Imaxe do Samaín no colexio O Grupo
Ribeira, 28 de abril de 2010.- Alumnos de educación Primaria pertencentes ao Colexio O Grupo de Santa Uxía de Ribeira van acudir mañá ás 11.30 horas ao Auditorio Municipal para asistir ao espectáculo “Vento-Son”: un conto musicado interactivo desenvolvido pola contacontos e ilustradora Marisa Irimia e o músico Juan Carlos Vázquez Otero.
A actividade está promovida pola Concellería de Educación a través da Biblioteca Municipal coa colaboración da Consellería de Cultura. Así mesmo, forma parte do programa Letras Vivas da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e serve para conmemorar o 50º aniversario do citado centro escolar.
“Vento_Son” é un espectáculo escénico-musical enraizado nun contexto pedagóxico, coordinado e reflexivo sobre a aducación na actualidade. Este proxecto nace baixo a determinación de incidir de forma complementaria no ámbito docente e de promover a posta en común de novos recursos didácticos e expresivos.
O conto está inspirado na obra orixinal: “A viaxe do Vento Pequeno” de Concha López Narváez. Os seus autores son Marisa Irimia (adaptación dramática e dirección artística) e Juan C. Vázquez (música orixinal).
O público intervirá activamente durante toda a representación, que terá unha duración aproximada de 60 minutos. Consta dun interludio e dous actos. No primeiro acto (“Concerto Didáctico”), interactúan empregando distintos instrumentos non-convencionais baixo a pauta do profesor músico. No “interludio” interveñen activamente no ensaio dunha canción infantil (“Vento_son”), que cantarán de xeito recorrente no transcurso da representación do conto : “A viaxe do Vento Pequeno” (segundo acto).
Relacionado: O Grupo cumpre 60 anos
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario