7.12.11

Rianxo: a vila acubilla o domingo 18 de decembro as IV Xornadas "Lois Obelleiro" de Historia, Pensamento e Cultura

O programa:

Quen era Lois Obelleiro?

Un dos fundadores do Bloque Nacionalista Galego. Doutor en Historia Contemporánea, Lois Obelleiro era natural de Arcade (Pontevedra) e exerceu como profesor de Educación Secundaria no IES Torrente Ballester de Pontevedra. Tamén publicou varios libros sobre a Historia de Galicia e diverso material didáctico sobre o mesmo asunto. Finou en 2008, aos 55 anos de idade, vítima dun cancro. Comezou a súa militancia no nacionalismo galego en 1974, con tan só 19 anos de idade. Foi un dos impulsores do sindicato Intersindical Nacional Galega (ING) e foi integrante da Asemblea Popular Nacional Galega (AN-PG), un dos alicerces do futuro BNG. En 1982 contribuíu a fundar o BNG. Na data da súa morte representaba ao Bloque no Consello de Administración da Compañía de Radio Televisión de Galicia e era membro do Consello Nacional, máximo órgano de direción entre asembleas do BNG. Entre outros salientables cargos orgánicos no BNG hai que salientar o de responsable de Política Municipal da Executiva Nacional, da que en 2005 foi nomeado secretario de Organización, cargo que deixou na Asemblea Nacional de 2006.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: festival de patinaxe artístico benéfico para axudar a Paula este sábado 10

Festival_patinaxe_pobra

  • Participan patinadoras e patinadores de Ribeira, Noia, Porto do Son, A Coruña e A Pobra
  • Actuará, como estrela, Sabela, campiona nacional de patinaxe artístico

A Pobra, 7 de decembro de 2011. Este sábado 10 de decembro ás 19:00 horas no Polideportivo Municipal de Venecia, terá lugar un Festival de Patinaxe Artístico Benéfico para Axudar a Paula, a nena de Boiro con agnesia sacra que se está a tratar en Alemania.

Participarán as nenas e nenos dos clubs de Patinaxe e Escolas deportivas de Noia, Porto do Son; Ribeira e A Pobra. Ademais, virá un club de patinaxe de A Coruña e, como estrela do espectáculo, actuará Sabela, campiona Nacional de Patinaxe Artístico.

Organizan os clubs de patinaxe A Pobra e Ribeira e colabora o Concello.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: a Xunta adicará 256.000 euros para un restaurante nun edificio das minas de San Finx

  • O restaurante vaino xestionar o Concello por un mínimo de cinco anos
  • A xestión destes restos industriais é cada vez máis errática e semella ter tanta improvisación como as actuacións da Consellería de Cultura na Cidade de Ídem
Media_httpfarm6static_nfsdm

Imaxe de febreiro deste ano, no remate do obradoiro de emprego de San Finx

Lousame, 7 de decembro de 2011. O Consello da Xunta aprobou hoxe a sinatura do convenio de colaboración polo que a Consellería de Cultura e Turismo investirá 256.000 euros no Concello de Lousame para a rehabilitación dunha edificación que se transformará nun café bar e restaurante nas Minas de San Finx. Este lugar é un espazo mineiro de características destacadas en Galicia grazas á excepcional conservación das instalacións e da maquinaria que alí se atopan.

Con esta nova oferta de restauración, asegura a Xunta, "xérase un atractivo complementario á visita ás Minas, ao tempo que é un negocio que dinamizará o espazo, creará postos de emprego e rendibilidade no contorno". Semella que a explotación de novo da mina, anunciada para o verán de 2009, en que contaban con sacar xa 50.000 toneladas de material (principalmente wolfram e estaño), quedou en nada.
As Minas de estaño e volframio de San Finx están inventariadas como Punto de Interese Xeolóxico, que segundo o IXME (Instituto Xeolóxico e Mineiro de España) convén preservar para a investigación e o seu uso turístico. A posta en marcha do restaurante será financiada con fondos FEDER, dentro do programa ‘Axuda á mellora dos servizos turísticos: recuperación arquitectónica de
inmobles para uso turístico’.

A Consellería de Cultura e Turismo realizará esta actuación nas Minas de San Finx "co obxectivo de potenciar o uso turístico deste espazo histórico que contribuirá a dinamizar este municipio". É importante recordar que este lugar é un espazo mineiro de
características destacadas en Galicia grazas á excepcional conservación das instalacións e a maquinaria que alí se encontran. Pola súa banda, o Concello de Lousame encargarase da xestión, mantemento e conservación do café bar restaurante, e comprométese a garantir o seu funcionamento por un período mínimo de cinco anos.

As Minas de estaño e volframio de San Fins en Lousame están inventariadas como Punto de Interese Xeolóxico, que figura no inventario Nacional de Puntos de Interese Xeolóxico realizado polo IXME (Instituto Xeolóxico e Mineiro de España) en Galicia nos
anos 1980-82. Posteriormente, en 1983 o IXME publicou o libro ‘Puntos de Interese Xeolóxico de Galicia’ onde incluíu as Minas de San Finx. O inventario do IXME é resultado dun proxecto no cal se quixo pór de manifesto aqueles lugares de interese científico, didáctico ou recreativo, que permiten recoñecer, estudar e interpretar a evolución xeolóxica dunha rexión. Trátase dos elementos máis relevantes da xeoloxía de cada rexión que convén preservar para a investigación, o ensino e, en determinados casos, para o seu uso turístico e recreativo.

O IXME está a realizar traballos, en coordinación con Concello de Lousame, para pór en valor elementos xeolóxicos e mineiros (afloramentos xeolóxicos, estruturas mineiras). Estes traballos realízanse no marco do proxecto europeo Atlanterra, que aglutina a nove socios das antigas rexións mineiras de vertente atlántica europea, que desexan conservar mellor o seu patrimonio mineiro co fin de crear novas formas de riqueza, promovendo a posta en valor dalgún dos centros mineiros históricos como foco de atracción turística e cultural. Esta singularidade é a que explica a necesidade da actuación proposta para incidir favorablemente no impacto turístico dunha zona de primeira orde no referido á rama da arqueoloxía industrial.

Motor económico de Lousame grazas á Segunda Guerra Mundial

A historia documentada das Minas de San Finx comeza cando o británico Sir Thomas Burbury chegou á area de Noia na década de 1880 e solicitou unha concesión mineira de estaño que máis tarde doaría ao seu sobriño Sir Henry Winter Burbury. Este
xacemento chega a ser o motor económico de Lousame e de toda a comarca nas décadas centrais do século XX. A maior importancia das Minas de San Finx correspóndese coas anos 40 e 50 do século pasado cando comeza tamén a extracción do volframio, un mineral que había en gran cantidade e con moita pureza. Nos arredores da infraestrutura mineira, debido ao
gran número de xente que alí traballaba constrúese un poboado para o uso dos traballadores da empresa (o Cuartel Novo, o Cuartel Vello, as Casa Baratas, a Casa do Páramo, etc.). A partir da década dos 60 o prezo dos minerais foi decaendo e con el o
progresivo abandono da explotación e dos edificios.

Máis información sobre estas minas: http://minasdesanfinx.es

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: programación cultural de Nadal

Os actos previstos son os seguintes:


Santa María a Nova 

  • 15, Xoves, PRESENTACIÓN E  SINATURA  DO ÚLTIMO LIBRO DE  JAVIER SIERRA

JAVIER SIERRA presenta EL ÁNGEL PERDIDO

12:00 h. Igrexa de Santa María  “A Nova”  


En Certo estivemos na presentación que fixo en Almería deste mesmo libro. Pode ollala aquí

  • 16,  Venres MUNDO LITERARIO: 2011 ANO DE ÁLVARO CUNQUEIRO

CÉSAR CUNQUEIRO:  COSMOVISIÓN, PROXECTO LITERARIO E OBRA DE ÁLVARO CUNQUEIRO

20:00 h. Casa da Cultura 

  • 17, Sábado, EXPOSICIÓN, PREMIOS DE HISTORIA E  TEATRO NENOS (AGADIC)

-12:00 h. Inauguración Exposición: Casas en Miniatura de Mª Jesús Lires

Casa da Cultura  

-13:00 h. Fallo Xurado Premio Hª Medieval de Galiza e Portugal

(Organizada pola Edi.Toxosoutos e Concello)

Casa da Cultura 


-18:30 h. Teatro Sarabela: Konrad o neno que chegou nunha lata de conservas

Salón de Actos do IES “Campo de San Alberto” de Noia 

  • 18, Domingo. CONCERTO DE NADAL BANDA DE MÚSICA DE NOIA

Acompañados polo CORO do IES “ Virxe do Mar” de Noia e por Sechu (José M.Barreiro Pérez)

19:30 h. Igrexa de San Francisco 

  • 21, Mércores. CONCERTO  SOLIDARIO A BENEFICIO DE CÁRITAS

Alumnos  CONSERVATORIO MUNICIPAL “FELIPE PAZ CARBAJAL”

20 h.30 Casa Cultura “A.Avilés de Taramancos” de Noia 

  • 22, xoves. TÍTERES PARA NENOS (AGADIC)

Compañía BABALUVA: CAMA e CONTO

18:30 h. Salón de actos do IES “CAMPO DE SAN ALBERTO” 

  •  23, Venres. TÍTERES PARA NENOS (AGADIC)

TEATRO CARAMUXO:  PIO

18:30 h. Salón de Actos do IES “Campo de San Alberto” de Noia 

  •  26, Luns; PALLASOS (AGADIC)

OS SETE MAGNÍFICOS  + 1: DOUS  PALLASOS EN APUROS

18:30 h. Salón de Actos do IES. “Campo de San Alberto” 

  •  27, martes TEATRO FAMILIAR (AGADIC)

MATAPIOLLOS TEATRO: A REBELIÓN DO MONICREQUE

18;30 h. Salón de Actos do IES “Campo de San Alberto” 

  •  28, mércores –MAXIA (AGADIC)

CHRYSTIAN MAGIC: A MAXIA DO NADAL

18:30 h.Salón de Actos IES “Campo de San Alberto de Noia”

  • 29, xoves , TÍTERES FAMILIAR (AGADIC)

LA TIRITA DE TEATRO: BAJO MI CAMA UNA ESTRELLA

18:30h. SALÓN DE ACTOS DO IES “CAMPO DE SAN ALBERTO” de Noia 
 

XANEIRO 

  • 5, xoves. CABALGATA REIS MAGOS

    17:30 h.  
     

EXPOSICIÓNS na Casa da Cultura

“Antón Avilés de Taramancos”: 
 

  • AS CASAS DE Mª JESÚS LIRES: A TÚA CASIÑA.     17 de decembro ao 5 de xaneiro
 
  • BANDA DESEÑADA do 10 ao 23 de xaneiro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical