16.5.11

Boiro: organizan unha concentración contra a violencia de xénero este mércores 18 de maio

Noia_violencia_xnero

Imaxe no Fb de Abel Lorenzo Díaz tomada o pasado sábado en Noia

Boiro, 16 de maio de 2011. O Centro de Información á Muller (CIM) e o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro convidan a todos os cidadáns, grupos políticos e asociacións locais a participar na concentración de solidariedade polo asasinato da moza de Noia Gloria García, de 19 anos, que terá lugar o vindeiro mércores día 18 de maio ás 11.00 horas na Praza de Galicia.

Lerase un manifesto de condena e gardarase un minuto de silencio en memoria da vítima.

O Departamento de Servizos Sociais e o Concello de Boiro queren tamén lembrar ás persoas desta localidade que poidan estar sufrindo situacións de violencia ou acoso que dispoñen de servizos gratuítos e especializados, totalmente confidenciais á súa disposición no Centro de Información á Muller, C.I.M. do Concello boirense, teléfono 981 84 28 26, ademais do teléfono 016, o cal non deixa pegada na factura telefónica.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical