- Van amañar os servizos da rúa Cervantes, en obras xa adxudicadas, informou tamén hoxe o Concello
Ademais, o traballador da Deputación visitou distintos campos de fútbol e escolas deportivas, así como o complexo de A Fieiteira para comprobar in situ o funcionamento das instalacións e detectar posibles necesidades de mellora. A valoración do estado das mesmas e da política deportiva municipal foi positiva.
Rúa Cervantes, pavimento en pedra
O anuncio do arranxo de Cervantes xa o fixeramos en certo.posterous.com/ribeira-amanaran-a-rua-cervantes-e-pa...
A empresa Construcciones Jenaro Cadaval, S.L,. será a encargada de realizar a obra, por un prezo final de 168.120,16 euros. O prazo de execución da actuación é de 3 meses.
En canto aos detalles da actuación, no que se refire ao abastecemento de auga, hanse suplantar as tubaxes existentes por outras de polietileno de alta densidade tanto na rúa Cervantes como nunha vía adxacente.
Polo que respecta ao saneamento de residuos fecais, se colocará un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro nas rúas adxacentes á Cervantes e nesta última instalarase un tubaxe tamén de PVC pero de 400 milímetros.
En canto ao saneamento de pluviais, se disporá un colector de PVC de 400 milímetros de diámetro que conducirá o auga ata a rede existente na rúa Manzanares. Nas rúas adxacentes instalarase un colector de 315 milímetros.
Pavimentación
Ademais, a zona de actuación será obxecto dunha nova pavimentación combinando adoquín de granito con lousas de granito abuxardado cunhas dimensións de 60 x 40 x 8 centímetros, proporcionando un acabado de pedra acorde cunha vía que está situada nun dos barrios primixenios de Ribeira.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario