a imensa maioría da cidadanía
                               - O BNG e o PSOE deciden lexitimamente dar ese debate e que o PP se pronuncie sobre as cuestións que realmente lle preocupan á xente.

Argumentos da oposición

 

- Á vista de que o BNG e o PSOE representan a máis do 46% do conxunto do electorado da Pobra. Á vista de que os dereitos dos grupos da oposición se ven sistematicamente coartados para exercer a súa representatividade democrática pola Alcaldía da Pobra e o Grupo de Goberno. Á vista de que o PP da Pobra négase a entender que o Pleno é o máximo órgano da Corporación e case o único, a nível institucional, onde os grupos políticos podemos debatir iniciativas, facer propostas, trasladar os problemas da cidadanía, etc.. Á vista de que o PP despreza, unha e outra vez, non só aos/ás representantes democráticos da cidadanía senón tamén á cidadanía mesma intentando que a súa voz sexa trasladada á Institución Municipal. Á vista de que o alcade e o Grupo de Goberno do PP da Pobra confunden, cada vez con máis claridade, a súa maioría absoluta cun rexime absolutista e intentan desbotar o debate democrático a través de múltiples artificios legais:
 

"O BNG e o PSOE non estamos dispostos a consentilo e seguiremos a facer todo o que legalmente esté na nosa man para que os problemas da cidadanía, as súas preocupacións e as súas inquedanzas sigan a ter voz no Concello da Pobra do Caramiñal", rematan en nota de prensa.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical