Orde do 28 de maio de 2010 pola que se determina a época de alto perigo de incendios. DOG nº 104 · Xoves, 3 de xuño de 2010.
Declárase como época de perigo alto de incendios forestais durante o ano 2010 as datas comprendidas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.
Durante este período de risco quedan prohibidas as queimas de todo tipo en Galicia aínda que o día esté chuvioso. Ollo!!! Serán consideradas queimas ilegais.
Outras limitacións neste período. Está prohibido:
- o tránsito de vehículos nas áreas de influencia
- o afumado de colmeas
- o uso de ferramentas que poidan producir chispas (motoserra, desbrozadora,...)
- botar foguetes sen permiso do Concello ou autorización da Consellería se persiste o risco de incendio
- fumar ou facer lume
Nota da directiva de Muro: Os incendios traen consecuencias irreversibles para o medio. Realmente credes que tanta limitación é esaxerada? As causas:
|
- impacto sobre a vexetación (destrución total)- impacto sobre a fauna (a de menor mobilidade verase afectada a restante deberá migrar)- efectos sobre os balances hidrolóxicos- impacto sobre a calidade das augas- impacto sobre a calidade da atmósfera- impacto sobre o solo- impacto sobre a paisaxe- malógrase o noso orgullo
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario