3.12.12

A Pobra: o xoves, 6 de decembro, inaugúrase mostra de bolillos no Liceo

Media_httpfarm7static_jgecf

A Pobra do Caramiñal, 3 de decembro de 2012. O vindeiro xoves, 6 de decembro, ás doce do mediodía, vaise proceder á inauguración da exposición dos traballos de bolillo que ao longo deste último ano foron realizando as socias do Liceo Pueblense dentro do obradoiro que leva a especialista Mariví Santos Casais.

O mesmo día, en Boiro:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sociedade: AMBAR celebrou o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional cunha "Marcha en Branco"

Ribeira, 3 de decembro de 2012. En conmemoración do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, hoxe día 3 de decembro de 2012, a Asociación AMBAR convocou unha MARCHA EN BRANCO coa que percorreu as rúas de Ribeira, partindo da Praza de España e rematando na Praza do Concello, onde se dou lectura a un manifesto ás 12.30h.

 
"Promovendo a toma de conciencia para escribir o futuro, nun momento de dificultades onde parece que todo se está quedando en branco, quixemos aproveitar ese espazo en branco para tratar de escribir as nosas propostas para un futuro mellor, onde todas as persoas dispoñan das oportunidades para poder vivir con dignidade", explicaron os organizadores.

 

Os socios de AMBAR, xunto con familiares e traballadores da entidade que participaron na marcha, estiveron acompañados por membros da Asociación A Creba, alumnos e profesores do IES Leliadoura, así como os concelleiros de Servicios Sociais  da Pobra do Caramiñal e Ribeira, Balbina Lojo e Vicente Mariño, a concelleira de Educación de Boiro, María José Lorenzo e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.

 

A marcha rematou arrededor da unha da tarde coa lectura dun manifesto, e a entonación da canción “Somos una marea de gente”, á que algúns se animaron a sumarse e mesmo interpretar en linguaxe de signos.



A canción é de Macaco, do seu disco "Puerto presente"

 

Durante toda a mañá tamén foi instalada na praza do concello a  “Silla In-visible”, unha cadeira de rodas de considerables dimensións feita nos talleres de AMBAR e coa que se pretendía chamar a atención da cidadanía nun día tan sinalado coma o de hoxe.


Manifiesto 3 dic 2012 VF.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a asociación cultural Altofalante convoca asemblea para renovar a directiva

Asemblea_ordinaria_altofalante

  • Será o sábado 15 de decembro, ás 18:00 horas, no centro recreativo de Artes
  • O actual presidente, Xosé Antón Vázquez Cobas, non vai presentarse á reelección ao asumir responsabilidades como concelleiro do Bng no Concello

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sociedade: actos de Amicos co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade


Boiro, 3 de decembro de 2012. Co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a Asociacion AMICOS celebrou un acto reivindicativo e solidario no Concello de Boiro consistente na lectura dun manifesto intitucional e outro a cargo dos ALUNNOS DO CENTRO DE EDUCACION ESPECIAL DE AMICOS. No acto participaron máis de 100 persoas con discapacidade das bisbarras de Barbanza e Noia, ás que acompañaron algunhas autoridades.

Unha vez lido o manifesto fixose a solta dos globos o berro da palabra: ¡¡¡¡¡¡  IGUALDADE  !!!!!!!!!!

Rematado o acto os membros de AMICOS visitaron as obras das novas instalaccións que AMICOS esta construíndo no Concello de Boiro, na aldea de Comoxo.

CARTA ABERTA.doc Download this file

SOÑAMOS CON. MANIFESTO AMICOS.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o sábado 15 e domingo 16 de decembro, V congreso de Educación para a Saúde

  • Este ano impártese baixo o epígrafe "A saúde alternativa: a arte de coñecerse a un mesmo"
  • Haberá dende cociña de algas ata música con cuncas tibetanas, ioga e feng-shui

[[posterous-content:pid___0]]http://farm7.staticflickr.com/6034/6340141180_b634c91ee6_z.jpg
Os cuncos tibetanos tamén estiveron presentes no congreso do ano pasado

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: rematou o obradoiro de Iniciación ao Teatro coa representación de "A última cea"


[[posterous-content:pid___0]]

Dodro, 3 de decembro de 2012. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade organizou un obradoiro de Iniciación ao Teatro que comezou o 17 de outubro. O obradoiro presentouse coa idea de divertirse e botar unhas risas aprendendo a actuar e a interpretar dun xeito creativo.

Así, os/as participantes iniciaron o curso con temáticas como introducción ao teatro, creatividade e técnicas de preparación corporal e expresiva, traballo do rostro e corpo, voz, ritmo, volume e interpretación e posta en escea.

Como remate ao obradoiro, os/as participantes  representaron a obra “A última cea” o pasado día 25 de novembro na Paxareira onde os veciños/as “abarrotaron ata os topes” o local e aplaudiron incansablemente entre risas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: no banco de tempo non paran as actividades

  • O venres pasado, magosto
  • Hoxe comezan as clases de ioga

 

Magosto_ribeira

Ribeira, 3 de decembro de 2012. As socias do Banco de Tempo ribeirense tiveron oportunidade de celebrar o pasado venres un magosto que serviu de escusa para compartir unhas amenas horas en compañía. Cada unha das participantes –dez en total- comprometeuse a traer os utensilios necesarios para celebrar o evento (manteis, menaxe, etc...) ademais dos produtos obxecto da degustación: castañas, pastel de castañas, tortilla de patatas, empanada de mazá, etc...

A sesión comezou en torno ás 18.15 horas cunha dinámica de presentación e posteriormente se abordaron iniciativas a desenvolver no futuro. O magosto concluíu en torno ás 21.30 horas.

Ioga

De feito, hoxe mesmo danse inicio a unhas novas clases de ioga. Terán lugar de 18 a 20 horas na sede do CIM.




 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: premios da XIII Mostra de Curtas "Vila de Noia"

Así quedou o palmarés:

Mellor actor - Luis Zahera por Conversa cunha muller morta
Mellor actriz - Pilar Castro por Nadie tiene la culpa
Mellor guión - Anacos
Mellor curtametraxe comarcal - Ramón e Xulia
Mellor Dirección - Esteban Crespo
Mellor curtametraxe na categoría de 35 mm - Nadie tiene la culpa
Mellor curtametraxe na categoría de vídeo - Efímera
Mellor curtametraxe de animación - Luminaris

Premio honorífico da Mostra - Antonio Mourelos

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical