28.4.10

Noia: obradoiros de "Ciencia divertida" sobre alimentación no colexio Felipe de Castro


Estatua de Felipe de Castro no medio de Noia

Noia, 28 de abril de 2010. Mañá, xoves, 29 de abril terán lugar os obradoiros de CIENCIA DIVERTIDA sobre alimentación no Colexio Felipe de Castro de Noia. Nestes talleres didácticos tratarase sobre hábitos alimenticios saudables a través da participación de dous monitores científicos. Estes obradoiros están organizados pola Concellería de Sanidade, o Plan Comarcal de Prevención de Drogodependencias e o Colexio Felipe de Castro.


Nesta actividade os nenos e nenas aprenden que é a dieta e como a través dela cada individuo recibe a achega de nutrientes para cubrir as súas necesidades específicas, manter a saúde e previr a aparición de enfermidades como a obesidade.

Estes obradoiros xeran experiencias a través das diferentes actividades de metodoloxía experimental. A metodoloxía procura xuntar rigor científico e xeración de experiencias directas para os asistentes, con bromas e teatralidade.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: unha cadeira de rodas, novo servizo para persoas con disfuncionalidades físicas na piscina

A piscina ten unha silla de rodas para poder trasladarse polas instalacións e facer uso da ducha

Rianxo, 28 de abril de 2010. A piscina climatizada conta cun novo servizo para os seus usuarios, destinado a mellorar a accesibilidade da instalación. Trátase dunha silla de rodas para aquelas persoas con algún tipo de discapacidade, temporal ou permanente, coa que poder trasladarse polas instalacións e/ou facer uso da ducha.

Asemade, dende o Concello lembran que a instalación tamén dispón dunha silla/elevador para facilitar o acceso á agua da piscina a personas con limitacións físicas, personas maiores, etc. A silla de ducha ten catro rodas de 125mm, xiratorias e as traseiras con freos, así como un asento con apertura frontal para facilitar a limpeza. Como é lóxico, é unha cadeira preparada para a súa utilización na auga, polo que leva tornilleria de aceiro inoxidable e pezas de plástico, cun recubrimento especial.


En lugares como Ribeira ofrecen servizos para minusválidos nas praias con cadeiras anfibias (praia de Coroso)

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: estudantes e profesores universitarios de Santiago, de visita o venres 30

A delegación compostelá será recibida polo Alcalde e visitará os muíños de Ponte Goiáns e o Centro Arqueolóxico do Barbanza

 

Profesores e alumnos da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago visitan Boiro para coñecer de primeira man programas municipais de Cultura, Xuventude e Participación Cidadá

 

Boiro, 28 de abril de 2010. Boiro recibirá este venres, día 30 de abril, a visita dunha delegación, integrada por unhas 55 persoas, de alumnos e profesores da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que se desprazarán ao municipio para coñecer, de primeira man, a organización e posta en marcha de iniciativas municipais nos ámbitos de Cultura, Xuventude e Participación Cidadá, como poden ser o programa Leña Verde, a Mostra das Culturas, a implicación social nas Festas do Verán ou as accións de participación veciñal.

As profesoras que acompañan aos estudantes son María del Carmen Morán Castro, do Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, e María Belén Caballo Villar, que están a impartir as materias Programas de Animación Sociocultural e Pedagoxía do Lecer e do Tempo Libre, respectivamente, no terceiro curso da titulación de Educación Social na USC; de aí a relación entre as asignaturas cos temas que se tratarán o venres.


 

O programa é o seguinte:

 

10.00 horas. Recepción do grupo no Centro Social de Boiro por parte do Alcalde, Xosé Deira Triñanes, e de técnicos de Cultura. Visita guiada ás instalacións.

10.30 horas. Charla sobre participación cidadá e cultura no Concello de Boiro.

11.00 horas. Debate.


11.30 horas. Visita á Asociación Cultural “ O Faiado”.

12.30 horas. Visita aos muíños de Ponte Goiáns.

13.30 horas. Xantar campestre e descanso.



16.00 horas. Visita ao Centro Arqueolóxico do Barbanza.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o xoves 29, no auditorio, "Vento Son", conto musicado interactivo polo aniversario do ceip O Grupo


Imaxe do Samaín no colexio O Grupo

Ribeira,
28 de abril de 2010.- Alumnos de educación Primaria pertencentes ao Colexio O Grupo de Santa Uxía de Ribeira van acudir mañá ás 11.30 horas ao Auditorio Municipal para asistir ao espectáculo “Vento-Son”: un conto musicado interactivo desenvolvido pola contacontos e ilustradora Marisa Irimia e o músico Juan Carlos Vázquez Otero.

 

A actividade está promovida pola Concellería de Educación a través da Biblioteca Municipal coa colaboración da Consellería de Cultura. Así mesmo, forma parte do programa Letras Vivas da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e serve para conmemorar o 50º aniversario do citado centro escolar.

 

“Vento_Son” é un espectáculo escénico-musical enraizado nun contexto pedagóxico, coordinado e reflexivo sobre a aducación na actualidade. Este proxecto nace baixo a determinación de incidir de forma complementaria no ámbito docente e de promover a posta en común de novos recursos didácticos e expresivos.

 

O conto está inspirado na obra orixinal: “A viaxe do Vento Pequeno” de Concha López Narváez. Os seus autores son Marisa Irimia (adaptación dramática e dirección artística) e Juan C. Vázquez (música orixinal).

 

O público intervirá activamente durante toda a representación, que terá unha duración aproximada de 60 minutos. Consta dun interludio e dous actos. No primeiro acto (“Concerto Didáctico”), interactúan empregando distintos instrumentos non-convencionais baixo a pauta do profesor músico. No “interludio” interveñen activamente no ensaio dunha canción infantil (“Vento_son”), que cantarán de xeito recorrente no transcurso da representación do conto : “A viaxe do Vento Pequeno” (segundo acto).



Relacionado: O Grupo cumpre 60 anos

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o Bng reclama a posta en marcha da recollida para reciclar aceite alimentario usado


(Nota de prensa do Bng)

Rianxo, 28 de abril de 2010. O Grupo Municipal do BNG presentará unha moción para o seu debate plenario na que se insta ao goberno municipal a iniciar unha campaña de concienciación cidadá para a reciclaxe de aceites alimentarios usados e a instalación de contedores en edificios públicos para a súa recollida e reciclaxe a nivel doméstico.

Os refugallos do aceite usado pola elaboración de alimentos tanto nas vivendas de particulares como de bares e restaurantes causan un importante efecto nocivo para o medio ambiente, ademais de provocar atorar tanto nas redes particulares como as redes xerais de saneamento. 

Por cada 4 persoas prodúcense ao ano aproximadamente de 18 a 21 litros de aceite usado, co que os aproximadamente 12.000 habitantes de Rianxo chegarían a verquer 60.000 litros ano. Un só litro de aceite pode contaminar en torno a 100 litros de auga.

Desde o BNG entendemos que as administracións públicas deben traballar aportando solucións a problemas cotiás e o concello como administración maispróxima aos cidadás debe recoñecer as demandas de servizos para poñerlles solucións dentro das súas posibilidades.


O aceite de fritura usado segundo a Lei 10/1998, do 21 de abril, de Residuos, encádrase dentro dos residuos urbanos ou municipais, asemade, esta lei establece que o posuidor destes residuos ten a obriga de entregalos a un xestor autorizado para a súa valorización-reciclaxe ou eliminación, primando a primeira opción cando sexa factible. Aínda que o Código Europeo de Residuos (CER) clasifique este residuo como non perigoso provoca a morte da flora e fauna acuática ao impedir o intercambio normal de osíxeno ademais de supoñer un desperdicio dunha materia prima valiosa que pode ser reciclada.

Santiago, Moaña, Bueu, Pontevedra, Xove, Ordes, Vigo, Sada, Lugo, Porto do Son... son algúns dos concellos onde se está a dar esta recollida domiciliaria que se suma a outros programas no Barbanza nos que se iniciou a recollida en bares. Pero entendemos se debe potenciar tamén a recollida doméstica.

Para o BNG, a posta en marcha deste servizo contribuiría á mellora medio ambiental e a súa reciclaxe permitiría a reutilización como biodiesel, abono orgánico ou xabón, si se canaliza a xestión do residuo polos condutos axeitados.

Entre os acordos pediremos:

1.    Que dende a Concellaría de Medio Ambiente se fagan as xestións oportunas para buscar empresas interesadas en facerse cargo da reciclaxe do aceite usado e se solicite presuposto do que custaría a instalación de colectores en todo o Concello.

2.    Que se faga un estudio dos lugares onde instalar os colectores, así como da cantidade precisa para dar servizo tanto á zona urbana como á rural .

3.    Que se faga a publicidade oportuna para que a veciñanza faga uso dos mesmos unha vez que estean instalados.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o Arqo está en Llanes desputando o L Campionato de España Xuvenil Masculino de volei

Comezou hoxe o Campionato de España xuvenil masculino para o que se clasificou o Club Voleibol Arqo Rianxo ó quedar segundos no Campionato Galego. A competición terá lugar ata o 2 de maio en Llanes (Asturias) e participarán 24 equipos. O Voleibol Rianxo quedou encadrado no grupo F.
Os dous primeiros clasificados de cada grupo xogan dos postos 1 o 12, e os 2 últimos dos postos 13 o 24.

Grupo F: St. Domingo VB Petrer (1º Comunidad Valenciana), Cáceres 2016 (1º de Extremadura), CAI Voleibol Teruel (2º de Aragón), Arqo Rianxo (2º de Galicia).

Orden de partidos da 1ª Fase:

28/04/2010 ás 12:00.- Arqo Rianxo - St. Domingo VB Petrer

28/04/2010 ás 19:00.- Arqo Rianxo - CAI VB Teruel

29/04/2010 ás 12:00.- Cáceres 2016 - Arqo Rianxo

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o Arqo está en Llanes desputando o L Campionato de España Xuvenil Masculino de volei

Comezou hoxe o Campionato de España xuvenil masculino para o que se clasificou o Club Voleibol Arqo Rianxo ó quedar segundos no Campionato Galego. A competición terá lugar ata o 2 de maio en Llanes (Asturias) e participarán 24 equipos. O Voleibol Rianxo quedou encadrado no grupo F.
Os dous primeiros clasificados de cada grupo xogan dos postos 1 o 12, e os 2 últimos dos postos 13 o 24.

Grupo F: St. Domingo VB Petrer (1º Comunidad Valenciana), Cáceres 2016 (1º de Extremadura), CAI Voleibol Teruel (2º de Aragón), Arqo Rianxo (2º de Galicia).

Orden de partidos da 1ª Fase:

28/04/2010 ás 12:00.- Arqo Rianxo - St. Domingo VB Petrer

28/04/2010 ás 19:00.- Arqo Rianxo - CAI VB Teruel

29/04/2010 ás 12:00.- Cáceres 2016 - Arqo Rianxo

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Internet: no 2013, toda Barbanza, Noia e Muros terán conexión de banda larga

Download now or preview on posterous
Internet Coruña.pdf (21 KB)

Na bisbarra de Barbanza hai polo menos 15.000 fogares en "zona branca" (sen conexión) e en Noia, sobre 12.000.


En Comoxo (Boiro) é máis doado pegar un berro e que te escoiten en Boiro que mandar un correo electrónico

Din que en tres anos o 95,6% da poboación desta zona terá acceso á banda larga a través de redes fixas, sen fíos e NGA´s e o 4,7% restante mediante satélite

Barbanza-Noia, 28 de abril de 2010.- O 95,63% dos habitantes da provincia da Coruña terán acceso a un servizo de Internet de calidade no 2013 grazas ao Plan de Banda Larga 2010-2013 da Xunta de Galicia, explicou hoxe o  a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira. Foi durante a presentación das liñas do Plan aos alcaldes da provincia coruñesa, onde fixo fincapé na importancia de manter a colaboración entre todos os axentes implicados nesta iniciativa de marcado carácter transversal. A responsable do departamento autonómico indicou que estamos nun momento de “sumar esforzos” o que, neste caso concreto, inclúe todas as consellerías da Xunta, concellos, deputacións e operadores de telecomunicacións.

Pode que vostede, que le estas liñas, non teña ningún problema na súa casa para recibir Internet cun mínimo de calidade. Pero moitos pequenos núcleos de poboación de Barbanza e Noia, e mesmo ás aforas dalgunha vila, a conexión a Internet ten o mesmo nivel que en Etiopía. Máis de 15.000 fogares en Barbanza e 12.000 na zona de Noia teñen graves dificultades para conectarse, co que iso supón a estas alturas do século XXI. Non poder recibir a televisión por TDT é bastante menos perxudicial que non ter unha boa conexión a Internet, pois o abano de posibilidades da Rede de redes é ben máis amplo que o da unidireccional sinal televisiva.

O Plan presentado hoxe pola Xunta contempla o despregamento de redes fixas que permitirán garantir a dispoñibilidade e o acceso a banda larga nos núcleos con maior demanda desatendida nas zonas carentes deste servizo a través de redes de alta capacidade. Na provincia da Coruña o 80% da poboación contará con acceso a redes cableadas de banda larga. Tamén se prevé a extensión de redes sen fíos a todos os núcleos de máis de 100 habitantes e todos os de menor tamaño con alta demanda de servizo que non se cubran con outras actuacións. Desta medida beneficiarase o 7% dos habitantes da provincia. Ademais, incentivarase o desenvolvemento de Redes de Nova Xeración (NGA´s), con velocidades de 100 Mbps que chegarán ao 40% da poboación desta provincia. A cobertura completarase a toda poboación a través do satélite. O denominador común de todas estas actuacións é a prestación dun servizo de banda larga de calidade, con velocidades de acceso superiores a 2Mbps, chegando a 100Mbps no caso de redes de nova xeración.


Rapaces tirando da wifi da casa de cultura de Porto do Son

Ollo cos proxectos Municipais

Actualmente, moitos concellos galegos están levando a cabo proxectos de implantación de redes municipais de banda larga para tratar de solventar as necesidades de conexión a Internet dos seus veciños. Neste sentido, a secretaria xeral advertiu que a Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) vén de aprobar o anteproxecto de circular no que se establecen as condicións que deberán cumprir as Administracións públicas cando estas exploten redes ou presten servizos de comunicacións electrónicas. O establecido no anteproxecto de circular, tras a súa aprobación final, pasará a ser de obrigado cumprimento para calquera Administración Pública que explote redes ou preste servizos de comunicacións electrónicas.

Para acceder a máis información sobre esta cuestión Mar Pereira lembroulles aos responsables municipais teñen á súa disposición a Oficina eConcellos, á que tamén poden acudir para calquera aclaración ou consulta sobre as previsións locais do Plan de Banda Larga. Ademais, este servizo está a poñer en marcha unha iniciativa para analizar os proxectos municipais de despregamento de BL co obxectivo de maximizar os resultados dos proxectos locais, e potenciar a coordinación evitando duplicar esforzos e investimentos.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Comercio: plan para a dinamización do comercio local nas comarcas de Muros-Noia, Barbanza e O Sar

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical