31.7.12

Industria: o Psoe pide de novo o desbloqueo para construír o macropolígono de Barbanza

84794-PNP Execución urxente parque empresarial do Barbanza.pdf Download this file

  • O deputado socialista José Manuel Lage pedirá no parlamento de Galicia o desbloqueo do proxecto para aumentar o solo industrial no Barbanza e denuncia que o goberno Feijóo ten paralizado dende hai máis de tres anos este macropolígono

Media_httpfarm4static_hfcil

O macropolígono solucionaría o esgotamento de A Tomada, da Pobra (na imaxe) e Xarás, de Ribeira

Barbanza, 31 de xullo de 2012. O deputado e portavoz da área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage afirmou hoxe que “fai máis de tres anos que o Sr. Núñez Feijóo tomou posesión como Presidente da Xunta de Galicia e dende ese momento ata o día de hoxe, os cidadáns da bisbarra do Barbanza poden comprobar como en todo este tempo o goberno galego non executou o proxecto do macropolígono comarcal”.

Lage Tuñas insta ao goberno galego “a retomar, de forma urxente, a tramitación do proxecto do Parque Empresarial do Baranza (sito nos concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal), procedendo á finalización da tramitación administrativa nun prazo inferior a tres meses, posibilitando deste xeito o comezo dos traballos de execución durante o ano 2012.”

"Cabe recordar que a Xunta de Galicia adxudicara en outubro do 2008, por 59.392 €, a redacción do proxecto de expropiación dos terreos necesarios para o desenvolvemento do Parque Empresarial do Barbanza", recorda Lage, quen asegura que Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio, Agustín Hernández dixo o pasado 28 de marzo de 2011 que no prazo dun mes o consello da Xunta aprobaría a execución do proxecto do macropolígono comarcal do Barbanza. "Pasou máis dun ano dende aquel anuncio en pre-campañas (eleccións municipais 2011) e non moveron un só papel”.

Cifras

O parlamentario socialista recorda que “este proxecto contemplaba un investimento total que estaba previsto nesta actuación por parte do anterior goberno galego era de 32.062.224 euros, dos que máis de 27 millóns se adicarian á urbanización e 4,1 millóns empregararianse na adquisición de terreos.”

“Lembremos que o proxecto do Parque Empresarial da Barbanza ía desenvolverse sobre unha superficie total de 1.008.928 metros cadrados. Da superficie total, 541.520 metros cadrados serian de uso empresarial e industrial, 311.824 metros cadrados para espazos libres, 124.198 metros cadrados para a rede viaria e 31.386 metros cadrados para equipamentos.

Lage Tuñas explicou que “o citado proxecto incluía tamén a dotación de naves modulares para os pequenos empresarios que quixeran instalarse co obxectivo de dar resposta ás súas necesidades de solo produtivo, podendo optar a través dun prezo e unhas condicións óptimas.”

O deputado do PSdeG insta ao goberno galego “a retomar, de forma urxente, a tramitación do proxecto do Parque Empresarial do Baranza (sito nos concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal), procedendo á finalización da tramitación administrativa nun prazo inferior a tres meses, posibilitando deste xeito o comezo dos traballos de execución durante o ano 2012.”

Cabe recordar que a Xunta de Galicia adxudicara en outubro do 2008, por 59.392 €, a redacción do proxecto de expropiación dos terreos necesarios para o desenvolvemento do Parque Empresarial do Barbanza.”

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical