9.11.11

Outes: o magosto no Freixo é este venres 11 de novembro, baixo carpa

Image

Outes, 9 de novembro de 2011. Este venres día 11 de novembro a partir dás 22:00 celébrase o Magosto do Freixo. O lugar elixido será o campo de fútbol de Mosteiro.

PROGRAMACIÓN:

22:00 Castañas asadas con música propia do magosto (?).

1:00 Actuación da discoteca móbil “La Gramola”.

"Esperamos que acuda o maior número de xente, e por se chove temos carpa. A festa está asegurada", aseguran dende a organización.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Concello aclara que o Stand non vai ir para Lousame, para acalar a rumoroloxía

Sofa_caamao_lado

Noia, 9 de novembro de 2011. "O Concello de Noia tén vocación de ser cabeza de comarca no que atinxe á promoción e uso de distintos servizos comarcais. Por tanto, respecto ao rumor que correu meses atrás sobre o traslado das dependencias do STAND a Lousame, temos que aclarar que do que se estaba a falar era das dependencias da Asociación de Pais do STAND, nunca das dependencias do propio Servizo do STAND, que está moi firme e seguro en Noia. Ainda así, a Asociación de Pais do STAND está en conversas co Concello de Noia para poder ampliar as súas instalacións", explicou hoxe en nota de prensa a concelleira de Servizos Sociais, a nacionalista Sofía Caamaño Lado.

Que é o STAND?

O Servizo de Tratamentos a Nenos con Discapacidades (STAND), créase no ano 1990, por decisión política do goberno municipal do BNG, tendo continuidade até a actualidade pola vontade dos gobernos municipais posteriores. É un Servizo social comunitario específico (atención a nenos con discapacidade ou risco de padecela e ás suas familias), de carácter público e gratuíto. Realízase atención temperá (0 a 6 anos) e atención á discapacidade infantil (6 a 14 anos). O ámbito de atención abranxe, ademais do Concello de Noia, os de Outes, Lousame, Muros e Porto do Son. Desde o seu comezo, o finanzamento do Servizo corre a cargo do Concello de Noia (162.824,14€ anuais), recebindo anualmente subvención da Xunta de Galicia dentro do Plan Concertado (31.000€) e nalgunha ocasión unha pequena achega da Deputación Provincial. Se excluímos ao de Noia, o resto dos concellos da comarca aportan 0 € a este servizo.  

A Asociación de Pais do STAND é unha entidade privada sen ánimo de lucro constituída no ano 1993 por familias de nenos con discapacidades que xa acudían ao STAND. A súa creación foi promovida polos propios pais, co estímulo das profesionais do Servizo municipal, co fin de complementar o labor que se estaba a facer desde o mesmo. O ámbito de atención esténdese á comarca de Muros-Noia. 

O STAND e a Asociación de Pais do STAND, son dúas entidades independentes, tanto a nivel organizativo como económico e funcional, que comparten local (parte do local está cedido polo Concello á Asociación) e parte dos recursos materiais. O ámbito de atención é similar. 

Pode que tamén lle interese:


Recital poético-musical: o venres 11 de novembro


San Martiño: o 11 de novembro, patrono, co bispo de Compostela


Congreso Educación Saúde: o 12 e 13 de novembro. Menciñas non convencionais



Liceo: sábado 12, magosto e domingo 13, Ghazafelhos

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: está en marcha o programa "Xuntos polo Nadal", cuxo prazo de inscrición remata o 30 de novembro

Ribeira, 9 de novembro de 2011. A Concellería de Servizos Sociais e Promoción Social informa da posta en marcha pola Concellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia dunha nova edición do Programa “Xuntos polo Nadal”, dirixido a que as persoas maiores con escasos recursos económicos e que se atopen soas poidan pasar en compañía os días de Nadal.

O programa é totalmente gratuíto e terá lugar dende o 23 de decembro de 2011 ata o 1 de xaneiro de 2012, co aloxamento na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), onde poderán tomar parte das distintas actividades socioculturais que se organizarán ao efecto.

Todas aquelas persoas maiores deste concello, que se atopen soas nestas datas e que cumpran os requisitos para participar neste programa, poden presentar a súa solicitude no departamento de Servizos Sociais sito na praza 8 de marzo (edificio Miradoiro de Padín). O prazo de inscrición remata o 30 de novembro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: supervisan e dan o visto bo ás instalacións deportivas da cidade dende a Deputación

Deportes_deputacin_2

  • Van amañar os servizos da rúa Cervantes, en obras xa adxudicadas, informou tamén hoxe o Concello
Ribeira, 9 de novembro de 2011. A Deputación de A Coruña está supervisando estes días as instalacións deportivas localizadas nos concellos da provincia e, dentro desta liña de actuación, o técnico da devandita institución Pablo Prieto tivo oportunidade de acudir a Ribeira e departir na Casa Consistorial co concelleiro Juan Luis Martínez e distintos técnicos locais, como Miguel Ruiz, acerca da política municipal en materia deportiva.  

Ademais, o traballador da Deputación visitou distintos campos de fútbol e escolas deportivas, así como o complexo de A Fieiteira para comprobar in situ o funcionamento das instalacións e detectar posibles necesidades de mellora. A valoración do estado das mesmas e da política deportiva municipal foi positiva.

Rúa Cervantes, pavimento en pedra


foto

O anuncio do arranxo de Cervantes xa o fixeramos en  certo.posterous.com/ribeira-amanaran-a-rua-cervantes-e-pa...

O Concello tamén anunciou hoxe que vén de adxudicar unha actuación para renovar os servizos de abastecemento de auga potable, saneamento e pluviais na rúa Cervantes e o seu entorno, no vello barrio de Bandourrío. 

A empresa Construcciones Jenaro Cadaval, S.L,. será a encargada de realizar a obra, por un prezo final de 168.120,16 euros. O prazo de execución da actuación é de 3 meses. 

En canto aos detalles da actuación, no que se refire ao abastecemento de auga, hanse suplantar as tubaxes existentes por outras de polietileno de alta densidade tanto na rúa Cervantes como nunha vía adxacente. 

Polo que respecta ao saneamento de residuos fecais, se colocará un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro nas rúas adxacentes á Cervantes e nesta última  instalarase un tubaxe tamén de PVC pero de 400 milímetros. 

En canto ao saneamento de pluviais, se disporá un colector de PVC de 400 milímetros de diámetro que conducirá o auga ata a rede existente na rúa Manzanares. Nas rúas adxacentes instalarase un colector de 315 milímetros. 

Pavimentación

Ademais, a zona de actuación será obxecto dunha nova pavimentación combinando adoquín de granito con lousas de granito abuxardado cunhas dimensións de 60 x 40 x 8 centímetros, proporcionando un acabado de pedra acorde cunha vía que está situada nun dos barrios primixenios de Ribeira.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este sábado 12 de novembro, charla do piragüista David Cal no auditorio ás seis da tarde

Media_httpdavidcalcom_suuzh

Imaxe que encabeza a páxina web oficial do deportista

Rianxo, 9 de novembro de 2011. O auditorio de Rianxo acollerá o vindeiro sábado, 12 de novembro, ás 18 h. unha charla-coloquio protagonizada polo piragüista David Cal, disque "mellor deportista galego de tódolos tempos", segundo o servizo de Deportes de Rianxo (Gómez Noya non lles debe sonar), que estará acompañado do seu adestrador Suso Morlán.

Os asistentes terán a oportunidade de escoitar en primeira persoa a traxectoria dun deportista olímpico ao tempo que poderán formular cuestións relativas á súa formación e actividade deportiva.

Esta actividade, organizada polo Club Piragüismo Rianxo, coa participación e patrocinio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Rianxo, vai dirixida a tódolos afeccionados ao piragüismo e ao deporte en xeral.

As entradas poderán recollerse na sede do club de Piragüismo ao longo de toda a semana.

Máis información sobre David Cal, na súa web

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical