Medio Ambiente informa que será necesario realizar cortes nun carril do tronco da autovía, de lonxitude de 4,5 quilómetros, deixando en todo momento un carril habilitado para a circulación en cada sentido. Durante o tempo que estea cerrado ao tráfico o carril, manteranse informados aos usuarios da vía mediante os paneis de sinalización móbil
Barbanza, 25 de setembro de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciará o luns o repintado de parte das marcas viais da autovía do Barbanza (AG-11). Os traballos, que se centrarán no repintado daquelas marcas que non cumpren os parámetros esixidos, prolongaranse ao longo de tres semanas, aproximadamente ata o 15 de outubro. A Xunta de Galicia, para realizar o repintado, debe executar cortes dun carril no tronco da autovía, de lonxitude de 4,5 quilómetros, deixando en todo momento un carril habilitado para a circulación en cada sentido. Ademais, durante o tempo que estea cerrado ao tráfico o carril, manteranse informados aos usuarios da vía mediante os paneis de sinalización móbil. As obras de repintado, que se enmarcan dentro do contrato de mantemento da concesionaria, levaranse a cabo na parte esquerda, xa que a zona dereita e o eixo central xa foron pintados o ano pasado.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia