6.2.13
Ribeira: máis de 160 anotados nos 12 cursos de informática de catro parroquias
- Supón que se cubren case todas as prazas de cada curso ofertado
Ribeira, 6 de febreiro de 2013.- No transcurso desta semana están a dar comezo os cursos de informática ata o mes de abril no municipio.
En total son máis de 160 os veciños e veciñas apuntados nestas accións formativas que comprenden 12 grupos diferentes distribuídos en catro parroquias: Aguiño, Carreira, Palmeira e Ribeira.
Hai tres especialidades (Alfabetización Dixital, DNI Electrónico e Certificados Dixitais, e Retoque Fotográfico). Os cursos son gratuítos e prolongaranse ata o 11 de abril.
A Concellería de Enerxía e Novas Tecnoloxías, que dirixe Emilio Pérez Outeiral, expresou a súa satisfacción pola grande aceptación que ten esta iniciativa, xa que na práctica maioría dos cursos ofertados cubríronse as prazas a disposición (14 por aula).
- Ribeira: programa total do Entroido
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Lousame: a Deputación financia o novo campo de fútbol con 140.000 euros
- Namentres o vicepresidente Alfonso Rueda e o presidente da Deputación, Diego Calvo, van predicando a discriminación positiva para concellos que se fusionen, a fusión de Lousame con Noia está a ser un asunto tabú
O campo de fútbol está situado nun terreo municipal xunto ao CIP de Cernadas de Castro. As actuacións programadas inclúen a dotación de herba artificial ao longo dos 100 metros de largo por 50 de ancho que ten o campo. Ademais, realizarase a marcaxe do campo de fútbol 11, así como os sinais de dous campos de fútbol 7 transversais. Tamén colocarase unha varanda perimetral.
Villaverde destacou que a situación escollida para o campo permite que os alumnos do CEIP Cernadas de Castro e das escolas deportivas poidan acceder ás novas instalacións sen precisar traslados. Son usuarios potenciais os máis de 450 alumnos do centros de educación, os 100 alumnos de escolas deportivas e os xogadores dos tres equipos federados do concello, o Lousame Veteranos, o Lesende e o Cruído e as categorías inferiores das escolas de fútbol xuvenís.
Pola súa banda, o presidente provincial lembrou que esta obra foi solicitada pola alcaldesa de Lousame coma “unha prioridade para o seu concello”, e confirmou que “o máis probable é que as novas instalacións xa poidan usarse a próxima tempada”.
Antes, en Certo:
Perigo: o Bng advirte das obras do campo de fútbol do Cruído
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia