7.12.11

Lousame: a Xunta adicará 256.000 euros para un restaurante nun edificio das minas de San Finx

  • O restaurante vaino xestionar o Concello por un mínimo de cinco anos
  • A xestión destes restos industriais é cada vez máis errática e semella ter tanta improvisación como as actuacións da Consellería de Cultura na Cidade de Ídem
Media_httpfarm6static_nfsdm

Imaxe de febreiro deste ano, no remate do obradoiro de emprego de San Finx

Lousame, 7 de decembro de 2011. O Consello da Xunta aprobou hoxe a sinatura do convenio de colaboración polo que a Consellería de Cultura e Turismo investirá 256.000 euros no Concello de Lousame para a rehabilitación dunha edificación que se transformará nun café bar e restaurante nas Minas de San Finx. Este lugar é un espazo mineiro de características destacadas en Galicia grazas á excepcional conservación das instalacións e da maquinaria que alí se atopan.

Con esta nova oferta de restauración, asegura a Xunta, "xérase un atractivo complementario á visita ás Minas, ao tempo que é un negocio que dinamizará o espazo, creará postos de emprego e rendibilidade no contorno". Semella que a explotación de novo da mina, anunciada para o verán de 2009, en que contaban con sacar xa 50.000 toneladas de material (principalmente wolfram e estaño), quedou en nada.
As Minas de estaño e volframio de San Finx están inventariadas como Punto de Interese Xeolóxico, que segundo o IXME (Instituto Xeolóxico e Mineiro de España) convén preservar para a investigación e o seu uso turístico. A posta en marcha do restaurante será financiada con fondos FEDER, dentro do programa ‘Axuda á mellora dos servizos turísticos: recuperación arquitectónica de
inmobles para uso turístico’.

A Consellería de Cultura e Turismo realizará esta actuación nas Minas de San Finx "co obxectivo de potenciar o uso turístico deste espazo histórico que contribuirá a dinamizar este municipio". É importante recordar que este lugar é un espazo mineiro de
características destacadas en Galicia grazas á excepcional conservación das instalacións e a maquinaria que alí se encontran. Pola súa banda, o Concello de Lousame encargarase da xestión, mantemento e conservación do café bar restaurante, e comprométese a garantir o seu funcionamento por un período mínimo de cinco anos.

As Minas de estaño e volframio de San Fins en Lousame están inventariadas como Punto de Interese Xeolóxico, que figura no inventario Nacional de Puntos de Interese Xeolóxico realizado polo IXME (Instituto Xeolóxico e Mineiro de España) en Galicia nos
anos 1980-82. Posteriormente, en 1983 o IXME publicou o libro ‘Puntos de Interese Xeolóxico de Galicia’ onde incluíu as Minas de San Finx. O inventario do IXME é resultado dun proxecto no cal se quixo pór de manifesto aqueles lugares de interese científico, didáctico ou recreativo, que permiten recoñecer, estudar e interpretar a evolución xeolóxica dunha rexión. Trátase dos elementos máis relevantes da xeoloxía de cada rexión que convén preservar para a investigación, o ensino e, en determinados casos, para o seu uso turístico e recreativo.

O IXME está a realizar traballos, en coordinación con Concello de Lousame, para pór en valor elementos xeolóxicos e mineiros (afloramentos xeolóxicos, estruturas mineiras). Estes traballos realízanse no marco do proxecto europeo Atlanterra, que aglutina a nove socios das antigas rexións mineiras de vertente atlántica europea, que desexan conservar mellor o seu patrimonio mineiro co fin de crear novas formas de riqueza, promovendo a posta en valor dalgún dos centros mineiros históricos como foco de atracción turística e cultural. Esta singularidade é a que explica a necesidade da actuación proposta para incidir favorablemente no impacto turístico dunha zona de primeira orde no referido á rama da arqueoloxía industrial.

Motor económico de Lousame grazas á Segunda Guerra Mundial

A historia documentada das Minas de San Finx comeza cando o británico Sir Thomas Burbury chegou á area de Noia na década de 1880 e solicitou unha concesión mineira de estaño que máis tarde doaría ao seu sobriño Sir Henry Winter Burbury. Este
xacemento chega a ser o motor económico de Lousame e de toda a comarca nas décadas centrais do século XX. A maior importancia das Minas de San Finx correspóndese coas anos 40 e 50 do século pasado cando comeza tamén a extracción do volframio, un mineral que había en gran cantidade e con moita pureza. Nos arredores da infraestrutura mineira, debido ao
gran número de xente que alí traballaba constrúese un poboado para o uso dos traballadores da empresa (o Cuartel Novo, o Cuartel Vello, as Casa Baratas, a Casa do Páramo, etc.). A partir da década dos 60 o prezo dos minerais foi decaendo e con el o
progresivo abandono da explotación e dos edificios.

Máis información sobre estas minas: http://minasdesanfinx.es

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical