- A consecuencia da liquidación do orzamento de 2011
Ribeira: o domingo, 27 de maio, Festival para recadar fondos para Paula, a nena de Boiro sen sacro post.ly/7RsKX
— Certo (@Certo) May 24, 2012
Ribeira, 25 de maio de 2012.- Unha vez rematadas as operacións de peche e liquidación do Orzamento do Concello para 2011, tanto no que atinxe ao estado de gastos como ao estado de ingresos, constátase a "boa saúde económica de que sigue gozando a Administración Municipal ribeirense", segundo o equipo de goberno, tal e como xa se adiantara no último pleno da Corporación celebrado o pasado 15 de maio.
Así, as grandes ratios recollidas na liquidación teñen un carácter positivo, como é o caso de dúas magnitudes fundamentais: a do remanente xeral de tesourería, que foi de 8.490.199 euros, e a do remanente axustado para gastos xerais, que ascendeu a 2.428.327,79 euros, dos cales o Concello podería dispoñer se o considerase oportuno incorporándoos ao orzamento en vigor.
Polo que se refire á ratio do resultado orzamentario (é dicir, a diferenza entre os dereitos liquidados durante o exercicio e as obrigas recoñecidas durante ese mesmo período) tamén arroxou un resultado positivo de 1.773.076,12 euros; en tanto que os fondos líquidos do Concello a 31 de decembro ascendían nada menos que a 10.824.018,45 euros.
Ingresos e gastos
En canto ao estado de ingresos e gastos, hai que advertir, en primeiro lugar, que os gastos de persoal, financeiros e os gastos correntes previstos no exercicio pasado materializáronse na súa totalidade, sendo tamén elevado o grado de execución das transferencias correntes.
Doutra banda, os orzamentos de 2011 incluíron no apartado inversor as actuacións do proxecto Riveira Atlántica, que na súa meirande parte se van executar nos anos 2012 e 2013, o que derivou nunha merma en canto aos gastos executados no capítulo de investimentos en relación ao total do crédito consignado.
En canto ao estado de ingresos, nos capítulos I (impostos directos), III (taxas e outros ingresos) e V (ingresos patrimoniais) o grao de execución supera as previsións previstas; non así no capítulo II (impostos indirectos), polo comportamento negativo do ICIO como consecuencia de devolución de ingresos abonadas pola renuncia á execución de obras. Da liquidación do orzamento de 2011 darase conta o vindeiro luns á Corporación durante a celebración do pleno ordinario.
Ribeira: domingo 27 e luns 28, romaría da Virxe da Guía en Carreira. Orquestras Panorama e París de Noia post.ly/7SfvR vía @Certo
— Certo (@Certo) May 25, 2012
O concello de Riveira convoca proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 39 socorristas acuáticos bit.ly/KG86T3
— CMIXCoruña (@CMIXCoruna) May 25, 2012
Ribeira e Edicións Xerais convocan a cuarta edición do premio de novela curta Cidade Centenaria letraenobras.com/?p=2209
— Xerais (@Xerais) May 25, 2012
Ribeira: colocan 17 paneis informativos nas nove parroquias para expor información municipal post.ly/7Rtgw
— Certo (@Certo) May 24, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia