7.3.13

Rianxo: "Elas Realízan (Se)", programa educativo cultural para todo marzo




A Pobra do Caramiñal: o Psoe pide despachos para os grupos políticos na casa consistorial, agora que hai espazo

  • O actual alcalde pedíao hai 18 anos, cando estaba na oposición, e leva xa varios mandatos sen facer caso


Texto completo da moción:



Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando a habilitación na Casa Consistorial de despachos para os grupos municipais.


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS


O artigo 79.1 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia (LALGA), dispón de forma concordante co artigo 27 do ROF e do artigo 10 do Regulamento Orgánico Municipal, que sempre que sexa posible, os diversos grupos políticos disporán, na sede da Entidade Local, dun despacho ou local para reunirse de maneira independente e recibir visitas dos cidadáns, dotado dunha infraestrutura mínima de medios materiais. Na actualidade, na Casa Consistorial da Pobra ningún grupo dispón de despacho ou local no que poder realizar as actividades anteriormente sinaladas.

O pazo onde está a sede do Concello da Pobra, pese á súa fermosura e valor histórico, ten unhas dimensións que non permitían até fai pouco a habilitación de despachos para os grupos municipais, dada a ocupación de todos os espazos por oficinas e despachos de tramitación administrativa ocupados por persoal ao servizo do Concello.

A día de hoxe, a superficie útil da Casa do Concello aumentou considerablemente debido á ampliación da sede municipal, así como o traslado de certos servizos a outros inmobles de titularidade municipal, motivo polo que xa non existiría impedimento á dotación de despachos para os grupos municipais.

No Pleno ordinario do día 28 de xullo de 2011, o alcalde afirmou que había espazo na casa consistorial para poder habilitar os despachos para os distintos grupos políticos.

Ademais era unha queixa reiterada que facía hai máis de 18 anos o actual alcalde a prensa. En abril de 1997 afirmaba nun medio comunicación o seguinte: “Quejas por el agravio que supone atender fuera a los vecinos. El PP de A Pobra demanda un despacho en el ayuntamiento”, e xa dous anos antes se lamentaba da discriminación que supoñía o non contar con dito despacho.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte

ACORDO


Que no orzamento do ano 2013 figure unha partida orzamentaria para poder dotar aos grupos municipais dun despacho ou local na sede do Concello da Pobra do Caramiñal, dotado dunha infraestrutura mínima de medios materiais, en cumprimento do disposto no artigo 79.1 da LALGA, do artigo 27 do ROF, e do artigo 10 do Regulamento Orgánico municipal, en relación co artigo 23 da Constitución Española.

A Pobra do Caramiñal, 06 de marzo de 2013


Mª Teresa García Guillán


ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL


Noia: Servizos Sociais está a por en marcha o servizo de teleasistencia domiciliaria


  • As demandas das persoas residentes no Concello de Noia serán atendidas no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello, previa cita (tlf: 981 82 80 11 / 981 82 81 04), sito na Rúa do Curro, nº 4, baixo.

http://farm9.staticflickr.com/8244/8533678025_5e4a6dcb17_c.jpg
Noia, 7 de marzo de 2013. O 13 de febreiro pasado confirmouse no rexistro municipal a aprobación da inclusión do Concello de Noia ao Programa de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación da Coruña.

Ao abeiro deste convenio, poderán acceder a dito programa aquelas persoas maiores ou en situación de discapacidade que vivan soas, con outra persoa na mesma situación ou pasen a maior parte do día sen a presenza doutras persoas.

Con este Programa, darase cobertura a aquelas persoas que non teñan a condición de dependentes, recoñecida polos Equipos de Valoración da Dependencia da Xunta de Galicia ou os equivalentes noutras Comunidades Autónomas.

A Teleasistencia Domiciliaria é un servizo da atención as 24 horas diarias os 365 días do ano, que permite ás persoas beneficiarias contactar cos profesionais do Centro de Atención, para atender a súa petición e dar resposta á crise presentada ben por sí mesmos ou mobilizando outros recursos.

Mediante a instalación no domicilio dun equipamento informático específico, composto por unha terminal telefónica, e unha alarma portátil (medallón ou pulseira), as persoas beneficiarias poderán entrar en contacto verbal "mans libres" co  Centro de Atención, soamente con premer o botón da alarma portátil.

Pode que tamén lle interese:

Noia: o Concello renova imaxe do programa "Noia Saudable" e pretende amplialo



Boiro: O Faiado 2 exporá fotos de heráldica do 15 ao 31 de marzo

  • Da autoría de Abelardo Soler
  • O mércores 20 de marzo organiza unha andaina didáctica polo Camiño Vello de Boiro, con saída ás 12 do centro social

Non é a primeira exposición sobre heráldica que fai O Faiado 2


Sociedade: "Stop Desafiuzamentos" chama á calma e á serenidade aos afectados pola hipoteca

Media_httpfarm9static_dhdah

Barbanza, 7 de marzo de 2013 O traballo solidario e desinteresado da plataforma "Stop Desafiuzamentos" de Barbanza segue, sen paranza algunha, ante o que está acontecendo no que algúns xa chaman "xenocidio financieiro". No seu último comunicado fan un chamamento á calma e serenidade dos máis directamente afectados, pois desexan, como todas as persoas de ben e con conciencia social, que non haxa ningunha vítima máis por esta severa crise. Sinalan que "sempre hai solución" e que están a traballar con todas as institucións posibles para que así sexa.

Como é habitual en Certo, transcribímoslle de xeito íntegro e na lingua en que nos chegou o último comunicado desta plataforma:

"Ante los frecuentes casos de pérdida de vidas humanas por causa de ejecuciones hipotecarias y desahucios, desde la PLATAFORMA "STOP DESAHUCIOS" DEL BARBANZA se hace un llamamiento público a la serenidad y a la tranquilidad de todas aquellas personas y familias que se encuentren en este tipo de situaciones ya que para todas ellas hay una solución, teniendo que acudir a cualquiera de las decenas de Plataformas que hay repartidas por todo el país. Ya es hora de dejar a un lado el temor y los sentimientos de culpa que lleva a muchas familias a la desesperación, la ansiedad, la angustia y a graves problemas psicológicos, algunos crónicos, y ser valientes al ser conscientes de que no estan solos y que tienen todo el apoyo de las diferentes Plataformas de "Stop Desahucios" y de "Afectados por la Hipoteca". Ni una víctima más por problemas hipotecarios o de desahucios !!!.

 
 
  Por otra parte, varias familias, del Concello de Sanxenxo, acudieron a la Plataforma "Stop Desahucios" del Barbanza en busca de ayuda para evitar que la Xunta de Galicia siga adelante con las órdenes de demolición de sus viviendas habituales. Desde la Plataforma somos conscientes de que en Galicia hay sobre unas 6.000 peticiones de regularizaciones urbanísticas, presentadas ante los diferentes Concellos y la propia Agencia de Protección de la Legalidad Urbanística, muchas de las cuales son viviendas habituales de familias humildes. Decenas de estas familias residen en el concello de Sanxenxo, afectadas por haber construído sus viviendas en suelo rústico y sobre las que recaen órdenes de demolición y sanciones económicas importantes. Y todo ello a pesar de haber obtenido, en algunos casos, las licencias de obra municipales correspondientes, pero carecen de las autorizaciones autonómicas pertinentes.
 
  Desde la Plataforma consideramos que son unos evidentes casos de "desahucio", no instados por particulares ni por entidades financieras pero sí ejecutados por parte de las propias administraciones públicas, en este caso la Xunta de Galicia. Por eso, en próximas fechas se celebrarán sendas reuniones con los Conselleiros de Medio Ambiente y de la Presidencia al objeto de poder encontrar una solución justa para todas estas familias a través de la paralización inmediata de las sanciones económicas, la anulación de las órdenes de demolición de las viviendas así como obtener el compromiso de los responsables políticos, para estudiar seriamente la legalización de las viviendas, destinadas a vivienda habitual.

ÚLTIMAS ACTUACIÓNS

En la última semana los miembros de la Plataforma "Stop Desahucios" del Barbanza están trabajando con dos familias de Ribeira para conseguir, para una de ellas, la dación en pago de su vivienda, hipotecada en el Banco de Santander y con la otra familia se presentó una  moratoria y de renegociación de la deuda, por la carencia de ingresos y estar en situación de desempleo, al tener suscrita una hipoteca, con avalistas, en la entidad financiera de Caja España.

   Por otra parte una familia de Fiinisterre acudió, esta pasada semana, a la plataforma en busca de apoyo para solicitar la correspondiente moratoria ante la entidad financiera de La Caixa, sucursal de la localidad de CEE y se está negociando con esa entidad con la posibilidad de que el diálogo llegue a buen puerto y otorgue un respiro a la familia marinera de A Costa da Morte. Asimismo se está trabajando, en colaboración con el concello de Sanxenxo, para que una familia de ese municipio de O Salnés no llegue a perder su vivienda unifamiliar, sita en el lugar de A Lanzada, al tener una órden de derribo de la Xunta de Galicia. Es la vivienda habitual y consiguientemente la familia tiene el derecho legal a disfrutar de su vivienda y se espera, desde la plataforma, que las gestiones den sus frutos.

  También una vecina de Boiro, en situación de casi exclusión social, está siendo atendida por varias ongs de la Comarca del Barbanza y desde la Plataforma se instó una mayor implicación del concello de Boiro para que le presten el apoyo económico y psicológico necesario.   

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a asociación "Altofalante", satisfeita pola creación dunha comisión municipal para retirar os símbolos fascistas que inda persisten

  • Agradécelle este xesto a todos os grupos, pero en especial á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza

O escudo da Capitanía Marítima retirouse en 2009 pero dende entón apenas se fixo nada

Ribeira, 7 de marzo de 2013. Ante a nova da creación dunha comisión para cumprir a coñecida Lei da Memoria Histórica no concello de Ribeira, da que van formar parte polo menos un representante de cada un dos partidos con representación municipal (PP, BNG, PSOE e IPdR), a Asociación Cultural Altofalante quere mostrar a súa satisfacción. "Un dos nosos obxectivos como colectivo é a defensa da memoria histórica, que non é máis que a busca consciente de entroncar co noso pasado de xeito xusto e limpo. Nesta liña, en repetidas ocasións nos temos dirixido ao señor alcalde solicitando a retirada da simboloxía fascista do noso concello", sinala Carlos Lixó, presidente de Altofalante.

"Por isto facemos explícito o noso agradecemento ao grupo do BNG, que presentou en decembro de 2012 unha solicitude para que o Concello cumpra e faga efectiva a Lei de Memoria Histórica, e tamén ao resto dos grupos municipais pola unanimidade acadada arredor deste tema. Todas as ribeirás e todos os ribeiráns debemos felicitarnos por iso. De calquera xeito, a pesar da maior ou menor predisposición que poidan presentar os partidos políticos sobre  a cuestión, é a presión da xente organizada de xeito autónomo, neste caso na Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza, quen co seu traballo e coa súa forza fan que esta loita poida ir adiante. A demanda do cumprimento desta lei no noso concello (e en toda Galiza e no Estado español) está a pé de rúa. Nós queremos sumarnos a eles e manifestar o noso apoio a calquera iniciativa orientada cara á eliminación de elementos de honra e exaltación de persoas ou valores antidemócratas e fascistas", remata.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: este venres, 8 de marzo, mesa redonda no Centro Social con tres mulleres emprendedoras

Boiro_dj

  • Será ás 20:30, co gallo do Día Internacional da Muller
Media_httpfarm2static_gmdsf

Boiro, 7 de marzo de 2013. Mañá, venres 8 de marzo, cadrando co Día Internacional da Muller, haberá no Centro Social de Boiro unha mesa redonda ás 20:30 horas. Segundo explica Alberto García, coordinador do Centro Social, esta actividade insírese dentro da actitude proactiva e emprendedora como ferramenta de emancipación que se promove dende esta entidade. "As experiencias coas que mañá debateremos son exemplos para nós de como o "autoemprego asumible", con baixos custos, manexo das novas tecnoloxías, excelente comunicación e un mínimo coñecemento dos cambios nas interaccións sociais froito destes tempos, poden ser unha vía de supervivencia, autonomía e empoderamento social", sinala García.

Tamén, en Boiro:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Concello presentou a nova imaxe de "Noia Saudable", programa transversal das concellerías de Sanidade e Deportes


Noia, 6 de marzo de 2013. A Concelleira de Deportes e Sanidade do Concello de Noia, Mary Domínguez, presentou hoxe a nova imaxe corporativa do programa Noia Saudable. Neste programa preténdese "entender a saúde como un tema transversal da xestión municipal, e partindo inicialmente da inclusión proxectos en marcha das concellerías de Sanidade e Deportes tentarase ampliar a outras concellarías", aclarou.

Noia, que xa leva traballando en programas de saúde desde a primeira edición autonómica de concellos saudables, "quere dar un paso máis alá, para o que se creou unha nova imaxe corporativa e un novo nome  para o programa. A razón deste cambio provén da necesidade de cambiar a imaxe corporativa da piscina municipal onde todo xiraba arredor da marca da empresa que xestionaba a piscina, e buscando dar un cambio total optouse por crear unha marca global para todo o relacionado coa saúde, e para iso creouse o programa "Noia saudable", sinalou a concelleira ao cargo. "Neste programa traballamos para organizalo como un proxecto de saúde que sexa transversal e que se manteña no tempo. Optouse por este logo partindo dun dos elementos naturais que hai no escudo que se emprega no Concello: a póla de olveira na pomba".

Namentres se desenvolve un plan estratéxico que estableza o programa Noia Saudable, xa se empregou a imaxe corporativa nas accións máis inmediatas que se están desenvolvendo como son a piscina municipal, que agora leva o Concello, e a III edición da Aula de Saúde.

Relacionadas:



Pode que tamén lle interese:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical