9.11.11

Ribeira: está en marcha o programa "Xuntos polo Nadal", cuxo prazo de inscrición remata o 30 de novembro

Ribeira, 9 de novembro de 2011. A Concellería de Servizos Sociais e Promoción Social informa da posta en marcha pola Concellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia dunha nova edición do Programa “Xuntos polo Nadal”, dirixido a que as persoas maiores con escasos recursos económicos e que se atopen soas poidan pasar en compañía os días de Nadal.

O programa é totalmente gratuíto e terá lugar dende o 23 de decembro de 2011 ata o 1 de xaneiro de 2012, co aloxamento na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), onde poderán tomar parte das distintas actividades socioculturais que se organizarán ao efecto.

Todas aquelas persoas maiores deste concello, que se atopen soas nestas datas e que cumpran os requisitos para participar neste programa, poden presentar a súa solicitude no departamento de Servizos Sociais sito na praza 8 de marzo (edificio Miradoiro de Padín). O prazo de inscrición remata o 30 de novembro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical