A Pobra do Caramiñal, 3 de agosto de 2010.- Logo das declaracións que o alcalde de A Pobra, o popular Isaac Maceiras,
fixo onte sobre o Plan de Ordenación do Litoral, nas que acusaba á oposición de enganar aos veciños e lles esixía pedir disculpas, a reacción dos socialistas non se fixo agardar. Transcribímoslles íntegra a súa nota de prensa:
"Temos que recordarlle ó equipo de goberno, liderado polo Sr. Isaac Maceiras, que xamais enganamos aos veciños, que lle expuxemos a realidade da documentación que a Xunta do Sr. Feijoo enviara ó Concello, e que debido a nosa presenza nos medios de comunicación, os obrigamos a xestionar minimamente os intereses dos veciños.
Non se esqueza ese equipo de goberno que o Partido Socialista da Pobra, antes que ninguén, lle solicitou unha reunión con técnicos e con todos os grupos políticos da Corporación para analizar e clarificar os niveis e áreas de afección. Non se atendeu a nosa solicitude, nin se nos dou resposta algunha, cando nós pensabamos que unha resposta unánime de toda a Corporación era a mellor defensa.
A continuación, o Sr. Isaac trouxo ó redactor do PXOM para que sen coñecernos de nada nos puidera insultar publicamente. Naquel entón xa habíamos contratado un estudio de arquitectura que nos asesoraba permanentemente. Xamais mentimos, nin contaminamos nada, pero conseguimos que debido a intranquilidade dos veciños, o PP da Pobra se movera un pouco.
Posteriormente fixeron unha pequena alegación na que en dúas follas se dedican a poñer recortes de prensa e incluso a nosa revista informativa “forte e claro”. Chócanos que aparece un recorte de prensa do día 20 de abril pero non aparece o recorte do día 21 que textualmente dicía: “EL PSOE PIDE QUE EL PXOM DE A POBRA PREVALEZCA SOBRE EL PLAN DO LITORAL”, xa que fomos os socialistas a través dos deputados autonómicos Mar Barcón e Lage Tuñas os que tomamos a iniciativa nese sentido e a vez lle dou a idea a este equipo de goberno esgotado.
Por certo que a alegación ao POL do goberno da Pobra é de maio de 2010, carece de rexistro de entrada é de día de presentación. Tanto se debandaron os miolos que o SOLICITA desa alegación non é máis que o titular de prensa cas demandas dos socialistas en abril. Se reduce (textual): “ Que el Plan de Ordenación del Litoral incorpore las propuestas del Plan General de Ordenación Municipal de A Pobra do Caramiñal”.
Este goberno municipal nada fixo polos veciños foi a remolque e copiando as boas iniciativas dos socialistas. Si o aportado foi para que non nos afectara o POL, benvido sexa, aínda que para ser inofensivo o POL levoulle os técnicos meses resolver as afeccións que si había.
Mencionan o noso voto en contra ao PXOM, é certo, e tampouco nos arrepentimos de nada. Según eles con ese gran Plan Xeral, feito a súa medida, iamos a crecer, a aumentar a poboación e o que se está demostrando é que co Sr. Isaac vamos a desaparecer como Concello, cada día se instala menos xente no noso pobo, esa xestión lévanos a ser case un pobo fantasma durante 10 meses, onde este goberno tivo moito interese en que se construíran segundas vivendas para xente foránea.
A carencia de ideas a falta de motivación deste goberno, o esgotamento, estanos levando a deriva, sen rumbo. O cumio do despropósito é que se atreva a pedir a nosa dimisión a persoa máis irrespectuosa, a que máis insulta, na boca desta persoa esas palabras o descalifican automaticamente, carece de valor todo o que este Sr. diga.
O concello non é o “cortijo” de ningún político local, e na Pobra este goberno do PP o único que fai é “da capa un saio” como di o refraneiro. Dedíquense a buscar o beneficio común que para iso cobran. O PSOE da Pobra ten o rumbo ben marcado".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia