6.6.11

Rianxo: o serán "Mar de Rianxo" chega á súa sexta edición o vindeiro sábado 18 de xuño, organizado por "Vai de Roda"

Praias: a Deputación subvenciona a limpeza dos areais de Barbanza e Noia

Media_httpfarm3static_ixjop

Ao Concello da Pobra (na imaxe, Cabío) destínanse máis de 22.000 euros

Barbanza-Noia, 6 de xuño de 2011. A Deputación da Coruña destina este ano un orzamento de 880.834 euros para subvencionar a creación de brigadas de limpeza de praias en 39 concellos da provincia. Os criterios empregados para adxudicar as subvencións foron o número de praias do municipio e a extensión total destas (ata o 70%), o número de beneficiarios directa ou indirectamente (ata o 20%), e o nivel de equipamento dos areais (ata o 10%).

Os concellos beneficiados, nas bisbarras de Barbanza e Noia, son os seguintes:

Boiro (30.000 €);

Muros (28.000 €);

Noia (23.000 €);

Outes (14.194,67 €);

Pobra do Caramiñal (22.434,70 €);

Porto do Son (30.000 €);

Rianxo (28.000 €);

Ribeira (30.000 €);

A subvención para a creación de brigadas de limpeza de praias comprende unha duración total de tres meses, entre os meses de maio e setembro do presente ano.

Socorristas para a piscina de Lousame

Ademais, a Deputación da Coruña destina este verán un orzamento de 116.950,21 euros para a contratación de socorristas en 40 piscinas municipais da provincia. Cada un dos concellos recibirá unha subvención máxima de 3.000 euros para a contratación dun socorrista durante os meses de verán. O concello que se beneficiará destas axudas na comarca de Barbanza e Noia é Lousame.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: seleccionan desempregados para curso de atención sociosanitaria a persoas no domicilio

A data da escolla será este venres 10 de xuño
Media_httpfarm6static_fjapj

Ribeira, 6 de xuño de 2011. O Concello informa da celebración dun Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio que, con 618 horas de duración, está dirixido a persoas en situación de desemprego. 

O venres 10 de xuño terá lugar a selección de alumnos nas Aulas de Formación da Rúa Cristobal Colón, s/n (fronte ao tanatorio). Como requisitos para asistir, cómpre ser persoa desempregada, estar apuntado na Oficina de Emprego e ter uns estudos mínimos de ESO ou equivalente e certificado de CELGA 2 ou iniciación de galego. 

As persoas interesadas en participar como alumnos neste curso deben presentarse no lugar antes indicado ás 09.00 horas (deben traer a súa titulación académica e o certificado do nivel de galego).  

Para máis información, poñerse en contacto coa Oficina de Desenvolvemento Local (Casa do Concello, 1ª planta. Tel.: 981 83 54 17).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Festival de Danza Clásica da Escola de Ballet encheu o auditorio

Media_httpfarm6static_ughib

Ribeira, 6 de xuño de 2011. O Auditorio Municipal encheuse totalmente na noite de onte, domingo 5 de xuño, para acoller ao Festival de Danza Clásica organizado pola Escola Municipal de Ballet do Concello. Durante a actuación, amosaron o seu bo facer sobre as táboas do escenario as 44 nenas e o neno que, con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos, están asistindo a esta escola, que dirixe Cristina Riveiro, á cal se encargou de presentar o evento.

O repertorio estivo composto por  composicións orixinais de Leroy Anderson (“El gato valseador”, Césare Pugni (“La vivandière, pas de six”), Orchester Kindersinfonie (“Sinfonía), Johan Strauss (“Marcha”), e Dulce Pontes e Andrea Bocelli (“O mar e tu”). Ademais, o espectáculo rematou coa posta en escena do tema “Flores en la Carretera”, dos riveirenses Jabon Blue na súa versión arranxada por Luis Cobos, con coreografía realizada expresamente por Cristina Riveiro. Con esta adaptación, a Escola Municipal de Ballet quixo aportar o seu particular grao de area á Campaña Libre de Alcol, Libre de Preocupacións, promovida pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude.  


Adeus, Luciano, adeus

Unha vez rematadas as actuacións, o concelleiro Luciano Fernández Martínez despediuse como edil dos participantes e espectadores presentes no Auditorio. Acto seguido, tivo lugar a entrega de diplomas a todos os alumnos da escola.


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o torneo de tenis de verán, na súa quinta edición, vai do 1 de xullo ao 15 de agosto

Rianxo, 6 de xuño de 2011. O Club de Tenis Rianxo, coa colaboración do Servizo de Deportes, organiza a 5ª edición do torneo de verán de tenis. A inscrición xa está aberta (ata o 26 de xuño) e a competición desenvolverase ó longo do mes de xullo e a primeira quincena de agosto.

regulamentovtorneoverantenis.pdf Download this file

carteltorneotenisveran2011.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Conservatorio realiza esta semana audicións de luns a venres

Media_httpfarm4static_ixdic

Ribeira, 6 de xuño de 2011. O Conservatorio Profesional de Música dedica integramente a semana en curso á realización de audicións de alumnos que están asistindo a este centro, tanto en grao elemental como profesional.  

Todas as audicións terán lugar no salón de actos do Conservatorio local, conforme ao seguinte programa: 

  • Hoxe,  luns día 6, terá  lugar a audición dos alumnos de 3º curso de grao elemental ás 18.30 horas
  • O martes 7, audición dos alumnos de 2º curso de grao elemental ás 18.00 horas e de 1º e 2º de grao profesional ás 19.30 horas.
  • O mércores 8 ás 18:30 horas, audición dos alumnos do 1º curso do grao elemental.
  • O xoves, 9 audición dos alumnos de 4º curso de grao elemental ás 18.30 horas
  • O venres 10 ás 18.30 horas ,audición dos alumnos de 3º, 4º e 5º do grao profesional.

Coma sempre, a entrada a estas audicións e libre para toda aquela persoa que desexe asistir.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical