- Son necesarios case 700 euros para chegar aos 3.000 que custa gravar o dobre disco
- Case trinta músicos ou grupos galegos ou relacionados con Galicia participan nesta homenaxe a Magín, que non pode tocar a guitarra por un accidente dende o ano pasado
Sleeping Cat é Jerry Noia e canta "Lluvia dorada" neste disco
Noia, 21 de maio de 2012. "Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco" é o título do proxecto no que se comprometeron arredor de trinta músicos do noso país. Entre eles atópase o noiés Sleeping Cat, formado polo músico Jerry Noia, que interpreta "Lluvia dorada". A finalidade é gravar un disco dobre de versións de Blanco en homenaxe a este músico, quen por mor dun accidente en 2011 ficou imposibilitado para tocar a guitarra.
Magín Blanco actuou en Ribeira en 2007, na presentación do libro "Palabras contadas" de Camilo Franco. Imaxe do Ateneo Valle-Inclán
O proxecto abriu unha conta no web Verkami -o mesmo web no que se fixo Vitaminas para o galego e se sobrepasou a cantidade inicial- para recadar fondos mediante o sistema de Crowdfunding. A falta de 27 días para rematar o prazo da colecta, obtivo xa 2.370 euros dos 3.000 que se marcaron como obxectivo. O citado Sleeping Cat e músicos como Xoel López, Malvela, Eladio & los Seres Queridos, Uxía, Roger de Flor, Nancho Novo y los castigados sin postre ou Emilio Rúa son algúns dos artistas que participan nesta iniciativa.
Queres colaborar?
Tan só tes que ir a esta ligazón:
http://www.verkami.com/projects/1942-doutor-apertas-tributo-a-magin-blanco-2xcd
Queres ver quen está implicado musicalmente?
Queres espallalo entre as túas amizades?
Só tes que compartir esta noticia no twitter ou no facebook, ou tamén podes ir ao Facebook do tributo: http://www.facebook.com/pages/Doutor-Apertas-Tributo-a-Mag%C3%ADn-Blanco/2315...
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario