6.6.10

Noia: 400 palilleiras reuníronse na Xuntanza de Labores Artesanais

Medio Ambiente: establécese a época de alto risco de incendios para o ano 2010

Barbanza-Noia, 6 de xuño de 2010. Dende a directiva da asociación de comuneiros de San Pedro de Muro e tamén dende os comuneiros de Camboño advírtennos de que xa está establecida a época de alto risco de incendios este ano, que vai dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro.

Os comuneiros do Porto do Son explícannolo así:

Orde do 28 de maio de 2010 pola que se determina a época de alto perigo de incendios. DOG nº 104 · Xoves, 3 de xuño de 2010.

Declárase como época de perigo alto de incendios forestais durante o ano 2010 as datas comprendidas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.

Durante este período de risco quedan prohibidas as queimas de todo tipo en Galicia aínda que o día esté chuvioso. Ollo!!! Serán consideradas queimas ilegais.

Outras limitacións neste período. Está prohibido:

- o tránsito de vehículos nas áreas de influencia

- o afumado de colmeas

- o uso de ferramentas que poidan producir chispas (motoserra, desbrozadora,...)

- botar foguetes sen permiso do Concello ou autorización da Consellería se persiste o risco de incendio

- fumar ou facer lume

 
Nota da directiva de Muro: Os incendios traen consecuencias irreversibles para o medio. Realmente credes que tanta limitación é esaxerada?
As causas:
1ª. intencionados
2ª. descoñecidas
3ª. neglixencias (queimas agrícolas, queimas de pastos, traballos forestais, fogueiras, fumadores, queima de basuras e outras)
4ª. raios
5ª. causas fortuítas (ferrocarril, liñas eléctricas, motores e máquinas, maniobras militares)
6ª. reproducións

 
As consecuencias:
- impacto sobre a vexetación (destrución total)
- impacto sobre a fauna (a de menor mobilidade verase afectada a restante deberá migrar)
- efectos sobre os balances hidrolóxicos
- impacto sobre a calidade das augas
- impacto sobre a calidade da atmósfera
- impacto sobre o solo
- impacto sobre a paisaxe
- malógrase o noso orgullo
A Xunta Reitora

 
 Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro 
 
http://sanpedro.blogaliza.org/              cmsampedro@yahoo.es       
  
E os de Camboño, con este gráfico:


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: un par de imaxes das alfombras do Corpus

Non houbo xeito de facer reportaxe sobre as "tecedoras". E non foi porque non o intentáramos!

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: Webboiro.com crea un mapa cos puntos onde se van queimar cacharelas polo San Xoán


View Larger Map

Unha iniciativa de Dani Gestoso que lles virá moi ben aos que queiran ir a elas... e tamén aos que non queiran tropezarse con elas!

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical