14.1.10
Medios: Escarabote en El Noroeste de 1902, cuando aún se publicaban licencias de obra en los periódicos
OBRAS PÚBLICAS
"Se concedió permiso a don Cándido Santiago León, vecino de Escarabote, ayuntamiento de Boiro, para construir una casa en el kilómetro 30 de la carretera de Padrón a Noya".
"Dolores Bermúdez BArral, conocida por la Chiquitina, sostuvo anoche, a eso de las once, una disputa que mantiene con ella relaciones ilícitas. Éste infirió a la Chiquitina una herida bastante extensa, de la que fue curada en el Hospital.
El agresor fue detenido en su domicilio y conducido a la Prevención, donde pernoctó".Estas joyas del periodismo del pasado en Galicia se pueden ver y descargar en la Biblioteca Virtual de Prensa Histórica, del Ministerio de Cultura, en http://prensahistorica.mcu.es
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Porto do Son: petróglifos de Monte Dordo, otra pena
"Petroglifo situado en Monte Dordo en el lugar conocido como Pozos da Garda en Porto do Son en la ría de Muros y Noia.
Representa una colección de cérvidos de distintos tamaños grabados en la cara vertical de una piedra orientada hacia el sur. Es una pena ver que un derrumbe de una pista oculte una buena parte de este mosaico", comenta el usuario de Flickr fandoval.
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Linguas: Galicia Confidencial dalle un repaso ao inglés da nosa caste política
Libra Fraga, por razóns evidentes (ser embaixador en Inglaterra para algo tiña que valer), pero o resto, galegos e demais, queda pero que moi mal paradiño! Nin ZP, nin Rajoy, nin Feijóo (é de risa algún dos vídeos que propoñen)
http://galiciaconfidencial.com/nova/5168.html
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Ribeira: coidado, que os dorneiros teñen novos dirixentes
O novo presidente é Arturo González Mariño
Ribeira, avante xaneiro. O pasado sábado 9 de Xaneiro de 2010 foi escollida a nova xunta directiva da A. C. Real e Ilustre Cofradía da Dorna.
Esta xunta, que terá unha vixencia de dous anos, está composta por: Arturo González Mariño, Mª del Carmen Pérez López, Mª José Millán Martinez, Fernando Quintela Lens, Francisco Xabier Martínez Sanlés, Jacob Moraña Cabo, Susana Abelleira Gago, Benjamín Moraña Cabo, Carlos Ben Otero, Jorge Pérez Otero, Francisco Javier Gómez González, Sara Sevilla Iglesias, Encarna Gago Pérez, Eduardo Iglesias Sampedro, Gustavo Llovo Otero, Juan Borja Parada Pego, Jorge Fernández Torres, José Luís Suárez-Puerta Colomer.
E ameazan con seguir divertindo á xente de Ribeira e arredores!
http://certo.posterous.com/ribeira-tiger-woods-tivo-unha-amante-de-seran
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Ribeira: este venres 15 de xaneiro preséntase "Dos fastos ós festexos", libro sobre mitos e relixiosidade galega
Será no Auditorio de Ribeira, ás oito e media da noite
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Boiro: presentan o venres 15 o IV Encontro Arqueolóxico do Barbanza
Este venres 15 de xaneiro terá lugar a presentación do programa do “IV Encontro Arqueolóxico do Barbanza”, que se desenvolverá os días 27 e 28 de febreiro, e que na xornada inaugural contará coa asistencia do Director Xeral de Patrimonio, José Manuel Rey Pichel.
Presentan o alcalde, Xosé Deira Triñanes (BNG); o concelleiro de Cultura, Gerardo Piñeiro Lorenzo (PSOE), e o técnico do CAB Víctor Barbeito.
E en Certo preguntámonos: proxectarán por fin a primeira longametraxe documental da Arqueoloxía Galega, que vai sobre Neixón? Ou seguirán facéndose o sueco? Pode que Xurxo Ayán teña a resposta.
Por outra banda, o vindeiro luns, 18 de xaneiro, Dores Torrado, concelleira de Facenda e Emprego, visitará o polígono de Espiñeira para ver os trababallos que os alumnos do Obradoiro de Emprego “Viveiro de Empresas” acaban de iniciar na nave que dará cabida ao Centro de formación- Viveiro de Empresas. O obradoiro de emprego, que conta con 26 alumnos das especialidades de albanelería e carpintería, será o encargado de rematar as obras, agora que a empresa construtora rematou a estrutura.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Boiro: interpretación de "Happy", de Leona Lewis, na Cachada
Subida hai un pouquiño a YouTube, e xa parece que hai diverxencias nos comentaristas:
Susy0o (hace 13 horas)
por favor que alguien le tape la boca!
greeneyes251 (hace 15 horas)
Toda una artista por descubrir...!! Qué voz!!
O vídeo aproveita as posibilidades de YouTube para etiquetar o que se ve, asi que podemos saber os nomes dos que bailan e da que canta....
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Economía: nace a sección galega da Banca Ética "Fiare"
O proxecto Fiare parte dun diagnóstico concreto: as nosas sociedades son inxustas. É desde a indignación que produce esa inxustiza desde a que xorden os dinamismos para desenvolvelo. Dentro das múltiples e complexas facetas que debullan esta estrutura de desigualdade e exclusión, o sistema bancario é o piar sobre o que Fiare se propón actuar, construindo unha realidade alternativa. Fiare nace, xa que logo, como un proxecto de sistema de banca ética que se constitúa en alternativa elixíbel pola cidadanía e que actúe significativamente pola transformación do sistema financieiro e cunha característica fundamental (entre outras): o seu funcionamento está en mans dos movementos sociais. Máis información:
http://www.fiare.org/
http://opeto.org/paxina/proxecto-fiare-gzHumor
Visto na Festa da Dorna de Ribeira, en 2009
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia