<p>Noia, Un Sentimento from noiaunsentimento on Vimeo.</p> En Certo entrevistamos a Sleeping Cat hai un tempo:
Sleeping Cat: naceu en 2010. A que sona este gato durmiñento?
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Sleeping Cat: naceu en 2010. A que sona este gato durmiñento?
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo, 16 de maio de 2011. Este martes 17, Día das Letras Galegas, terá lugar o concerto da Orquestra de Mulleres da Orquestra Sinfónica de Galicia, ás 20:00 horas no Auditorio de Rianxo.
A Orquestra de Mulleres da OSG interpretará obras de Corelli, Mozart, Rossini e Félix Mendelssohn, co programa que se adxunta na imaxe.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia, 16 de maio de 2011. Cruz Vermella informa dos cursos que está a organizar e se van realizar en breve:
-AXUDAS TÉCNICAS E DO FOGAR PARA PERSOAS A ATENCIÓN DE PERSOAS DEPENDENTES.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O festival dará inicio ás 21.30 horas e a súa organización conta coa colaboración da Asociación Flor de Toxo. Esta mesma entidade foi a que colocou o pasado venres 13 de maio unha pancarta no Palco de Pedra do Malecón, co lema de " Día das letras galegas 2011, Lois Pereiro" e a inscrición "Ti tes a chave, ábrelle as portas á túa lingua", coa que se pretende acender na memoria dos ribeirenses "a importancia e prestixio do idioma galego e de todos os seus autores", segundo explican dende esta asociación. Esta mañá, ás 10:30, na Praza do Concello, tamén levaron a cabo unha actividade na que amosaron á poboación da comarca os problemas cos que se atopa diariamente unha persoa con diversidade funcional. Integrantes da asociación convidaron a veciñas e veciños a pasear nunha cadeira de rodas polas rúas da Centenaria para ver os atrancos que hai para este tipo de vehículos e os seus ocupantes.
Aguiño coas Letras GalegasPor outra banda, mañá 17 de maio, no Cruce de Aguiño tamén se conmemorará a Festa dos Maios coa actuación a partir das 21.30 horas da orquestra Gran Canaria. Colaboran a Asociación A Dourixeira, o Club Xubilados de Carreira e Aguiño, a Asociación Francisco Lorenzo Mariño e a hostalería de Aguiño.
No adro da Igrexa de Aguiño haberá inchables de 10 a 14 e de 16.30 a 19 horas; mentres que ás 19.30 horas haberá unha función de monicreques na Aula de Música de Aguiño a cargo de Duendesico.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Imaxe no Fb de Abel Lorenzo Díaz tomada o pasado sábado en Noia
Boiro, 16 de maio de 2011. O Centro de Información á Muller (CIM) e o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro convidan a todos os cidadáns, grupos políticos e asociacións locais a participar na concentración de solidariedade polo asasinato da moza de Noia Gloria García, de 19 anos, que terá lugar o vindeiro mércores día 18 de maio ás 11.00 horas na Praza de Galicia.Lerase un manifesto de condena e gardarase un minuto de silencio en memoria da vítima.
O Departamento de Servizos Sociais e o Concello de Boiro queren tamén lembrar ás persoas desta localidade que poidan estar sufrindo situacións de violencia ou acoso que dispoñen de servizos gratuítos e especializados, totalmente confidenciais á súa disposición no Centro de Información á Muller, C.I.M. do Concello boirense, teléfono 981 84 28 26, ademais do teléfono 016, o cal non deixa pegada na factura telefónica.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia