23.7.12

Ribeira: o emulador de vóo do exército capta atención de vellos e novos

Ribeira, 23 de xullo de 2012.- A praza de España está dando cabida no día de hoxe a unha xornada de portas abertas a un Emulador de Voo do Exército do Aire por cortesía do Escuadrón de Vixilancia Aérea número 10 (EVA 10), con sede no monte Iroite.

 

Representantes da comarca e do propio Escuadrón tiveron oportunidade de probar esta atractiva experiencia ao comezo da xornada. Entre os mesmos, figuraban a primeira tenente de alcalde de Ribeira, Lola Elorduy, os alcaldes de A Pobra, Isaac Maceiras, e de Boiro, Juan José Dieste, e o comandante do EVA 10, Lino Iglesias, ademais doutras autoridades locais como o comisario da Policía Nacional ou os edís de Seguridade e Servizos Sociais.

 

Pero por suposto tamén os nenos e nenas do municipio quixeron aproveitar a oportunidade de saber o que se sinte ao ser un piloto da Patrulla Acrobática de Voo. Tanto é así que numerosos veciños, grande e pequenos, están a facer cola para disfrutar desta iniciativa na xornada en curso, que se desenvolve en sesións de 11 a 14 e de 16.30 a 21 horas.

 

Acrobacias na Manga do Mar Menor

Todos os que queiran participar poderán ver un vídeo, que dura doce minutos, da visual que ten un piloto da Patrulla voando en formación cos demais compoñentes da Patrulla Acrobática do Exército do Aire pola Manga do Mar Menor.

 

O Emulador da Patrulla Águila consiste nun tráiler de 16 metros que leva unha estrutura hidráulica que dota de movementos en dous eixes á cúpula, capaz de levar a 16 persoas á vez.






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Bng pide explicacións ao alcalde por terlles retirado unha pancarta na que se pedía a limpeza do río que pasa pola aldea de Raña

A Pobra, 23 de xullo de 2012. O BNG da Pobra do Caramiñal vén de presentar no Concello un escrito esixindo unha explicación ao feito de que o goberno municipal do PP mandara uns operarios, onte domingo pola mañá, a retirar unha pancarta que o BNG colocou o venres pola tarde na ponte da Crocha na que poñía "LIMPEZA DO RÍO XA".

"Solicitamos ao alcalde que nos indique que norma municipal incumprimos ao colocar a pancarta e por que ninguén se puxo en contacto co BNG para dicir que debiamos retirala (por certo, non sabemos quen a ten nin onde está). Preguntámonos se un goberno municipal pode apropiarse de bens que non son públicos (a pancarta é do BNG) e se esta actitude pouco democrática e de prepotencia é a que habitualmente manteñen con todas as pancartas que se colocan nos distintos lugares do concello.


Escrito presentado:

Comentario no Facebook do Bng de A Pobra:

Xose Manuel Casal Sabin Pouco durou a pancarta....Para limpar o río non hai temo nin xente, pero para retirar a pancarta mandaron a brigada municipal un domingo....





23.07.12.-STDE. EXPLICACIÓNS POR TER RETIRADO PANCARTA BNG.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: 24 cazadores no campionato do monte San Amedio que gañou un mozo de Fisterra

Media_httpfarm9static_joqbe

Ribeira, 23 de xullo de 2012.- O monte de San Amedio situado na parroquia de Oleiros viviu a disputa da quinta edición do Campionato de Caza San Huberto “Cidade de Riveira”: certame puntuable para a Copa Galicia que colleitou un gran éxito en canto a participación e desenrolo da proba.

O campionato desenvolveuse entre as nove da mañá e as catro da tarde e contou coa participación de 24 cazadores que, xunto aos seus correspondentes cans, exhibiron as súas habilidades na arte cinexética divididos en grupos de oito. Cada un destes grupos competiu nun dos tres campos habilitados para a ocasión, efectuándose unha criba para seleccionar os seis finalistas.

Media_httpfarm9static_aseyc

O gañador recolle o trofeo

Destes últimos sairían os gañadores do campionato, que resultaron ser, no primeiro posto, Juan José Canosa, natural de Fisterra e que pese a contar tan só con 20 anos de idade xa demostrou unha gran oficio na práctica cinexética; en segundo lugar, Serafín Corral, de Ferrol; e ocupando o terceiro posto, o betanceiro Jorge Martín, en cuxo palmarés xa figuran campionatos nacionais e mesmo internacionais.

A organización -formada pola Sociedade de Caza e Pesca do Barbanza, coa colaboración do Concello e o patrocinio de numerosas empresas locais-, destacou o alto nivel demostrado, tanto polos competidores como polos seus cans, que realizaron o seu traballo perfectamente a pesares da intensa calor estival.

Unha vez finalizada a competición, tivo lugar a entrega de trofeos a sombra dun piñeiral en pleno monte co fin de proporcionar ao acto o escenario indicado. No evento tomou parte o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá do Concello, Víctor Reiriz. Polo que respecta aos catro cazadores ribeirenses que tomaron parte no certame, hai que dicir que tiveron unha participación discreta.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: obradoiro de gastronomía saudable para mozos e teatro "Amodiño" para vellos

Dodro_teatro_amodino

Dodro, 23 de xullo de 2012. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Dodro continúa co programa AMODIÑO.DODRO, que comezou a súa andadura en setembro do 2011, e ten como obxectivo fundamental o desenvolvemento dun programa de atención ás persoas dependentes e ás persoas coidadoras con actividades, cursos, atención domiciliaria, respiro familiar e saídas lúdicas. Nesta ocasión foron ao Teatro. Así, co título “Amodiño.Dodro Vai de Teatro...” , as persoas dependentes, con EVO, problemas de mobilidade e os seus coidadores disfrutaron onte dun día de teatro en Dodro.

A representación “Anacos de Castelao” estivo a cargo do Cadro Artístico Airiños de Rianxo, representando varias escenas da vida de Castelao e as súas obras. Esta nova actividade lúdica e de ocio para as persoas dependentes tivo moi boa acollida e unha alta participación. A obra “arrancou” as risas dos asistentes en repetidas ocasións que despediron ao grupo de teatro cunha gran ovación. Despois disfrutaron dunha merenda todos xuntos entre unha animada charla.

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade pretende con este programa facilitarlles ás persoas dependentes non só os coidados e atencións que necesitan senón tamén medrar en calidade, polo que considera unha necesidade a organización de xornadas lúdicas onde poidan relacionarse e facilitarlles a saída da rutina diaria.

"Ponlle as pilas ao teu bocata"

Dodro_bocata_grupo

Preto de 40 escolares do Concello de Dodro, de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos, participaron o pasado xoves na campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata” da Consellería do Medio Rural e do Mar que ten por obxecto dar a coñecer os valores nutritivos dos produtos do mar en conserva, así como fomentar o seu consumo dentro da dieta dos máis pequenos.

Esta actividade tivo lugar no pavillón de Deportes de Dodro e contou coa presenza das Concelleiras de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Boga, e de  Cultura, Voluntariado e Asociacionismo, Cristina Codesido.

As nenas e nenos asistentes participaron en diferentes xogos e posteriormente tiveron ocasión de elaborar e degustar a súa propia merenda con ingredientes tales como atún, sardiñas, mexillóns, etc. A experiencia desenvolveuse fundamentalmente a través dun obradoiro de carácter lúdico no que os menores recibiron información tanto das achegas enerxéticas e dos beneficios dos produtos do mar como da importancia do coidado do medio mariño e das súas especies

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: organizan "loita de gladiadores e gladiadoras" nun bar da vila

Loita_acutica_-_nif_nif




https://twitter.com/LauraSanlees/status/226997387812540416

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: Isaac Maceiras segue intentando asfixiar á oposición omitindo mocións nos plenos ordinarios

A Pobra do Caramiñal, 23 de xullo de 2012. Segundo denuncia a concelleira socialista Teresa García Guillán, "unha vez máis o Alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, intenta silenciar ao grupo mixto, non incluíndo para o vindeiro Pleno ordinario dúas mocións que foron presentadas en tempo e forma, cumprindo co prazo de dez días tal e como dispón o Regulamento Municipal. O devandito Regulamento esixe que as mocións que non se incluían na orde do día do pleno ordinario, deberán ser excluídas por medio de resposta razoada por parte da Alcaldía, que se comunicará ao concelleiro que as presentou no momento de entregarlle a convocatoria do Pleno". A edil do Psoe pobrense denuncia que a convocatoria "non vén acompañada de ningún escrito razoado".


Isaac Maceiras: cumio do cinismo e fraude democrático


"Este comportamento e censura  é o cumio do cinismo, cun comportamento irresponsable e con ceguera democrática, intentando amedrentarme ou mostrar un poder fascista cara á miña persoa. Ten medo debater a afección dos recortes que o goberno do PP está a facer á cidadanía? Ou sobre a Lei do aborto que queren reformar de maneira moito máis restritiva que a lei de 1985 que era unha lei de liberdades, non de obrigas? En definitiva, Isaac Maceiras é un antisistema, que vai contra o ordenamento xurídico, contra o pluralismo político, contra a liberdade, contra a igualdade, facendo FRAUDE DEMOCRÁTICO".





solicitude inclusión mocións pleno.docx Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: os veciños de carreira organizan unha excursión a Vigo o domingo 29

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical