28.4.10

Rianxo: o Bng reclama a posta en marcha da recollida para reciclar aceite alimentario usado


(Nota de prensa do Bng)

Rianxo, 28 de abril de 2010. O Grupo Municipal do BNG presentará unha moción para o seu debate plenario na que se insta ao goberno municipal a iniciar unha campaña de concienciación cidadá para a reciclaxe de aceites alimentarios usados e a instalación de contedores en edificios públicos para a súa recollida e reciclaxe a nivel doméstico.

Os refugallos do aceite usado pola elaboración de alimentos tanto nas vivendas de particulares como de bares e restaurantes causan un importante efecto nocivo para o medio ambiente, ademais de provocar atorar tanto nas redes particulares como as redes xerais de saneamento. 

Por cada 4 persoas prodúcense ao ano aproximadamente de 18 a 21 litros de aceite usado, co que os aproximadamente 12.000 habitantes de Rianxo chegarían a verquer 60.000 litros ano. Un só litro de aceite pode contaminar en torno a 100 litros de auga.

Desde o BNG entendemos que as administracións públicas deben traballar aportando solucións a problemas cotiás e o concello como administración maispróxima aos cidadás debe recoñecer as demandas de servizos para poñerlles solucións dentro das súas posibilidades.


O aceite de fritura usado segundo a Lei 10/1998, do 21 de abril, de Residuos, encádrase dentro dos residuos urbanos ou municipais, asemade, esta lei establece que o posuidor destes residuos ten a obriga de entregalos a un xestor autorizado para a súa valorización-reciclaxe ou eliminación, primando a primeira opción cando sexa factible. Aínda que o Código Europeo de Residuos (CER) clasifique este residuo como non perigoso provoca a morte da flora e fauna acuática ao impedir o intercambio normal de osíxeno ademais de supoñer un desperdicio dunha materia prima valiosa que pode ser reciclada.

Santiago, Moaña, Bueu, Pontevedra, Xove, Ordes, Vigo, Sada, Lugo, Porto do Son... son algúns dos concellos onde se está a dar esta recollida domiciliaria que se suma a outros programas no Barbanza nos que se iniciou a recollida en bares. Pero entendemos se debe potenciar tamén a recollida doméstica.

Para o BNG, a posta en marcha deste servizo contribuiría á mellora medio ambiental e a súa reciclaxe permitiría a reutilización como biodiesel, abono orgánico ou xabón, si se canaliza a xestión do residuo polos condutos axeitados.

Entre os acordos pediremos:

1.    Que dende a Concellaría de Medio Ambiente se fagan as xestións oportunas para buscar empresas interesadas en facerse cargo da reciclaxe do aceite usado e se solicite presuposto do que custaría a instalación de colectores en todo o Concello.

2.    Que se faga un estudio dos lugares onde instalar os colectores, así como da cantidade precisa para dar servizo tanto á zona urbana como á rural .

3.    Que se faga a publicidade oportuna para que a veciñanza faga uso dos mesmos unha vez que estean instalados.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical