15.7.11

Noia: propoñen localización concreta na ría de Muros-Noia para que MeteoGalicia informe do tempo aos visitantes


Ría de Muros e Noia dende o mirador e repetidor de Culou, en Lousame

Noia, 15 de xullo de 2011. Os deputados socialistas Lage Tuñas e Fernández Leiceaga presentaron unha proposición non de lei para pedirlle á Xunta “mellorar a información meteorolóxica sobre a ría de Noia e Muros”.

O Psoe busca “evitar que os posibles visitantes desta zona vaian a cegas, e só coa información xeral existente para outras zonas do territorio”. José Manuel Lage e Xoaquín Fernández Leiceaga piden que “dentro da información por localidades ofrecida por Meteogalicia, se incorpore unha localización correspondente á ría de Muros-Noia”.

”Trátase de conseguir que haxa máis e mellor información sobre as poboacións que se asentan sobre a ría de Noia e Muros, e cremos que Meteogalicia debe incorporar unha localización concreta para nutrir de información aos posibles visitantes da zona”, argumentan os parlamentarios socialistas.

Na actualidade, na web de MeteoGalicia só hai información sobre A Coruña, Cuntis, Ferrol, Fisterra, Lalín, Lugo, Monforte, O Barco, Ortigueira, Ourense, Pedrafita, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Verín, Vigo, Vilagarcía e Viveiro. Precisamente este mes está de actualidade o servizo meteorolóxico da Xunta porque foron despedidos cinco traballadores o pasado mes de xuño e están a loitar pola súa readmisión. 


Lage_tuas-fdez_leiceaga-xuo_20

18 PNC distribucion estacions meteogalicia 120711 LAGE-XOCAS 67177-asinado.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical