31.7.12

Boiro: presentado o libro "Luces sobre a casa de Goiáns no Antigo Réxime", sobre a historia do Pazo Goiáns

  • A obra, promovida pola consellería de Cultura, afonda na traxectoria histórica do pazo máis influinte da comarca do Barbanza durante o Antigo Réxime
  • Asistiu o conselleiro, Vázquez Abad, quen reivindicou a herdanza histórica do Pazo de Goiáns na construción dunha identidade artística galega
  • Ao rematar a presentación, os asistentes percorreron o pazo acompañados polo autor do libro, Xosé Manuel Vázquez Lijó
Media_httpfarm4static_boxjj

O pazo, que xa é de todos os boirenses, segue no desleixo

Boiro, 31 de xullo de 2012.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou onte o libro "Luces sobre a casa de Goiáns no Antigo Réxime", unha obra na que o historiador Xosé Manuel Vázquez Lijó, ‘Queté’, afonda na traxectoria histórica dun pazo de gran poder e influencia na comarca do Barbanza durante esta época, da que proceden relevantes persoeiros da historia de Galicia.

Durante a súa intervención, Vázquez Abad reivindicou a herdanza histórica do Pazo de Goiáns na construción dunha identidade artística galega, en especial de “aquela que reflicte o ánimo construtivo e renovador que puxo os alicerces para que Galicia, con personalidade de seu, collese o ritmo da historia e tomase protagonismo na mesma con nome propio”.

Na presentación, que tivo lugar no salón de actos do centro social de Boiro, tamén estiveron presentes o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a concelleira de Cultura, Patrimonio e Comercio, Elena Teixeira; e o propio autor da monografía. Ao remate desta presentación, os asistentes tiveron a oportunidade de facer un percorrido polo Pazo de Goiáns, guiados polo escritor Vázquez Lijó.

Media_httpfarm6static_fdfag

A herdanza histórica do Pazo de Goiáns
Ademais do relativo ao patrimonio histórico-artístico, o conselleiro destacou a influencia desta institución na aparición de “grandes figuras das artes que levan a súa obra por todo o mundo e de profesionais dedicados a multitude de actividades cunha forte base creativa”, que se viron animadas por toda unha serie de “materializacións concretas, como as do Pazo de Goiáns, para asentarse definitivamente como parte de nós”.

Para rematar, fixo referencia ás palabras que Vázquez Lijó recolle na introdución desta monografía, nas que o autor afirma que “se en brillo arquitectónico Goiáns non pode rivalizar con outros pazos, non é menos certo que os edificios, espazos e paisaxes que contén nun marco físico privilexiado, a carón da ría de Arousa, é moi elevado e xustifica sobradamente a súa consideración de Ben de Interese Cultural”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: curso de animación para grupos os sábados ata setembro

CARTEL.pdf Download this file


Dodro, 31 de xullo de 2012. A Concellería de Cultura, Voluntariado e Asociacionismo organiza a través da Omix de Dodro un "Curso de Animación de Grupos" para mozos/zas entre 16 e 35 anos.

Será gratuito e con prazas limitadas. Realizarase os sábados do 11 de agosto ao 1 de setembro de 10h a 13,30h. Todos aqueles que estean interesados poderán inscribirse na Omix de Dodro ata o 9 de agosto en horario de 9h a 14h ou ben no teléfono 981802472

 



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Industria: o Psoe pide de novo o desbloqueo para construír o macropolígono de Barbanza

84794-PNP Execución urxente parque empresarial do Barbanza.pdf Download this file

  • O deputado socialista José Manuel Lage pedirá no parlamento de Galicia o desbloqueo do proxecto para aumentar o solo industrial no Barbanza e denuncia que o goberno Feijóo ten paralizado dende hai máis de tres anos este macropolígono

Media_httpfarm4static_hfcil

O macropolígono solucionaría o esgotamento de A Tomada, da Pobra (na imaxe) e Xarás, de Ribeira

Barbanza, 31 de xullo de 2012. O deputado e portavoz da área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage afirmou hoxe que “fai máis de tres anos que o Sr. Núñez Feijóo tomou posesión como Presidente da Xunta de Galicia e dende ese momento ata o día de hoxe, os cidadáns da bisbarra do Barbanza poden comprobar como en todo este tempo o goberno galego non executou o proxecto do macropolígono comarcal”.

Lage Tuñas insta ao goberno galego “a retomar, de forma urxente, a tramitación do proxecto do Parque Empresarial do Baranza (sito nos concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal), procedendo á finalización da tramitación administrativa nun prazo inferior a tres meses, posibilitando deste xeito o comezo dos traballos de execución durante o ano 2012.”

"Cabe recordar que a Xunta de Galicia adxudicara en outubro do 2008, por 59.392 €, a redacción do proxecto de expropiación dos terreos necesarios para o desenvolvemento do Parque Empresarial do Barbanza", recorda Lage, quen asegura que Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio, Agustín Hernández dixo o pasado 28 de marzo de 2011 que no prazo dun mes o consello da Xunta aprobaría a execución do proxecto do macropolígono comarcal do Barbanza. "Pasou máis dun ano dende aquel anuncio en pre-campañas (eleccións municipais 2011) e non moveron un só papel”.

Cifras

O parlamentario socialista recorda que “este proxecto contemplaba un investimento total que estaba previsto nesta actuación por parte do anterior goberno galego era de 32.062.224 euros, dos que máis de 27 millóns se adicarian á urbanización e 4,1 millóns empregararianse na adquisición de terreos.”

“Lembremos que o proxecto do Parque Empresarial da Barbanza ía desenvolverse sobre unha superficie total de 1.008.928 metros cadrados. Da superficie total, 541.520 metros cadrados serian de uso empresarial e industrial, 311.824 metros cadrados para espazos libres, 124.198 metros cadrados para a rede viaria e 31.386 metros cadrados para equipamentos.

Lage Tuñas explicou que “o citado proxecto incluía tamén a dotación de naves modulares para os pequenos empresarios que quixeran instalarse co obxectivo de dar resposta ás súas necesidades de solo produtivo, podendo optar a través dun prezo e unhas condicións óptimas.”

O deputado do PSdeG insta ao goberno galego “a retomar, de forma urxente, a tramitación do proxecto do Parque Empresarial do Baranza (sito nos concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal), procedendo á finalización da tramitación administrativa nun prazo inferior a tres meses, posibilitando deste xeito o comezo dos traballos de execución durante o ano 2012.”

Cabe recordar que a Xunta de Galicia adxudicara en outubro do 2008, por 59.392 €, a redacción do proxecto de expropiación dos terreos necesarios para o desenvolvemento do Parque Empresarial do Barbanza.”

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: expoñen Mercedes Perea e Juan Larío no centro social de Cabo de Cruz en agosto

Ribeira: medio cento de escolares infantís descifraron os segredos dun cociñeiro gourmet

 

Ribeira.- 31 de xullo de 2012.- Medio cento de rapaces da Escola Infantil Municipal acudiron hoxe ao Restaurante El Gourmet Alján, para aprender en vivo en que consiste o oficio de hostaleiro.

Ademais, a través de receitas moi sinxelas e ricas, como unha bolboreta feita con sandía, puideron ver que comer san tamén é divertido.

A iniciativa enmárcase dentro dun programa de saídas que teñen por obxectivo que os máis pequenos coñezan diferentes profesións. Ata agora, xa visitaron o Concello de Ribeira para saber máis sobre o traballo dos políticos e o Conservatorio, co fin de oír a un músico tocar un instrumento e incluso tentar a dar unhas tonadiñas por si mesmos.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: entregan diplomas nos obradoiros de danza e xogos do verán cultural

 

 

Ribeira.- 31 de xullo de 2012.- Hoxe os rapaces do Verán Cultural recibiron os seus correspondentes diplomas con motivo do último día para algúns dos participantes dos obradoiros que se veñen realizando dende comezos do xullo, como o de Danza Clásica, Inforxogo ou Xoga con Nós.

 

No caso de Xoga con Nós, ademais de recibir o diploma, os nenos e nenas participaron nunha Xincacana Multixogos no CEIP Frións, onde realizaron diferentes xogos tradicionais, como o furón ou o pilla pilla. Ademais, dado que o día estaba dedicado aos xogos olímpicos e paraolímpicos fixéronse competicións que desenvolvían a psicomotricidade dos pequenos.

 

Álex Vidal, campión de taekwondo

Durante toda a xornada, contouse coa presenza e a colaboración de Alejandro Vidal Álvarez, que é campión de Europa e subcampión mundial de taekwondo, a pesar de ten unha discapacidade física, polo que foi un bo exemplo de superación.

 

Así mesmo, realizouse unha xornada de portas abertas para que os pais puidesen ver os traballos manuais dos rapaces.

 

O obradoiro Xoga con Nós continuará ata finais de agosto, e aínda poden apuntarse os rapaces que queiran divertirse e aprender ao mesmo tempo.

 

Por outro lado, os obradoiros de Danza Clásica e Inforxogo remataron neste mes, polo que se fixo unha despedida de todos os participantes e a entrega dun diploma.

 

En Inforxogo os rapaces obtiveron coñecementos informáticos e de novas tecnoloxías nun ambiente lúdico a través de xogos. A Concelleira de Cultura, Elvira Pisos, fixo a entrega dos diplomas aos pequenos que asistiron ao obradoiro.

 

A edil, tamén estivo presente no fin do obradoiro de Danza Clásica, xunto co Concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez Queiruga  onde ademais dun diploma entregáronse xoguetes.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical