14.1.10

Economía: nace a sección galega da Banca Ética "Fiare"

O  proxecto de Banca Ética Fiare funciona xa con delegacións en distintos lugares do Estado e o vindeiro sábado 16 de xaneiro celebrarase a Constitución da Sección Territorial Galega de Fiare. Entre os membros fundadores de Fiare Galiza atópanse asociacións como: AIS O Peto, Arela, Amarante, Verdegaia, Adega, Altermundo, SLG, Panxea, colexio La Salle, CONGD´s....  O acto de constitución terá lugar en La Salle de Santiago de Compostela, rúa San Roque, 6 ás 10:00 da mañá.


O proxecto Fiare parte dun diagnóstico concreto: as nosas sociedades son inxustas. É desde a indignación que produce esa inxustiza desde a que xorden os dinamismos para desenvolvelo. Dentro das múltiples e complexas  facetas que debullan esta estrutura de desigualdade e exclusión, o sistema bancario é o piar sobre o que Fiare se propón actuar, construindo unha realidade alternativa. Fiare nace, xa que logo, como un proxecto de sistema de banca ética que se constitúa en alternativa elixíbel pola cidadanía e que actúe significativamente pola transformación do sistema financieiro e cunha característica fundamental (entre outras): o seu funcionamento está en mans dos movementos sociais.

Máis información:


http://www.fiare.org/
http://opeto.org/paxina/proxecto-fiare-gz

Humor

Visto na Festa da Dorna de Ribeira, en 2009


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical