- A consecuencia da liquidación do orzamento de 2011
Ribeira, 25 de maio de 2012.- Unha vez rematadas as operacións de peche e liquidación do Orzamento do Concello para 2011, tanto no que atinxe ao estado de gastos como ao estado de ingresos, constátase a "boa saúde económica de que sigue gozando a Administración Municipal ribeirense", segundo o equipo de goberno, tal e como xa se adiantara no último pleno da Corporación celebrado o pasado 15 de maio.Así, as grandes ratios recollidas na liquidación teñen un carácter positivo, como é o caso de dúas magnitudes fundamentais: a do remanente xeral de tesourería, que foi de 8.490.199 euros, e a do remanente axustado para gastos xerais, que ascendeu a 2.428.327,79 euros, dos cales o Concello podería dispoñer se o considerase oportuno incorporándoos ao orzamento en vigor.Polo que se refire á ratio do resultado orzamentario (é dicir, a diferenza entre os dereitos liquidados durante o exercicio e as obrigas recoñecidas durante ese mesmo período) tamén arroxou un resultado positivo de 1.773.076,12 euros; en tanto que os fondos líquidos do Concello a 31 de decembro ascendían nada menos que a 10.824.018,45 euros.Ingresos e gastosEn canto ao estado de ingresos e gastos, hai que advertir, en primeiro lugar, que os gastos de persoal, financeiros e os gastos correntes previstos no exercicio pasado materializáronse na súa totalidade, sendo tamén elevado o grado de execución das transferencias correntes.Ribeira: o domingo, 27 de maio, Festival para recadar fondos para Paula, a nena de Boiro sen sacro post.ly/7RsKX
— Certo (@Certo) May 24, 2012
Doutra banda, os orzamentos de 2011 incluíron no apartado inversor as actuacións do proxecto Riveira Atlántica, que na súa meirande parte se van executar nos anos 2012 e 2013, o que derivou nunha merma en canto aos gastos executados no capítulo de investimentos en relación ao total do crédito consignado.En canto ao estado de ingresos, nos capítulos I (impostos directos), III (taxas e outros ingresos) e V (ingresos patrimoniais) o grao de execución supera as previsións previstas; non así no capítulo II (impostos indirectos), polo comportamento negativo do ICIO como consecuencia de devolución de ingresos abonadas pola renuncia á execución de obras. Da liquidación do orzamento de 2011 darase conta o vindeiro luns á Corporación durante a celebración do pleno ordinario.
Ribeira: domingo 27 e luns 28, romaría da Virxe da Guía en Carreira. Orquestras Panorama e París de Noia post.ly/7SfvR vía @Certo
— Certo (@Certo) May 25, 2012
O concello de Riveira convoca proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 39 socorristas acuáticos bit.ly/KG86T3
— CMIXCoruña (@CMIXCoruna) May 25, 2012
Ribeira e Edicións Xerais convocan a cuarta edición do premio de novela curta Cidade Centenaria letraenobras.com/?p=2209
— Xerais (@Xerais) May 25, 2012
Ribeira: colocan 17 paneis informativos nas nove parroquias para expor información municipal post.ly/7Rtgw
— Certo (@Certo) May 24, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario