21.5.12

Ribeira: atopan unha balea varada na praia da Ladeira do parque natural de Corrubedo

Ribeira, 21 de maio de 2012.- Efectivos do Grumir e Protección Civil de Ribeira recibiron hoxe pola tarde aviso da aparición na praia da Ladeira, en Corrubedo, dunha balea varada morta cunha lonxitude algo superior aos catro metros.

O servizo de emerxencias ribeirense recibiu alerta da existencia do animal polo 112 en torno ás catro da tarde e, de inmediato, un equipo desprazouse ata o areal a fin de proceder a súa sinalización e inmobilización. Ademais, deuse aviso ao Cemma (Centro para o Estudo de Mamíferos Mariños) para a pertinente toma de mostras de carácter biolóxico.

Está previsto que mañá se executen os traballos de retirada do cetáceo da praia da Ladeira, que está encravada dentro do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

Pode que tamén lle interese:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Psoe pide un plan especial de protección da zona histórica ante o desleixo do equipo de goberno

  • O Concello leva máis de tres anos (dende a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal, en 2008, que establece dous anos para isto) sen facer un Plan Especial de Protección e Reforma Interior do ámbito da zona antiga do municipio
  • O equipo de goberno segue a conceder licenzas neste ámbito ao abeiro dunha ordenanza provisional, algo que agora mesmo é nulo de pleno dereito
  • Toda a zona antiga da Pobra está protexida, segundo indica a Lei de Patrimonio
  • Noia, Muros e Padrón xa contan con este documento que aporta seguridade xurídica
  • O Psoe vai dar conta ás institucións responsables deste desleixo se o equipo de goberno non se pon xa mans á obra con este plan


O legado patrimonial da Pobra é impresionante. Na imaxe, escudo da antiga cadea

Mocións relacionadas:


Tamén, na Pobra:


Presentación de libro: este venres 25 de maio, Dark Butterfly


Patrimonio: denuncian o abandono por parte do equipo de goberno



Moción solicitando Plan Especial de Protección e Reforma Interior do ámbito do Casco Antigo.docx Download this file

Alcalde casco vello.docx Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este sábado 26, guateque no Liceo

[[posterous-content:pid___0]]

Pode que tamén lle interese:

Casa da Cultura de Noia
Contacontos en Noia: para nen@s o venres 25. Hai que anotarse antes!


Curso: o 1 e 2 de xuño, sobre pautas en condutas adictivas




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este sábado 26, guateque no Liceo

[[posterous-content:pid___0]]

Pode que tamén lle interese:

Casa da Cultura de Noia
Contacontos en Noia: para nen@s o venres 25. Hai que anotarse antes!


Curso: o 1 e 2 de xuño, sobre pautas en condutas adictivas




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: rematou o primeiro dos cursos de informática para maiores de 50 e realizouse a excursión a Portugal dos obradoiros de memoria

Dodro_informatica
Dodro, 21 de maio de 2012. O mércores 16 de maio rematou o primeiro dos cursos de informática para maiores de 50 anos que organiza a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade. Unha ducia de veciños/as de Dodro remataron o curso satisfactoriamente e recibiron da man da concelleira o diploma acreditativo.

Excursion_tall
Por outra banda, o pasado venres día 18 de maio os alumnos/as que durante o curso asistiron aos Talleres de Memoria e Alfabetización  que organiza a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Dodro, foron de excursión de fin de curso. Visitaron a Virxe da Pedra, Baiona, a Catedral de Tui, disfrutaron dunha comida-baile en Valença do Minho e pola tarde aproveitaron para visitar Fortaleza e realizar unhas compras.

O próximo día 29 terán unha pequena festa de fin de curso para así rematar o curso dos talleres de memoria e alfabetización, segundo informou Marisol Boga Grela, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Dodro.

Antes, en Dodro:


Letras Galegas: o 24 de maio, Galego de Cine


Política: que está a pasar co consorcio?


Política: o PP minte e xestiona mal, di o Bng


Política: o Psoe di que o alcalde minte sobre a secretaria

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Memoria histórica: Rianxo e Melide acollen o III Seminario sobre a Memoria, con visitas aos campos de concentración de Barbanza

  • Terá lugar entre Melide e Rianxo o 1, 2 e 3 de xuño
  • Visitaranse os lugares nos que estiveron os campos de concentración franquistas de Padrón, Muros, Lousame e Rianxo
  • Francisco Martínez, Quico, un dos últimos guerrilleiros, dos da partida do mítico Girón, será invitado de excepción neste seminario
  • O Seminario está organizado polos DEPARTAMENTOS DE CIENCIAS SOCIAIS DO IES “FÉLIX MURIEL”, de Rianxo, e do IES MELIDE, e polo Movemento de Renovación Pedagóxica NOVA ESCOLA GALEGA, que recén acadou o premio "Pedrón de Ouro" polo seu labor a prol deste país


Media_httpfarm3static_cgeim

Imaxe que ilustra a colaboración de Xurxo Ayán titulada "El novio de la muerte" (sobre Millán Astray, fundador da Lexión). Nela óllase a garda do campo de concentración de Rianxo, na torre de Tanxil (Arquivo familiar de M. Lustres). Alí estivo Millán Astray tamén. Pódese ler a colaboración aquí


Rianxo, 21 de maio de 2012. Francisco Martínez, Quico, un dos últimos guerrilleiros vivos, estará presente activamente no III SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: A GUERRILLA E OS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN, que se celebrará entre Melide e Rianxo os próximos 1, 2 e 3 de xuño de 2012.

Quico participou activamente nas actividades guerrilleiras, dacabalo entre Galicia e León, desde os 17 anos, e conserva na actualidade unha lucidez e axilidade física extraordinarias que lle permiten seguir sendo unha testemuña de primeira man, absolutamente fundamental para o coñecemento e a análise do papel da guerrilla na loita contra a ditadura.

Quico, que actualmente reside en Alacant e acaba de publicar a obra "Guerrillero contra Franco, guerrillero contra el olvido", aceptou a invitación formulada pola organización para participar activamente no desenvolvemento do Seminario, tanto na súa parte teórica como –o cal non é menos significativo– no percorrido polos espazos ocupados polos campos de concentración en Padrón, Lousame, Muros e o Barbanza.

Ii_seminario_memoria_melide
Imaxe do seminario de 2011, en Melide

No desenvolvemento desta actividade de formación, con certificación oficial e organizada polos Departamentos de Ciencias Sociais do IES “Félix Muriel” de Rianxo e do IES Melide, e polo Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, visitaranse diferentes lugares nos que foron internados prisioneiros antifranquistas na zona, así como as minas de San Finx, en Lousame, significativas pola súa resistencia fronte ao golpe de estado de 1936.

Ademais de Francisco Martínez, intervirán no Seminario o especialista na resistencia antifranquista Xaquín Yebra, e os estudosos dos períodos da II Republica e o franquismo –con varias obras publicadas sobre o tema e unha máis no prelo– no Barbanza, Xesús Costa e Xesús Santos.

Na páxina oficial de Nova Escola Galega pode consultarse o programa en detalle da actividade, e tamén pode localizarse a ficha de inscrición.

As prazas son limitadas e asignadas por estrita orde de inscrición.

Toda a información en http://www.nova-escola-galega.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este venres, 25 de maio, "Interferencias", recital poético na Casa da Cultura

[[posterous-content:pid___0]]

Noia, 21 de maio de 2012. O vindeiro venres día 25 de maio ás 20:30 terá lugar na Casa da Cultura de Noia a estrea do recital poético “Interferencias”.

Con poemas de Ismael Ramos, música de Pablo Agra, Adrián Barreiro e Iván Rodríguez e fotogramas de Theresa P. Lousame, “Interferencias” é un espectáculo poético que trata de seducir ao espectador e facelo viaxar ao mundo destes catro novísimos artistas que unen as súas forzas e nos ofrecen unha mostra do talento máis fresco e anovador presente na vila de Noia. A presentación do acto correrá por conta da escritora Raquel Miragaia




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este venres, 25 de maio, "Interferencias", recital poético na Casa da Cultura

[[posterous-content:pid___0]]

Noia, 21 de maio de 2012. O vindeiro venres día 25 de maio ás 20:30 terá lugar na Casa da Cultura de Noia a estrea do recital poético “Interferencias”.

Con poemas de Ismael Ramos, música de Pablo Agra, Adrián Barreiro e Iván Rodríguez e fotogramas de Theresa P. Lousame, “Interferencias” é un espectáculo poético que trata de seducir ao espectador e facelo viaxar ao mundo destes catro novísimos artistas que unen as súas forzas e nos ofrecen unha mostra do talento máis fresco e anovador presente na vila de Noia. A presentación do acto correrá por conta da escritora Raquel Miragaia




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Colaboración: "Polos vieiros perdidos. Crónica herética", por Domingo Regueira

Cando me dá por pisar eses máxicos e solitarios paraxes en busca de algún indicio ou vestixio que relacione o entorno con unha era ou civilización. Sinto como se, ao meu carón, voaran xentes invisibles, gnomos ou calquera espírito dos antepasados que noutros tempos deambularon polo lugar. Figuras que un, ao través dos anos, foi creando no seu imaxinario influído por lecturas, esculturas e debuxos que todos levamos observado.

Estas reflexións lévanme a reescribir a miña visión da antigüidade ou a crear unha nova hipótese; pois baseándonos na recomendación de que os individuos deberiamos evolucionar, por que de non facelo, corremos o risco de que os novos financeiros de “carreira”, nos pillen durmindo e con arte trileiro se nos fagan cos aforros de toda unha vida.

A min nesta inxenua teima —miren por onde— dáme por remexer nestes asuntos que, para moitos, son andrómenas do ano catapún que a ninguén lle interesan.

A Arqueoloxía científica está constantemente corrixindo moitos dos traballos que permanecen estacionados nas vitrinas de museos e almacéns de escavacións ataporquinas, naufraxios ou do mesmo Exipto. E xa que nós tecnoloxicamente non temos onde ir, seguiremos remexendo no pouco legado que por desgraza nos queda, aínda que sexa legado dos invasores, violadores e demais golfos que empuxados polo afán de enriquecerse coma os novos banqueiros, ocuparon estas terras aterrorizando aos lóxicos, naturais, indíxenas, rústicos, nativos asilvestrados e paranoicos veciños da touta de Postmarcos. Tiña que haber de todo!

Os lugares onde máis abondan estas enerxías son aqueles menos transitados polos bípedes. Cando son moi frecuentados, estes entes voadores, poltergeist ou como se lles queira chamar, escapan. Abandonan a paisaxe e ésta vóltase erma, decrépita, sen grilos, sen flores nin paxaros cantores. Non poden tolerar a chirriante modernidade da linguaxe, os modernos botellóns, músicas trangalleiras con volumes patolóxicos nin a porquería de latas, cartóns e botellas que deixan na zona. Daí que estes lugares, unha vez profanados, perdan o seu candor.

Á paisaxe pásalle o mesmo. Unha vez que os actuais enxeñeiros urbanistas e paisaxistas lle poñen a vista encima: Adeus! Chuchados quedan.

Pásalle ás pedras: Unha vez quebrada polos picos, barrenos ou “grillos”, estas morren deixando a sinal perpetua de quen a profanou, agredindo coas súas cortantes feridas a maxistral obra escultórica do demiúrgo, deixando estéril, insulso, anodino, vulgar; un ben da humanidade. A lenda di que no Pico Sacro, cargado de ouro, non se podía extraelo metal con ferro. Só se podía recoller cando este se desprendía del.

Fai moitos anos ó cruzar por diante dun chamuscado santo, pasoume pola cabeza unha herética sensación que me fixo cavilar sobre aquel afumado relieve, que como unha alma en pena, pedía que de un raio dunha vez, alguén recoñecera a súa propia identidade. Digo chamuscado porque nalgunha ocasión ten sufrido o esquecemento dos seus devotos e coller o negro do piche polo fume das velas.

Dende tempos inmemoriais aquel mouro santo non é outro que o “San Antoniño do Maño” aínda que para calquera profano —cando está sen lavar— pasaría por un mouro dos que fican baixo as patas do cabalo santiagués. Pero algunhas mentes retorcidas, como pode ser a miña, intúen que aquela basta figura disfrazada de frade cristián ben podía ser a dun lar protector fenicio ou romano, venerado polos mariñeiros da antigüidade.

En Málaga, Mercurio era venerado por pescadores e peixeiros como divindade protectora e cando o cristianizaron pasou a ser San Cristovo. Os romanos encargáronse de mudar cantas relixións indíxenas eran practicadas nos territorios que eles ían sometendo. Así que lugares, lápidas ou deuses venerados na cultura ibérica pasaron a usar o seu idioma e a súa doutrina. Logo veu o cristianismo que desautorizou o culto nos santuarios pagáns. Pero pensárono mellor e cunha man de policromía e cambio das lápidas rótulos fóronse aproveitando.

Por moito que quero abreviar este relato, fáiseme imposible. Talvez sexa polo meu pobre léxico ou paupérrima narrativa. Sigo:

Volvendo ao progreso: O endovélico celtibérico de orixe celta, deus da saúde, protector da terra e da natureza. Deus bondadoso e especialmente protector dos bosques foi aceptado polos romanos. Cambiáronlle o nome e pasou a chamarse Esculapio. Hoxe estes deuses foron substituídos polas brigadas de contraincendios, incluídos Helicópteros e avións.

Seguimos:

Calquera pode pensar —alá el— que o San Antoniño antes de ser adoptado, fora unha deidade fenicia, ibérica, romana ou sueva.

Vexamos:

Fai pouco os da Pobra descubriron un cartel nas proximidades do Santo que chaman ara, que máis que ara, ben podía ser unha estela (lápida) que fixera referencia a este lar fenicio, grego ou ibérico que viría a ser, o D.N.I. da divindade venerada, estimada á que pregan, rogan e suplican para que lle dea un home ás mulleres que lle fai falta.

Aínda que a principal protagonista ou promotora do santo foi unha tal Francisca do Son, que viña sempre cunha escaleira ó lombo atravesando montes, veigas, prados e gándaras para alumear ó santiño a cambio que lle devolvera o seu home amancebado cunha morena en Cuba. Polo de pronto a estela foi depositada no Museo Valle-Inclán: esta muda foi condenada o silencio (damnatio memoriae) picando a súa inscrición que probablemente indicase o nome deste lar vial, nume, deidade ou deus pagán.

Dende tempos precastrexos o vecindario do Punta Ostreira probablemente veña ofrendando os mesmos exvotos que aínda agora vemos pegados na porta da fornela: Fachos de cera, flores e aceite de oliva ou xirasol.

Tamén podían poñer pombiñas de papel con restos do aceite de peixe gastado que tamén serven para alumear ó santo, e ademais, sería un xesto ecolóxico e austero que nestes tempos falta fai. Xa non digo figuriñas de bronce porque aínda non apareceu ningunha. Para o que se leva buscado…!

Coma sempre, para xustificar a miña irreverente —se alguén así a considera— desconfianza, acompaño estas imaxes que, sen intención de molestar a ninguén, sirvan para argumentar estas febles pescudas recoñecendo pola miña parte que non son suficientes como para afirmar que os primeiros protagonistas desta imaxe foran ningún dos mencionados pobos invasores, visitantes ou exploradores. En ambos casos, o fin e a intención veñen ser a mesma. O que importa é a pregaria.

Inocente o que chegou ata aquí.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: o Psoe considera que se está a enganar aos veciños coa obra da piscina

Media_httpfarm6static_yhwax

Entrada da piscina de Rianxo, unha das que se comparan nesta información

Porto do Son, 21 de maio de 2012. Segundo aclara hoxe en nota de prensa o portavoz municipal do Psoe sonense, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, "en 2005, a Deputación da Coruña, sendo o seu presidente,  Salvador Fernández Moreda e Deputado de Deportes, espúxose a necesidade de proxectar
Piscinas Municipais a costes moi baixos tanto na súa construcción coma no seu mantemento para os concellos de Cariño, Rianxo e Porto do Son. Facer unha piscina con orzamentos ilimitados ou simplemente desproporcionados a unha realidade é moi doado: basta con deixarse levar polas ganas de proxectar baixo parámetros lonxe da rigorosidade do construído. Un exemplo claro pode ser o da Piscina Municipal do concello de Muros, piscina que alcanzou os 3 millóns de euros, ou a que se proxectou e pagou dito proxecto o PP de Porto do Son hai só dous anos –sendo alcalde Manuel Tomé- que elevaba o proxecto da Piscina Municipal do Son a case 2’5 millóns de euros. Iso si que é un exemplo claro de despilfarro indecente non só por pagar un proxecto dúas veces, senón ao intentar colar unha piscina desproporcionada á realidade dun concello pequeno e lonxe de poder financiarse por si mesma. Eran as ilusións carísimas do anterior alcalde do PP do Son".

Os socialistas de Porto do Son aportan os datos das outras piscinas para que se reflicta a realidade da deste municipio:

Piscina de Cariño
Estado : en funcionamiento.
Empresa adxudicataria obras: Alcuba s.a.
Orzamento do proxecto: 1.562.632 €
Reformados: Un a coste 0 €, é dicir, non houbo aumento presupuestario.
Superficie destinada en sótanos ás instalacións:
- Sala de caldeiras: 60,00 m 2 (11,30 m x 5,30 m)
- Cuarto de instalacións: 21,20 m 2
Bomba de calor colocada e proxectada: Roca BCP-60, 96.210 Kcalorias/hora.
Coste bomba de calor: 29.768,54 €
Dimensións bomba de calor: 4,12 metros x 2,20 metros e corredor lateral
practicable de 1 metro.

Piscina de Rianxo
Estado : en funcionamiento.
Empresa adjudicataria obras : Hispanica s.a.
Presuposto do proxecto: 1.676.528,00 €
Reformados : Un a coste 0 €, é dicir, non houbo aumento presupuestario.
Superficie destinada en sótanos ás instalacións :
- Sala de caldeiras : 60,00 m2  ( 11,30 m x 5,30 m)
- Cuarto de instalaciones : 21,20 m 2
Bomba de calor colocada e proxectada : Roca BCP-60, 96.210 Kcalorias/hora
Coste bomba de calor: 29.768,54 €
Dimensións bomba de calor: 4,12 metros x 2,20 metros e corredor lateral practicable de 1 metro.

Piscina de Porto do Son
Estado: En fase de execución.
Empresa adjudicataria obras: COPCISA s.a.
Presuposto de proxecto: 1.663.024,98 €
Reformados : Camiño de un aumento presupuestario de 200.000 €, segundo anuncia o equipo de goberno do PP-AVS de Porto do Son.
Superficie destinada en sótanos ás instalacións:
- Sala de caldeiras: 61,00 m2  (11,90 m x 5,12 m)
- Cuarto de instalacións: 25,60 m2
Bomba de calor proxectada : Sen marca e potencia calorífica 96.210 Kcalorias /hora
Custo bomba de calor: 32.860,77 €
Dimensións bomba de calor: 4,12 metros x 2,20 metros e corredor lateral practicable de 1 metro.

Segundo Pastor Rodríguez, "no que atinxe á información do que se di de que hai uns muros a menos de 2,00 metros da liña de alta tensión, segundo os planos da piscina municipal de Porto do Son, o extremo máis cercano está a 5,00 metros da liña e o máis apartado a 16,00 metros. No segundo Plan E do goberno do Estado (FEESL), cuxa dirección de obra foi feita pola Arquitecta Municipal do Concello, proxectouse exactamente baixo o topográfico da piscina".

Engano de 200.000 euros

Polo tanto, prosegue, "está claro que a construtora fixo unha baixa forte cando se presentou ao concurso da Piscina, e que agora ten que pagar favores técnicos ou doutro tipo. O que é imposible e, ao noso xuízo, escandoloso, é como os técnicos se prestan a este xogo de facer un reformado de 200.000 €. Un disparate maiúsculo. Os proxectos, por sentido común, deben ser dirixidos polos arquitectos proxectistas, pois son eles os auténticos coñecedores de todas as partes de todo o proxecto. A primeira fase, executada polo goberno anterior foi dirixida pola arquitecta municipal debido a que os nosos socios de goberno, o BNG, non querían que os técnicos redactores do proxecto dirixisen esa fase e que o fixese a técnica municipal como así foi".

E remata o voceiro socialista sinalando que "neste momento, debido ao engano que quere facer o goberno do PP-AVS do Son, con ese aumento de 200.000 €, o técnico redactor do proxecto da Piscina Municipal de Porto do Son, o mesmo que elaborou a de Rianxo e Cariño, está disposto a executar o proxecto sen acudir a reformado ningún que supoña coste 0 € ao Concello do Son. É máis, realizará o seu traballo profesional  cun coste do 50% menos ao contratado, para así demostrar que unha xestión eficaz é aquela que traballa a favor do aforro dos cartos do Son".
 

Pode que tamén lle interese:

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Música: o noiés Sleeping Cat colabora no tributo a Magín Blanco, cuxo crowdfunding precisa dun último impulso para gravar o disco

  • Son necesarios case 700 euros para chegar aos 3.000 que custa gravar o dobre disco
  • Case trinta músicos ou grupos galegos ou relacionados con Galicia participan nesta homenaxe a Magín, que non pode tocar a guitarra por un accidente dende o ano pasado

Media_httpfarm9static_eiigd

Sleeping Cat é Jerry Noia e canta "Lluvia dorada" neste disco

Noia, 21 de maio de 2012. "Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco" é o título do proxecto no que se comprometeron arredor de trinta músicos do noso país. Entre eles atópase o noiés Sleeping Cat, formado polo músico Jerry Noia, que interpreta "Lluvia dorada". A finalidade é gravar un disco dobre de versións de Blanco en homenaxe a este músico, quen por mor dun accidente en 2011 ficou imposibilitado para tocar a guitarra.

Media_httpwwwriveiran_otxjc

Magín Blanco actuou en Ribeira en 2007, na presentación do libro "Palabras contadas" de Camilo Franco. Imaxe do Ateneo Valle-Inclán

O proxecto abriu unha conta no web Verkami -o mesmo web no que se fixo Vitaminas para o galego e se sobrepasou a cantidade inicial- para recadar fondos mediante o sistema de Crowdfunding. A falta de 27 días para rematar o prazo da colecta, obtivo xa 2.370 euros dos 3.000 que se marcaron como obxectivo. O citado Sleeping Cat e músicos como Xoel López, Malvela, Eladio & los Seres Queridos, Uxía, Roger de Flor, Nancho Novo y los castigados sin postre ou Emilio Rúa son algúns dos artistas que participan nesta iniciativa.

Queres colaborar?

Tan só tes que ir a esta ligazón:

http://www.verkami.com/projects/1942-doutor-apertas-tributo-a-magin-blanco-2xcd

Queres ver quen está implicado musicalmente?

BandCamp do disco

Queres espallalo entre as túas amizades?

Só tes que compartir esta noticia no twitter ou no facebook, ou tamén podes ir ao Facebook do tributo: http://www.facebook.com/pages/Doutor-Apertas-Tributo-a-Mag%C3%ADn-Blanco/2315...

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o novo mercado sae a licitación cun custe de máis de 3,5 millóns de euros

  • Hai 26 días para presentar ofertas
  • Fortes cláusulas de penalización para que se remate nas datas previstas: ano e medio dende que se conceda á empresa encargada, polo que ata 2014 probablemente non estará listo para usar
  • O 70% deste barco inclinado serigrafiado con peixes págao Europa

 

Ribeira_simulacion_mercado_novo

Ribeira, 21 de maio de 2012.- O Boletín Oficial da Provincia de hoxe anuncia a licitación da construción do novo mercado municipal de Ribeira, cuxo plego de condicións foi aprobado o pasado 15 de maio en sesión extraordinaria do Pleno da Corporación. O orzamento da infraestrutura ascende, segundo consta no anuncio, a 3.500.059,22 euros: unha contía na que se exclúen os gastos de demolición do vello edificio, a carpa do mercado provisional e a redacción do proxecto arquitectónico, que elevarían esa cifra en máis de 200.000 euros. Hai que lembrar que esta actuación está incardinada no proxecto Riveira Atlántica, cofinanciado nun 70% con fondos Feder.

O Goberno aprobou un prego de cláusulas administrativas moi preciso para a contratación especialmente deseñado para asegurar a máxima eficiencia e o cumprimento dos prazos de execución de 18 meses, que de non respectarse, serían duramente penalizados.

O procedemento é aberto e de tramitación ordinaria con multiplicidade de criterios de adxudicación. Nel establécense todo tipo de garantías, tanto técnicas e de calidade como de prazos. A celeridade é un punto esencial xa que unha intervención deste tipo afecta á organización de todo o concello, sobre todo tendo en conta que o mercado se erixe como centro neurálxico da actividade comercial diaria da cidade. Por ese motivo, procurouse axilizar tanto a adxudicación, mediante o establecemento dun prazo de presentación de proposicións breve, de 26 días naturais, como a execución, co xa citado límite de 18 meses, e co establecemento dun esixente e detallado baremo de penalización no caso de demora, tanto no cumprimento dos prazos parciais como no total , e mesmo tendo o Concello a facultade de resolver o contrato.

Innovación e eficiencia enerxética

A estrutura do inmoble, proxectado polo arquitecto Celso López Martín, simulará un barco de cristal cunha fachada inclinada que en función da hora do día irá cambiando os tons e sensacións e estará serigrafiada con tramas do seu produto estrela, o peixe. A instalación caracterizarase pola súa eficiencia enerxética e o emprego das TIC como elemento integrador e de xestión tanto interna, externa como relacional, xa que estará equipado cunha central de compras que operará a través de Internet e que coordinará o servizo de repartición.

Cinco plantas pero aínda non aparcadoiro soterrado

Estará distribuído en cinco plantas: unha planta soto para labores de carga e descarga, cámaras frigoríficas, vestiarios..., unha  planta baixa pensada para os pescados e os mariscos, unha primeira que albergará inicialmente outros produtos perecedoiros..., unha segunda para artigos non perecedoiros e unha terceira que albergará o restaurante. Na última planta haberá unha terraza que prestará servizo ao local de hostalería do piso inferior. A edificación estaría preparada para conectar, chegado o caso, cun aparcadoiro soterrado que contará con 200 prazas de aparcamento.

O propósito xeral deste proxecto de longo percorrido é, segundo o equipo de goberno do PP, "a transformación  do Concello de Ribeira nun destino turístico de primeira orde baseado nos seus propios recursos naturais, patrimoniais e industriais. O desenvolvemento integral do proxecto contribuirá de forma directa ao crecemento do emprego e á diversificación da actividade económica, partindo da rexeneración de dúas unidades paisaxísticas con identidade diferenciada: a dinámica fluvial propia da área litoral interior da contorna rural e a dinámica marítima do espazo urbano".

 

Os principais obxectivos estratéxicos céntranse na promoción económica, na creación de emprego e oportunidades comerciais a través da diversificación produtiva e mellora das infraestruturas e servizos locais, na calidade ambiental e a protección da contorna natural e o patrimonio cultural, fomentando ao mesmo tempo a Sociedade da Información e universalización do acceso ás TIC, facendo fincapé na conciliación familiar e a cohesión social.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a fase previa da Copa Sálvora xógase este sábado 26 de maio

  • Será no complexo deportivo de A Fieiteira (Ribeira)
  • Unha ducia de equipos en categoría benxamín e outros doce na alevín loitarán polas dúas prazas en cada categoría que dan acceso á fase final do 2 e 3 de xuño
  • 24 equipos con máis de 300 nen@s que buscarán o pase á Fase Final deste  prestixioso torneo, que este ano amadriña a internacional Verónica Boquete
  • Os escolares teñen ao seu dispor dous campos para xogar os partidos, zona de quecemento, banquiños e vestiarios. Recibirán froita e bebida para se repor do esforzo e recargar enerxía. Uns 30 voluntarios farán que todo saia ben
  • Organiza a competición o Sálvora C.F., un club de fútbol que ten como obxectivos apoiar aos clubs para que os xogadores teñan onde competir e comezar a rodarse como futbolistas, así como fomentar o deporte base nas idades infantís, traballar en equipo e divulgar hábitos saudables.

Cartel_copa_salvora_2012
HORARIO_OFICIAL_FASE_PREVIA_2012.xls Download this file

Máis info:  www.copasalvora.com ou www.copasalvora.blogspot.com ou en Facebook: Copa Sálvora Futbol Base.

Verónica Boquete dalle nome a este premio
Novo trofeo na Copa Sálvora 2012: á mellor xogadora

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: ata o 8 de xuño poderase ver no IES Leliadoura a nova exposición sobre "O Principiño"

  • Non é a mesma de abril: contén traballos elaborados no centro

Ribeira, 21 de maio de 2012. Como remate das actividades iniciadas a finais de abril e que tiveron como centro a semana cultural desenvolvida arredor das Letras Galegas, o IES Leliadoura vai organizar, en colaboracións coas EEI da Pobra do Caramiñal, Vilariño e Fernández Varela, unha exposición sobre "O principiño".

Como xa tiveron ocasión de apreciar coa exposición da Fundación Carlos Casares (feita en abril) "O principiño" foi traducido a máis de 180 linguas e dialectos. Isto mostra o grande interese espertado pola obra de Saint- Exupéry, en aparencia infantil, pero chea de fondas reflexións éticas e filosóficas e impregnada dun profundo alento poético.

 

Con esta exposición pretenden "renderlle unha homenaxe ao pequeno príncipe e ao seu mundo. El serviunos de inspiración e alento para dar saída á creatividade e a imaxinación non só de alumnado deste centro, senón dos nenos e nenas das Escolas de Educación Infantil de Pobra do Caramiñal, e, como non, tamén do profesorado", explican dende a dirección do Leliadoura.

A inauguración da exposición, este luns 21 ás 11:30 da mañán na aula de audiovisuais do IES Leliadoura, fíxose cunha lectura en diferentes linguas de parágrafos da novela e a proxección multimedia simultánea que a acompañará con imaxes e sons relacionadas coa novela de Saint Exupery.  Alumnos e profesores do Leliadoura leron nas seguintes linguas: castelán, romano, francés, inglés, chinés, árabe, latín, italiano e galego.

 

Con esta lectura multilingüe inauguraron esta mostra que contén traballos diversos :

 

  • "O principiño ilustrado", realizado polo alumnado de Educación Plástica e Visual do IES Leliadoura.

  • Escenografía para curtas de animación

  • O traballo titulado "Isto non é un sombreiro" , ilustracións inspiradas no primeiro capítulo da obra, realizado tamén polo alumnado de Educación Plástica e Visual.

  • Escenografía e atrezzo de personaxes de "O Principiño", elaborado por alumnos/as de 4º de Diversificación.

  • Galería de planetas e estrelas, dos alumnos de Educación Infantil.

  • Exposición bibliográfica da obra en 20 linguas distintas, libros pertencentes a unha colección particular.

A exposición vaise clausurar o día 8 de xuño e poderáse visitar por parte de todo tipo de público en horario lectivo do centro: de luns a venres de 9:00 a 13:40 horas e luns e mércores de 16:00 a 18:30.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical