11.4.11

A Pobra: "Forraje" porá música a unha serie de televisión protagonizada por Beatriz Rico

A Pobra do Caramiñal, 11 de abril de 2011. A banda de rock da Pobra "Forraje" compuxo unha canción para aa cabeceira dunha serie de humor protagonizada pola actriz asturiana Beatriz Rico. No reparto hai outras actrices coñecidas como Carla Hidalgo ou Cristina Peña. Pilar Alcón, unha das actrices máis recoñecidas da época do destape, volve con esta serie tras varios anos apartada das cámaras.
Segundo informou a propia banda, a semana pasada remataron de rodar o episodio piloto e de contado comezarán a amosarllo ás principais cadeas de televisión. A canción que crearon para a cabeceira titúlase "Entre el barro y las chabolas", e basséase no personaxe de Beatriz Rico.

Webs relacionadas:

www.forraje.com

http://www.myspace.com/forraje

http://www.beatrizrico.es


Relacionada:

Forraje: rock duro dende Pobra do Caramiñal



    

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o conselleiro de Educación apoiou o 25 aniversario do instituto

O centro, no que estudan 500 alumnas e alumnos, forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e a rede Abalar. Comezou a súa 7ª Semana Cultural, cunha gran cantidade de actividades e exposicións


A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 12 de abril de 2011.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe aos acto de celebración do XXV aniversario do IES Pobra do Caramiñal, xunto ao director do centro, José Luis Nogueira Varela.

Durante a súa intervención o conselleiro destacou que “como proba do éxito educativo deste centro saliéntase que nestas aulas formáronse milleiros de estudantes, entre os que atopamos varios Premios Extraordinarios, alumnos que agora destacan de xeito especial nos seus respectivos ámbitos profesionais. Por exemplo na Axencia Espacial Norteamericana ou no Campus da Universidade de Harvard”. Ao que engadiu que “neste centro faise unha aposta decidida pola educación en valores, que dota aos estudantes de cualidades básicas na construción da personalidade individual”.

Asemade Vázquez Abad destacou a importancia do traballo desenvolvido desde o profesorado, persoal de administración, familias e os propios estudantes, tanto os presentes como os pasados, e dixo que “o cadro de profesores do IES Pobra de Caramiñal, coa estreita implicación da ANPA e a colaboración dos organismo públicos, segue a deseñar perspectivas de avance e de modernización no extraordinario labor da educación da nosa mocidade”.

No acto, no que tamén participaron a docente María José Fernández Cid, e o ex- alumnos, Ricardo Tubío, completouse coa proxección dun vídeo realizado polos estudantes do IES Pobra do Caramiñal no que se recollen testemuñas de membros da comunidade educativa. O acto completouse coa plantación dunha árbore que conmemora a celebración do vixésimo quinto aniversario do centro.

O instituto
O centro conta na actualidade con cincocentos alumnas e alumnos, de 1º e 2º de bacharelato, ESO; ciclos formativos de coidados auxiliares de enfermaría e dietética, así como programas de cualificación profesional inicial de comercio, informática, mantemento de vehículos e peiteado.

Desde o presente curso o centro forma parte da rede Abalar con catro aulas para os estudantes de 1º da ESO, cun investimento de preto de 53.000 euros. Asemade 80 estudantes de 2º, 3º e 4º da ESO benefícianse das cinco seccións bilingües en inglés das que dispón o IES. Por outra banda pertence desde o 2009 ao Plan de Melloras de Bibliotecas a través do cal percibiron 22.150 euros destinados á este espazo.

Antes, en Certo:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: programación completa da Semana Santa, do 15 ao 24 de abril

Noia: curso para inmigrantes en maio no Edificio Administrativo organizado polo CIM

Inscricións do 11 ao 27 de abril. Clases do 2 ao 13 de maio

Media_httpfarm6static_jndcj


Noia, 11 de abril de 2011.- A Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Noia a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza o CURSO ACTIVA-TE composto por tres módulos de formación (Módulo1.:FORMACIÓN EN ATENCIÓN SOCIOSANITARIA; Módulo 2: ORIENTACIÓN LABORAL; Módulo 3: PLAN PARA A PROCURA DE EMPREGO). Este curso está destinados ás mulleres e homes inmigrantes residentes no Concello de Noia

O curso impartirase dende o 2  ao 13 de maio do 2011, de luns a venres en horario de 17:00 a 19:00 horas, no novo Edificio Administrativo, situado no Espírito Santo (antigo matadeiro)

A inscrición pode realizarse dende o 11 ao 27 de abril no Centro de Información ás Mulleres (CIM), situado no edifico de servizos sociais, na rúa do Curro nº2.     

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: comeza a limpeza de praias de cara a Semana Santa

Media_httpfarm2static_hovmy

Boiro, 11 de abril de 2011. O Concello de Boiro iniciou hoxe a limpeza e posta a punto das praias do municipio, a fin de ter os areais en óptimas condicións de cara as vacacións da Semana Santa.

A Concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó, informou que as tarefas consisten na limpeza xeral dos areais, incluídos os paseos marítimos, e tamén as zonas verdes anexas, “incluíndo o monte de Mañóns, monte de Praia Xardín e as áreas verdes de Carragueiros e A Retorta”. Tamén se realizará a recollida de papeleiras e bidóns.

As praias incluídas son as seguintes: Barraña, Mañóns, A Retorta, Carragueiros, Ribeira Grande, Ribademar, praia do porto de Escarabote e praia de Peralto. A actuación, que se prolongará por un total de 19 días, foi adxudicada á empresa Javasan Excom, por un importe de 12.644 euros.

Igualmente, Francisca Suárez Lijó sinalou que, igual que tódolos anos, os baños de todas as praias permanecerán abertos toda a Semana Santa. 


 

  

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Antonio Piñeiro recolleu o premio de poesía "Ángel Urrutia Iturbe" en Lekunberri

_2011041102315812_640_6ebfc603

Ribeira, 11 de abril de 2011. Onte, domingo 10 de abril de 2011, tivo lugar en Lekunberri (Navarra) a entrega do premio "Ángel Urrutia Iturbe" de poesía ao gañador desta XV Edición, o ribeirense Antonio Piñeiro, a quen lle foi concedido polo seu poemario "Niños en la lluvia".


No acto estiveron veciños, familiares e amigos do poeta, así como integrantes do xurado do certame e o coro da localidade. Da obra de Antonio Piñeiro fixo unha glosa Consuelo Allué, do xurado deste premio que organiza o Concello de Lekunberri. 

Allué sinalou que "no cuenta una historia, pero sí construye una atmósfera personal y colectiva. Y lo hace de manera evocadora y sugerente, mediante pinceladas sueltas", segundo valorou o xurado que outorgou nesta ocasión o premio.
 
Antonio Piñeiro foi recibido polos veciños da localidade, aos que se sumaron as vinte voces do coro parroquial dirixido por Juan Miguek Etxarri e que entonaron o Agure zaharra (equivalente ao Agur Jaunak) , Soneto para dosSignore delle cime (Señor de las montañas, canción popular italiana), Lili eder bat (canción popular harmonizada polo Padre Donostia) e tamén a emotiva Baldorba de Benito Lertxundi. (composto por Federico Villanueva en homenaxe a Urrutia, polígrafo que lle da nome ao premio citado),

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Instituto celebra a súa sétima semana cultural coa efeméride do seu 25 aniversario

A Pobra, 10 de abril de 2011. Este luns 11 de abril comezan as celebracións da 7ª semana cultural do Ies da Pobra, cunha gran cantidade de actividades e exposicións. Este ano en particular xirará arredor da celebración do 25 aniversario do centro, polo que se traerá de volta a profesores e antigos alumnos, así como familias dos alumnos (algúns xa foron alumnos no seu día) e autoridades.

O acto máis reseñable terá lugar este luns ás 16.30, coa inauguración, presidida polo Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vazquez Abad, así como a xefa territorial da Consellería de Educación, o alcalde da Pobra, e outras autoridades políticas e educativas.

O martes pola tarde haberá xornada de portas abertas para as familias, con percorridos guiados polas exposicións, unha quedada fotográfica que xa foi o pasado domingo como quencemento, na que varios ex-alumnos (Óscar iglesias, Javier Triñanes, José Prado, ...) voltaron ó instituto armados coas súas cámaras, para plasmar recordos e currunchos que ofrecerán, a partir do luns, cunha proxeción dixital na cafetería do centro.

"Será unha semana moi intensa, estaremos moi contento de amosar o traballo de varias semanas de preparativos", explican dende a organización, dende a que convidan a todo o mundo a participar.

Webs relacionadas:

http://www.edu.xunta.es/centros/iespobracaraminal/
http://www.facebook.com/profile.php?id=1477298405#!/profile.php?id=100001043225539


Ies046

diptico 25.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical