7.3.13

Noia: o Concello presentou a nova imaxe de "Noia Saudable", programa transversal das concellerías de Sanidade e Deportes


Noia, 6 de marzo de 2013. A Concelleira de Deportes e Sanidade do Concello de Noia, Mary Domínguez, presentou hoxe a nova imaxe corporativa do programa Noia Saudable. Neste programa preténdese "entender a saúde como un tema transversal da xestión municipal, e partindo inicialmente da inclusión proxectos en marcha das concellerías de Sanidade e Deportes tentarase ampliar a outras concellarías", aclarou.

Noia, que xa leva traballando en programas de saúde desde a primeira edición autonómica de concellos saudables, "quere dar un paso máis alá, para o que se creou unha nova imaxe corporativa e un novo nome  para o programa. A razón deste cambio provén da necesidade de cambiar a imaxe corporativa da piscina municipal onde todo xiraba arredor da marca da empresa que xestionaba a piscina, e buscando dar un cambio total optouse por crear unha marca global para todo o relacionado coa saúde, e para iso creouse o programa "Noia saudable", sinalou a concelleira ao cargo. "Neste programa traballamos para organizalo como un proxecto de saúde que sexa transversal e que se manteña no tempo. Optouse por este logo partindo dun dos elementos naturais que hai no escudo que se emprega no Concello: a póla de olveira na pomba".

Namentres se desenvolve un plan estratéxico que estableza o programa Noia Saudable, xa se empregou a imaxe corporativa nas accións máis inmediatas que se están desenvolvendo como son a piscina municipal, que agora leva o Concello, e a III edición da Aula de Saúde.

Relacionadas:



Pode que tamén lle interese:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical