3.12.12

Ribeira: no banco de tempo non paran as actividades

  • O venres pasado, magosto
  • Hoxe comezan as clases de ioga

 

Magosto_ribeira

Ribeira, 3 de decembro de 2012. As socias do Banco de Tempo ribeirense tiveron oportunidade de celebrar o pasado venres un magosto que serviu de escusa para compartir unhas amenas horas en compañía. Cada unha das participantes –dez en total- comprometeuse a traer os utensilios necesarios para celebrar o evento (manteis, menaxe, etc...) ademais dos produtos obxecto da degustación: castañas, pastel de castañas, tortilla de patatas, empanada de mazá, etc...

A sesión comezou en torno ás 18.15 horas cunha dinámica de presentación e posteriormente se abordaron iniciativas a desenvolver no futuro. O magosto concluíu en torno ás 21.30 horas.

Ioga

De feito, hoxe mesmo danse inicio a unhas novas clases de ioga. Terán lugar de 18 a 20 horas na sede do CIM.




 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical