A Pobra, 23 de xullo de 2012. O BNG da Pobra do Caramiñal vén de presentar no Concello un escrito esixindo unha explicación ao feito de que o goberno municipal do PP mandara uns operarios, onte domingo pola mañá, a retirar unha pancarta que o BNG colocou o venres pola tarde na ponte da Crocha na que poñía "LIMPEZA DO RÍO XA". "Solicitamos ao alcalde que nos indique que norma municipal incumprimos ao colocar a pancarta e por que ninguén se puxo en contacto co BNG para dicir que debiamos retirala (por certo, non sabemos quen a ten nin onde está). Preguntámonos se un goberno municipal pode apropiarse de bens que non son públicos (a pancarta é do BNG) e se esta actitude pouco democrática e de prepotencia é a que habitualmente manteñen con todas as pancartas que se colocan nos distintos lugares do concello.
Escrito presentado:Comentario no Facebook do Bng de A Pobra:Xose Manuel Casal Sabin Pouco durou a pancarta....Para limpar o río non hai temo nin xente, pero para retirar a pancarta mandaron a brigada municipal un domingo....
Escrito presentado:Comentario no Facebook do Bng de A Pobra:Xose Manuel Casal Sabin Pouco durou a pancarta....Para limpar o río non hai temo nin xente, pero para retirar a pancarta mandaron a brigada municipal un domingo....
A Pobra do Caramiñal: posto 938 entre os mil concellos que máis deben en toda España (hai máis de 8.000 concellos). Con 2.589.000 euros
— Certo (@Certo) July 23, 2012
A Pobra: organizan "loita de gladiadores e gladiadoras" nun bar da vila post.ly/8Rvmc
— Certo (@Certo) July 23, 2012
A Pobra: Isaac Maceiras segue intentando asfixiar á oposición omitindo mocións nos plenos ordinarios post.ly/8Rvc9
— Certo (@Certo) July 23, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario