9.11.11

Rianxo: este sábado 12 de novembro, charla do piragüista David Cal no auditorio ás seis da tarde

Media_httpdavidcalcom_suuzh

Imaxe que encabeza a páxina web oficial do deportista

Rianxo, 9 de novembro de 2011. O auditorio de Rianxo acollerá o vindeiro sábado, 12 de novembro, ás 18 h. unha charla-coloquio protagonizada polo piragüista David Cal, disque "mellor deportista galego de tódolos tempos", segundo o servizo de Deportes de Rianxo (Gómez Noya non lles debe sonar), que estará acompañado do seu adestrador Suso Morlán.

Os asistentes terán a oportunidade de escoitar en primeira persoa a traxectoria dun deportista olímpico ao tempo que poderán formular cuestións relativas á súa formación e actividade deportiva.

Esta actividade, organizada polo Club Piragüismo Rianxo, coa participación e patrocinio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Rianxo, vai dirixida a tódolos afeccionados ao piragüismo e ao deporte en xeral.

As entradas poderán recollerse na sede do club de Piragüismo ao longo de toda a semana.

Máis información sobre David Cal, na súa web

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical