6.6.11

Ribeira: o Festival de Danza Clásica da Escola de Ballet encheu o auditorio

Media_httpfarm6static_ughib

Ribeira, 6 de xuño de 2011. O Auditorio Municipal encheuse totalmente na noite de onte, domingo 5 de xuño, para acoller ao Festival de Danza Clásica organizado pola Escola Municipal de Ballet do Concello. Durante a actuación, amosaron o seu bo facer sobre as táboas do escenario as 44 nenas e o neno que, con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos, están asistindo a esta escola, que dirixe Cristina Riveiro, á cal se encargou de presentar o evento.

O repertorio estivo composto por  composicións orixinais de Leroy Anderson (“El gato valseador”, Césare Pugni (“La vivandière, pas de six”), Orchester Kindersinfonie (“Sinfonía), Johan Strauss (“Marcha”), e Dulce Pontes e Andrea Bocelli (“O mar e tu”). Ademais, o espectáculo rematou coa posta en escena do tema “Flores en la Carretera”, dos riveirenses Jabon Blue na súa versión arranxada por Luis Cobos, con coreografía realizada expresamente por Cristina Riveiro. Con esta adaptación, a Escola Municipal de Ballet quixo aportar o seu particular grao de area á Campaña Libre de Alcol, Libre de Preocupacións, promovida pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude.  


Adeus, Luciano, adeus

Unha vez rematadas as actuacións, o concelleiro Luciano Fernández Martínez despediuse como edil dos participantes e espectadores presentes no Auditorio. Acto seguido, tivo lugar a entrega de diplomas a todos os alumnos da escola.


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical