- "A ninguén se lle pasa pola cabeza hoxendía que cando empezaron a aflorar os restos do castro de Baroña se taparan para construir enriba unha urbanización, un cámping ou unha estación de esquí acuático", argumentan no seu comunicado.
Noia, 3 de setembro de 2011. A asociación cultural "Terra de Outes" vén de pronunciarse sobre os recentes achádegos no poboado de Espiñeira ou Taramancos Vello, na parroquia noiesa de Boa, que corren perigo ao ir situado ao seu carón o viaducto e ponte da variante de Noia. Como é xa tradición en Certo, publicamos o comunicado íntegro:
"Terra de Outes cre que de proseguir coas obras de Taramancos tal como están trazadas se consumará un gravísimo atentado contra o patrimonio histórico galego e, en particular, da comarca Muros-Noia, e por conseguinte as consecuencias serán nefastas para un territorio, no que se inclúe o noso concello, que ten no turismo cultural unha importantísima fonte de ingresos.
Todo achado arqueolóxico debe ser preservado. A ninguén se lle pasa pola cabeza hoxendía que cando empezaron a aflorar os restos do castro de Baroña se taparan para construir enriba unha urbanización, un camping ou unha estación de esquí acuático, ou que se arrasara o dolmen de Axeitos para facer unha estrada máis ampla de Ribeira a Corrubedo e os bañistas chegaran antes á praia, ou as mesmas dunas para ampliar o parking. por razóns de comodidade as propias murallas de Lugo estarían xa derrubadas.
Os gobernantes deben pensar non só en función das constructoras e a opinión pública debe empeñarse en que os representantes da nación non se aparten do cometido para o que foron elexidos".Relacionadas:
- Arqueoloxía: Capítulo 0 adícalle unha entrada a Taramancos Vello
Arqueoloxía: piden á Xunta modificar a variante para conservar o de Taramancos
Pode que lle interese:
Ponte da Chaínza: están a destapala. Dous metros de altura no arco!
Memoria histórica: quen era Luis Barrena?
Xardín da memoria: onde asasinaron a Barrena
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia