2.10.09

Rianxo: Verquido das fecais ao río Té nas Miráns, Araño

O BNG de Rianxo solicita a inmediata actuación municipal no Campo da Ponte, nas Miráns-Araño

O río Té está recibindo directamente o verquido de fecais desde a rede de sumidoiros polo probábel mal funcionamento dun bombeo nesta área recreativa do Araño

O BNG de Rianxo, a través da súa voceira Adelina Ces, demanda a urxente actuación no Campo da Ponte, na área recreativa das Miráns, onde a rede de sumidoiros está a verquer directamente fecais ao río Té, diante do que parece con toda probabilidade un mal funcionamento do bombeo que debería estar canalizando á rede xeral e non directamente ao río.

É un episodio máis do que se repite constantemente e temos denunciado desde o BNG de Rianxo: o constante mal funcionamento dos bombeos, a falta dun sistema de avisos automático á concesionaria e a posta en marcha dun protocolo para actuar con inmediatez. É preciso se faga unha revisión xeral de todos os bombeos pois unha vez é no Araño, outra en Asados, ningunha parroquia nin a ría se libran destas deficiencias dos sumidoiros de Rianxo.

O sistema común dos bombeos de ter aliviadoiros canalizados aos regatos para que en caso de problemas verta sen tratamento en ningún caso pode ser excusa para que coa menor tardanza o Concello actúe sobre as eivas dos bombeos e non agardar unha denuncia veciñal. Débese implantar un sistema automático de aviso á central de Rianxo. Non é a primeira vez que este bombeo do Campo da Ponte da problemas e mesmo os veciños teñen denunciado ao SEPRONA este problema.

O BNG cre necesario diante da reiteración dos atascos unha renovación e posta ao día do equipamento de boa parte dos bombeos, que en vez de renovarse se cambia de sitio. Tamén que se estude impoñer sancións á concesionaria se non cumpre coas obrigas do seu contrato e solucione este e os verquidos do porto denunciados tamén recentemente.

Mais non remata aquí a esixencia do BNG que comprobou tamén o estado de abandono da área recreativa con maleza, con estragos no mobiliario urbano, con plásticos no río (ademais da celulosa procedente dos sumidoiros) e coa falta de recollida de lixo na zona. De aí que se demande tamén unha limpeza exhaustiva e adecentamento desta paraxe.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical