15.7.11

Rianxo: programación do verán cultural 2011

Media_httpfarm7static_gcpcf

Media_httpfarm7static_azvde

Media_httpfarm7static_mfwdf

As diversas actividades están organizadas polo Concello de Rianxo en colaboración con entidades culturais rianxeiras e con organismos públicos e privados.

Relacionadas:


Festival Antrospinos cap 4: xa hai cartel e programa



Actividades deportivas no verán: toda a programación


Curso de saxo: do 16 ao 18 de agosto

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: presentada a nova promoción de policía infantil

Ribeira, 15 de xullo de 2011.- Un total de 24 nenos (7 rapaces e 17 rapazas) integran a 16ª promoción da Policía Infantil de Ribeira, que foi presentada hoxe no Salón de Plenos da Casa Consistorial nun acto que estivo presidido polo alcalde, Manuel Ruiz Rivas, acompañado da concelleira de Cultura, Elvira Pisos Arnoso, e o concelleiro de Seguridade e Mobilidade Cidadá, Víctor Reiriz Lampón, así como polo coordinador da patrulla, o oficial da Policía Local José Andrés Alonso Paz. 

Procesións

Estes rapaces entrarán en servizo mañá sábado con motivo das procesións que terán lugar en honor á Virxe do Carme e proseguirán o seu labor ata o 31 de agosto. Entre as funcións da Policía Infantil figuran orientar e facilitar información aos visitantes sobre a cidade, desfilar en distintos actos como festas e procesións e detectar posibles deficiencias no estado das rúas. 

Anteriormente, estes policías infantís estiveron a recibir nos seus correspondentes centros educativos unha formación específica sobre o seu incipiente labor (memorización do rueiro de Santa Uxía; localización das farmacias, bancos e praias, a…) e tiveron que superar un exame. A súa sede está centralizada no CEIP O Grupo. 

Catro nenas novas

Manuel Ruiz Rivas entregou as correspondentes credenciais ás catro nenas que se incorporan á patrulla nesta promoción: María Maceiras Pérez, Lara Santos Luengo, Ana Dios Pereira e Marifé Salazar Jiménez. 

Os pequenos que repiten con respecto a anos anteriores son: Lucía Maggio Folgar, Cristina Regueiro Hermo, Angel Fiel Cabadas, Cecilia Sosa Álvarez, Lara Martínez Martínez, Ana Mayán Blanco, Jenni Tesón Pérez, Janire Suárez Rodríguez, Luis Suárez Rodríguez, Yara Fernández Villaverde, África González Martínez, Nerea Flores Quintans, Suliman Chhain, Yarinet Álravez Zapata, María Elena Hermida Zapata, Alejandro Álvarez Vidal, Anxo Pena Blanco, Sharon Pérez Gago, José María Maneiro Hermo e Erika Regueira Hermo. 

Ademais, dous antigos membros exercerán este ano de monitores: Luis Miranda Vidal e Lucía Gómez Pazos. 

Labor altruísta

O alcalde salientou durante a súa intervención os valores cívicos que transmiten os membros deste pequeno corpo de policía. “Estamos en tempo de facer cousas polo teu concello, e un labor altruísta e desinteresado como este merece o recoñecemento de todos nós”, afirmou.  

Así mesmo Ruiz Rivas felicitou tanto aos nenos como ás familias “por ser quen de infundir estes valores aos seus fillos”, e tamén tivo palabras de agradecemento ao oficial José Andrés Alonso e ao seu antecesor nesta función coordinadora, Ángel Moreiras.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o alcalde socialista segue co mesmo soldo da lexislatura anterior e será o que menos cobra da zona

Noia, 15 de xullo de 2011. Este xoves pasado, 14 de xullo, tivo lugar un pleno extraordinario no Concello de Noia no que se aprobaron dúas dedicacións exclusivas (alcalde, Rafael García Guerrero, con 28.000 euros brutos e concelleira de Medio Ambiente, Rural e Mariño e Participación Cidadá, Marisol Villar, con 25.600 brutos) e unha parcial de 25 horas pola que o concelleiro de Cultura, Javier Rodríguez, percibirá 14.354 euros brutos ao ano.

Os integrantes da corporación con dedicacións exclusivas ou parciais non poden cobrar por outros conceptos do concello, aínda que se incrementaron as comisións de coordinación -hai dúas ao mes-, que pasan dos 150 euros da lexislatura anterior aos 250. Tamén se aprobaron dous cargos eventuais de libre designación que exercerán como secretarios do grupo de goberno.

Hora e día dos plenos:

A hora dos plenos ordinarios quedou fixado para as oito e media do último venres de cada mes, como ata agora.

Comparativa de soldos: o alcalde de Noia -15.000 habitantes- cobrará o mesmo que a tenente de alcalde de Dodro -3.000 habitantes-

O alcalde de Noia deixou conxelado o seu soldo, co que seguirá a cobrar 1.500 euros e pico líquidos ao mes. Na pasada lexislatura colgara a súa nómina no seu blog, que aínda se pode ver aquí. Deste xeito, convírtese no alcalde da zona que menos percibe polo seu traballo en dedicación exclusiva.

En Rianxo, Adolfo Muíños (Bng) cobrará 41.000 euros brutos e o tenente de alcalde, Carlos Gey (Psoe), 36.900 euros brutos ao ano. En Ribeira, Manuel Ruiz (PP, o partido da austeridade, segundo Feijóo) cobrará 56.000 euros brutos. En Boiro, Juan José Dieste -outro austero do PP- cobrará 55.876 euros brutos. En Porto do Son, alcalde -PP- e tenente alcalde -Independente- cobrarán cada un 35.000 euros brutos. A mesma cantidade que a alcaldesa socialista de Muros, Caridade González, pero que se adicará só parcialmente á alcaldía e deixa en mans de Bartolomé Freire unha dedicación exclusiva de 25.200 euros. En Lousame, que non chega a 4.000 habitantes -Noia anda arredor dos 15.000-, o austero alcalde do PP cobrará 35.700 euros ao ano. Ao pé, en Dodro, será a tenente de alcalde austera do PP, Marisol Boga, quen exercerá a dedicación exclusiva con 28.000 euros brutos, o soldo máis alto dun político na historia deste pequeno municipio que apenas sobrepasa os 3.000 habitantes.

E mentres, o Instituto Nacional de Estatística acaba de informarnos de que o salario medio dos españois é de 21.500 euros brutos ao ano. A pregunta que sempre nos facemos neste xornal é: como van representarnos persoas que cobran de media dúas ou mesmo tres veces máis que alguén con traballo? Que faría un dos nosos políticos co subsidio dun parado, dos que aínda o perciben -5.000 euros brutos ao ano- ou dunha xubilada con pensión non contributiva -4.866 euros ao ano-?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: programación da "Fiestra da Cultura 2011"

Noia: o Grupo AguaFuerte, de Valladolid, expón na casa de cultura ata o 31 de xullo

Media_httpwwwgrupoagu_btzob

Noia, 15 de xullo de 2011. A partires de hoxe, ás 21:00 horas, en que terá lugar a inauguración, poderase ver na casa da cultura noiesa a mostra de gravados do Grupo Aguafuerte de Valladolid. Estará colgada ata o 31 de xullo, en horario de 8:30 a 14:15.
Media_httpwwwgrupoagu_wlmkw

O Grupo Aguafuerte, constituído en Valladolid no ano 2000, pretende que a paixón que suscita entre a maioría dos artistas actuais o gravado se traslade agora ao gran público. Traballan para espertar e potenciar todas as volicións estéticas, sempre nun irrenunciable ambiente de superación, esixencia e de procura da plenitude artística.

Aínda que o Grupo Aguafuerte se orixinou na “Escuela de Grabado Calcográfico” da capital de Valladolid, os seus compoñentes proceden de moi diversos ámbitos creativos, co que se enriquece de xeito salientable o campo da súa actividade artística.

Compoñentes:

Carmen Andrés

Domingo Sangrador

Luis Ángel Herrán

Mercedes Vecino

Mónica Aguado

Rufa Fernández


Máis información na súa web, en http://www.grupoaguafuerte.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: propoñen localización concreta na ría de Muros-Noia para que MeteoGalicia informe do tempo aos visitantes


Ría de Muros e Noia dende o mirador e repetidor de Culou, en Lousame

Noia, 15 de xullo de 2011. Os deputados socialistas Lage Tuñas e Fernández Leiceaga presentaron unha proposición non de lei para pedirlle á Xunta “mellorar a información meteorolóxica sobre a ría de Noia e Muros”.

O Psoe busca “evitar que os posibles visitantes desta zona vaian a cegas, e só coa información xeral existente para outras zonas do territorio”. José Manuel Lage e Xoaquín Fernández Leiceaga piden que “dentro da información por localidades ofrecida por Meteogalicia, se incorpore unha localización correspondente á ría de Muros-Noia”.

”Trátase de conseguir que haxa máis e mellor información sobre as poboacións que se asentan sobre a ría de Noia e Muros, e cremos que Meteogalicia debe incorporar unha localización concreta para nutrir de información aos posibles visitantes da zona”, argumentan os parlamentarios socialistas.

Na actualidade, na web de MeteoGalicia só hai información sobre A Coruña, Cuntis, Ferrol, Fisterra, Lalín, Lugo, Monforte, O Barco, Ortigueira, Ourense, Pedrafita, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Verín, Vigo, Vilagarcía e Viveiro. Precisamente este mes está de actualidade o servizo meteorolóxico da Xunta porque foron despedidos cinco traballadores o pasado mes de xuño e están a loitar pola súa readmisión. 


Lage_tuas-fdez_leiceaga-xuo_20

18 PNC distribucion estacions meteogalicia 120711 LAGE-XOCAS 67177-asinado.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Psoe conmina ao goberno a que adecente Aldea Vella e as piscinas do río Pedras

Relacionada:


1ª moción do Psoe nesta lexislatura 2011-2015: A Corna precisa de limpeza


Moción acondicionamento piscinas.docx Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: festa infantil, este sábado 16, de sete a nove do serán

  • Haberá inchables e obradoiros de reciclaxe, na praza de España
  • É un cebo dunha empresa gasística para captar clientes entre os pais

Ribeira, 15 de xullo de 2011. Unha empresa gasística organiza este sábado, 16 de xullo, unha festa infantil de acceso libre, que terá lugar entre as sete e as nove do serán na praza de España. As nenas e nenos participantes recibirán merenda e material escolar. Namentres, nun stand, a empresa informará aos pais das criaturas sobre as supostas vantaxes do emprego do gas natural, que está en réxime de oligopolio neste país.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical